Bieito XII, papa
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
Bieito XII, nado en Saverdun cara o 1280 e finado en Avignon o 25 de abril de 1342, foi o Papa nº 197 da Igrexa católica.
Bieito XII, papa | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Jacques Fournier |
Nacemento | 1280 |
Lugar de nacemento | Saverdun |
Falecemento | 25 de abril de 1342 |
Lugar de falecemento | Aviñón |
Causa | Gangrena |
Soterrado | Avignon Cathedral |
Nacionalidade | Francia |
Relixión | catolicismo |
Alma máter | Universidade de París |
Ocupación | clérigo, sacerdote católico, teólogo e inquisitor |
Período | entre 1334 e 1342 |
Coñecido por | ser o papa n° 197 da igrexa católica |
Organización | Igrexa católica |
Cargos | Bispo de Roma |
[ editar datos en Wikidata ] | |
De nome Jacques Fournier, era fillo da modesta familia dun panadeiro. Ingresou como monxe cisterciense no mosteiro de Boulbonne, desde onde se trasladou á abadía de Fontfride, onde seu tío era o abade. Este enviouno a estudar teoloxía a París.
Tras finalizar en 1310 os seus estudos, sucedeu ó seu tío como abade en Fontfride. En 1317 foi nomeado bispo de Pamiers, cargo no que destacou como perseguidor dos herexes cátaros.
En 1326 pasou a ser bispo de Mirepoix, é ó ano seguinte foi nomeado cardeal, recibindo o alcume de "cardeal branco", ó conservar o hábito da orde cisterciense.
Foi elixido Papa o 4 de decembro de 1334. Dise que ó coñecer o resultado gritou ós cardeais "Elixiron un asno". Foi consagrado o 8 de xaneiro de 1335.
Nun principio quixo volver a fixar a sé pontificia en Roma, pero ante a conflitiva situación da península itálica, mantivo a sé en Avignon, onde comezou a construción do pazo dos Papas.
Promulgou en 1336 a bula Benedictus Deus, na que fixou oficialmente a doutrina católica sobre a visión beatífica, segundo a cal os falecidos en graza de Deus gozan da súa visión ata o xuízo Final.
Durante o seu pontificado combateu a simonía e o nepotismo, e tratou de reverter o Cisma de Oriente e Occidente.
As profecías de San Malaquías refírense a el como Abbas frigidus (O abade frío), facendo referencia a que antes de ser elixido pontífice foi sacerdote do Mosteiro de Fontfride (Fonte Fría).
![]() |
Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |