Quedlinburg

Coordenadas: 51°47′22″N 11°8′30″L / 51.78944, -11.14167

Quedlinburg é unha cidade de Alemaña do Land de Saxonia-Anhalt. En 2011 tiña 22 137 habitantes. Quedlinburg é o principal conxunto de casas de vigas entramadas de Alemaña, polo que o conxunto formado pola colexiata, o castelo a a cidade vella de Quedlinburg foi declarado pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade no ano 1994.[1] A cidade conta cun conxunto, único no mundo, de mil duascentas casas con trabes entramadas, que foron construídas ao longo de seis séculos, ao redor da praza do mercado, coa Casa Consistorial (barroca), o castelo e a igrexa diocesana, co tesouro catedralicio.

Colexiata, castelo e cidade vella de Quedlinburg
Quedlinburg asv2018-10 img03 Castle.jpg
Castelo de Quedlinburg
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísAlemaña Alemaña
Localización51°47′30″N 11°8′50″L / 51.79167, -11.14722
TipoCultural
CriteriosIV
Inscrición1994 (18ª sesión)
Rexión da UNESCOEuropa e América do Norte
Identificador535
Vista da praza do mercado, coa Casa do Concello.

Patrimonio da HumanidadeEditar

A cidade de Quedlinburgo foi unha das capitais do Sacro Imperio Romano Xermánico en tempos da dinastía saxoa ou dos otónidas. Desde a Idade Media converteuse nunha próspera cidade de mercadores. O número, a calidade e o estado de conservación dos seus edificios de trabes entramadas fan dela un exemplo excepcional de cidade europea medieval. A colexiata de San Servasio é unha obra mestra da arquitectura románica.[2]

Galería de imaxesEditar

NotasEditar

  1. "Collegiate Church, Castle and Old Town of Quedlinburg". UNESCO Culture Sector. Consultado o 6 de febreiro de 2018. .
  2. Colegiata, castillo y ciudad de Quedlinburgo la lista da UNESCO (en castelán) Consultada o 6 de febreiro de 2018.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar


 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.