Francia orientalis
A Francia Orientalis foi a terra de Lois o Xermánico despois do Tratado de Verdún en 843, que dividiu o Imperio Carolinxio entre os francos do leste, oeste e do medio[1]. Foi o precursor do Sacro Imperio Romano Xermánico e da Alemaña moderna. Tamén foi coñecida como reino dos francos do leste. Supoñendo que o inicio do Sacro Imperio Romano Xermánico comezou coa dinastía otónica, o reino da Francia Oriental perdurará desde 843 ata a coroación do duque Henrique I de Saxonia en 919. Máis frecuentemente, considérase que o Imperio comezou no 962, coa entronización de Odón o Grande (translatio imperii).
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado histórico | Imperio Carolinxio ![]() | |||
Capital | Frankfurt ![]() | |||
Poboación | ||||
Lingua oficial | lingua latina ![]() | |||
Datos históricos | ||||
Precedido por | ||||
Creación | 843 ![]() | |||
Disolución | 962 ![]() | |||
Sucedido por | Sacro Imperio Romano Xermánico ![]() | |||
Organización política | ||||
Forma de goberno | monarquía ![]() | |||
• Xefe de estado | Lois o Xermánico (843 (Gregoriano)–876) Carlos III o Gordo (882 (Gregoriano)–887 (Gregoriano)) Arnulfo de Carintia (887 (Gregoriano)–899 (Gregoriano)) Lois IV de Alemaña (900 (Gregoriano)–911 (Gregoriano)) Conrado I de Alemaña (911 (Gregoriano)–918 (Gregoriano)) Henrique I de Alemaña (919 (Gregoriano)–936 (Gregoriano)) Odón I do Sacro Imperio Romano Xermánico (936 (Gregoriano)–962 (Gregoriano)) ![]() | |||
Moeda | Sólido ![]() | |||

A Francia Oriental dividiuse en catro ducados: Suabia (Alamania), Franconia, Saxonia e Baviera (incluíndo Moravia e Carintia) . Despois da morte de Lotario II en 869, engadíronse algunhas partes do Reino de Lotarinxia.
Esta repartición durou ata a caída da dinastía Hohenstaufen (1268).
Dende o século x, a Francia Oriental foi coñecida como Regnum teutonicum ("reino teutónico" ou "Reino de Alemaña"), termo prevalente en tempos sálicos.
Notas
editar- ↑ Struggle for Empire: Kingship and Conflict Under Louis the German, 817-876 (en inglés). Cornell University Press. 2006. ISBN 080143890X.