Estevo II, papa

Estevo II (III) foi o 92º papa da Igrexa católica, e o seu pontificado durou dende o 26 de marzo de 752 até a súa morte, o 26 de abril do 757.[1][2] Sucedeu ao Zacarías trala morte do papa-electo Estevo (algunhas veces visto como Estevo II). Estevo II marca o paso histórico entre o Papado bizantino e o Papado franco.

Estevo II
La donacion de Pipino el Breve al Papa Esteban II.jpg
Papa da Igrexa católica
Biografía
NacementoRoma
PasamentoRoma
26 de marzo de 752 - 26 de abril de 757
PredecesorEstevo (II)
SucesorPaulo I
Nota: A numeración dos papas de nome Estevo é controvertida, ver Estevo, papa electo.

Este papa pasou á historia como o fundador dos Estados Pontificios. Trala intervención da súa antecesor Zacarías no ascenso de Pipino o Breve como rei dos francos, e tendo sido o propio Estevo II quen o coroou en 754. De feito foi a primeira vez que un pontífice cruzou os Alpes para quedar nunha corte xermánica. O novo monarca non puido negarse a auxiliar ao papa cando este se viu ameazado polo lombardo Astolfo que se dispoñía a atacar Roma. Non só lle prestou asistencia militar en dúas ocasións (754 - 756) senón que na segunda delas entregoulle boa parte dos territorios gañados aos lombardos, tales como Rávena e a Pentápole. Estas comarcas unidas á cidade de Roma e a súa contorna, xa pertencentes aos papas con anterioridade, deron orixe aos Estados Pontificios. Como agradecemento á xenerosidade de Pipino, Estevo II proclamoulle «Patricio dos romanos».

TraxectoriaEditar

Aliñación con ConstantinoplaEditar

No ano 751, o rei lombardo Aistulfo capturou o Exarcado de Rávena, e puxo a súa atención no Ducado de Roma.[3]

As relacións foron moi tensas durante o século VIII entre o papado e os emperadores bizantinos polo apoio da dinastía Isauriana á iconoclastia. Do mesmo xeito, manter o control político sobre Roma pasou a ser insostible xa que o propio Imperio Bizantino estaba sucumbindo baixo o Califato Abbasí polo sur e polos búlgaros polo noroeste. Bizancio non podía mandar tropas, e o emperador Constantino V, en resposta as sucesivas peticións de auxilio do papa, só podía ofrecerlle a seguridade de actuar segundo a antiga política bizantina, volver a outra tribo xermánica na contra dos lombardos.[4]

Alianza cos FrancosEditar

Estevo dirixiuse a Pipino, o recentemente coroado rei dos Francos (quen tamén derrotara recentemente aos musulmáns)[5] e incluso viaxou a París para rogar axuda en persoa contra os lombardos e os musulmáns.[6] O 6 de xaneiro de 754, Estevo consagrou de novo a Pipino como rei. A cambio, Pipino asumiu a misión de protexer á Igrexa e puxo os seus esforzos en deter aos lombardos, así como en reducir o poder musulmán en Al-Ándalus.[7]

Pipino invadiu Italia dúas veces para resolver o problema cos lombardos e entregou o territorio entre Roma e Rávena ao papado, pero mantendo aos reis lombardos en posesión do seu reino.

Ducado de Roma e Estados PontificiosEditar

Antes da alianza de Estevo II con Pipino, Roma foi constituída como a cidade central do Ducado de Roma, que compoñía un dos dous distritos do Exarcado de Rávena, xunto coa propia Rávena. En Quierzy os nobres francos finalmente deron o seu consentimento para a campaña na Lombardía.[3] A tradición católica romana asegura que entón alí Pipino asinou a promesa de dar á Igrexa certos territorios que serían requisados aos lombardos, e que serían entregados posteriormente aos Estados Pontificios. Este documento coñecido como a Doazón de Pipino, non se conserva, pero existen fontes da época que se refiren a el.

Estevo unxiu a Pipino como rei dos Francos[3] na Basílica de San Denís, nunha cerimonia que foi evocada na coroación dos reis franceses ata o derrubamento do Antigo Réxime en 1789.

Pipino confirmou a súa doazón en Roma no ano 756, e no 774 Carlomagno confirmou a doazón do seu pai.[8]

NotasEditar

  1. "Esteban II". vatican.va. Consultado o 4 de decembro de 2017. 
  2. Biagia Catanzaro, Francesco Gligora, Breve Storia dei papi, da San Pietro a Paolo VI, Padova 1975, p. 84
  3. 3,0 3,1 3,2 Mann, Horace. "Pope Stephen (II) III." The Catholic Encyclopedia Vol. 14. New York: Robert Appleton Company, 1912. 12 de setembro de 2017
  4. Schnürer, Gustav. "States of the Church." The Catholic Encyclopedia Vol. 14. New York: Robert Appleton Company, 1912. 12 de setembro de 2017
  5. David Gress (11 de maio de 2010). From Plato to NATO: The Idea of the West and Its Opponents. Preface: Simon and Schuster. ISBN 9781439119013. Traspasou a súa aliñación política do imperio ao rei dos Francos, quen vivía ao norte dos Alpes, e recentemente rexeitara aos musulmáns que estaban invadindo desde España... 
  6. Peter O'Brien (23 Dec 2008). European Perceptions of Islam and America from Saladin to George W. Bush. Palgrave Macmillan. p. 24. ISBN 9780230617803. 
  7. Sampie Terreblanche (30 Sep 2014). Western Empires, Christianity and the Inequalities between the West and the Rest. Europes industrialisation: Penguin UK. ISBN 9780143531555. 
  8. Pierre Riche, The Carolingians: A Family Who Forged Europe, transl. Michael Idomir Allen, (University of Pennsylvania Press, 1993), 97.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar