Henrique I de Alemaña

Henrique I, chamado o Paxareiro, nado en 876 e finado o 2 de xullo de 936, fillo de Otón I de Saxonia e pai de Otón I de Alemaña e de Henrique I, duque de Baviera, foi duque de Saxonia dende 912 e rei da Francia Oriental dende 919 até a súa morte. Primeiro da dinastía otoniana de reis e emperadores alemáns, é xeralmente considerado como o fundador e primeiro rei do Estado alemán medieval, coñecido ata entón como Francia Orientalis. Un ávido cazador, obtivo o sobrenome "o Paxareiro" porque se di que estaba a fixar as súas redes de caza de aves cando os mensaxeiros chegaron a informalo de que ía ser rei.

Henrique I de Alemaña
Nacementoc. 876
Lugar de nacementoMemleben
Falecemento2 de xullo de 936
Lugar de falecementoMemleben
CausaIctus
SoterradoAbadia de Quedlinburg
NacionalidadeFrancia orientalis
Relixióncristianismo
Ocupaciónmonarca
PaiOtão I da Saxónia
NaiHedwiga
CónxuxeMatilde de Ringelheim e Hateburga de Merseburg
FillosEdviges da Saxônia, Otón I, Sacro Emperador Romano Xermánico, Gerberga da Saxônia, Henrique I, Duque da Baviera, Bruno I, Arcebispo de Colônia e Thankmar
IrmánsOda of Saxony
Na rede
WikiTree: Liudolfing-13
editar datos en Wikidata ]
Henrique I recibe a coroa real mentres caza con gaiolas de paxaros no bosque (dunha pintura de Hermann Vogel de 1900).
Henrique I funda o castelo de Albrechtsburg, o máis antigo de Europa central, no ano 929.

Traxectoria editar

Ascenso ao trono editar

Nos seus vinte e catro anos de reinado, Henrique abordou con éxito algúns dos problemas máis perentorios que sufría o reino, tales como a consolidación da institución fronte aos grandes e a ampliación de zonas de influencia, coa anexión de Lorena e a intervención en Bohemia. Ademais, levou a cabo un importante labor de impulso á colonización, movemento coñecido como Drang nach Osten, que afectou o norte e leste do país e permitiu consolidar esas zonas de poboación fronte ás incursións de húngaros, eslavos e suecos.

Batallas contra os húngaros editar

Henrique I debeu enfrontar durante o seu reinado a ameaza do principado húngaro que en 896 cruzara os montes Cárpatos e ocupara a chaira de Pannonia ao leste dos seus territorios imperiais. Os húngaros levaban nesa época un estilo de vida pagá e seminómade que consistía en saquear e incendiar aldeas, considerándose a si mesmos descendentes de Atila o huno.

Ante isto, Henrique I tivo que facer fronte ás incursións das hostes húngaras que aconteceron no 911, cando invadiran e saquearan Burgundia. Posteriormente, en 915, os húngaros cercaron fallidamente a cidade xermánica de Fulda e incendiaron Bremen tras saqueala. No mesmo ano da súa coroación, 919, Henrique I e o seu exército foron derrotados polos húngaros na batalla de Puchen, e fixéronlle pagar un tributo durante o seguintes dez anos. Así continuou até 932, cando o rei se negou a pagalo, e un ano máis tarde as tropas xermánicas venceron por vez primeira os maxiares na batalla de Merseburgo (933).

Máis tarde o seu fillo Otón I inflixiulles unha derrota maior aos húngaros en 955 na batalla de Lechfeld e en 973 en Quedlinburg. Logo da última negociouse a paz co príncipe Géza de Hungría e comezou o proceso de cristianización e occidentalización dos húngaros, que chegou á súa realización máxima con Estevo I de Hungría no ano 1000.

Cristianismo e fortalezas editar

Durante o seu reinado, produciuse un grande avance na evanxelización do reino de Bohemia e no fortalecemento das estruturas eclesiásticas, retomando a política carolinxia de apoio ás comunidades monásticas e valéndose de numerosos homes da igrexa na administración do estado.

A fortificación dos castelos do sur de Xermania e a reorganización da cabalaría pesada culminan a súa obra política, salvada grazas á súa insistencia en nomear sucesor como rei de Xermania o seu fillo Otón I o Grande, para evitar a división do reino despois da súa morte.

Familia editar

Henrique morreu dun ataque cerebral o 2 de xullo de 936, no seu palacio en Memleben, un dos seus lugares favoritos. Para entón, todas as tribos xermanas estaban unidas nun só reino. Henrique I é considerado, polo tanto, o primeiro rei alemán e o fundador do Sacro Imperio Romano Xermánico. Henrique era fillo de Otón I, duque de Saxonia, e de Hedwige de Franconia.

Henrique casou dúas veces. A primeira vez, con Hatheburg de Merseburg, quen lle deu un fillo, Thankmar. O seu segundo matrimonio foi con Matilde de Ringelheim.

O primeiro fillo desta unión, Otón, sucedeuno como emperador. O seu segundo fillo, Henrique, converteuse en duque de Baviera. O seu terceiro fillo, Bruno, foi duque de Lotarinxia e arcebispo de Colonia. O fillo do seu primeiro matrimonio, Thankmar, rebelouse contra o seu medio irmán Otón, e faleceu na batalla de Eresburg no ano 936.

Con respecto ás súas fillas, Gerberga de Saxonia, logo da morte do seu primeiro marido, o duque Xilberto de Lotarinxia, casou co rei Luís IV de Francia e foi nai do rei Lotario de Francia. A súa filla máis nova, Hedwige de Saxonia, casou con Hugo o Grande, duque de Francia e conde de París, e foi a nai de Hugo Capeto, fundador da dinastía dos Capetos.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Bachrach. David S. "Restructuring the Eastern Frontier: Henry I of Germany, 924-936," Journal of Military History (Jan 2014) 78#1 pp 9–36
  • Barraclough, Geoffrey, ed. (1961). Studies in Mediaeval History:Mediaeval Germany. Vol. II. Essays. Basil Blackwell. 
  • Gwatkin, H. M., Whitney, J. P. (ed) et al. The Cambridge Medieval History: Volume III. Cambridge: Cambridge University Press, 1926.
  • Leyser, Karl, Medieval Germany and Its Neighbours 900-1250 (Londres: The Hambledon Press, 1982)
  • Menzel, W. Germany from the Earliest Period. Vol I

Ligazóns externas editar