Inocencio III, antipapa

Inocencio III (de nome Lando di Sezze ou Lanzo), nado en Sezze e finado en Cava de' Tirreni sobre 1183 foi un antipapa da Igrexa Católica do 1179 ata a súa morte.

Infotaula de personaInocencio III, antipapa

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoc. 1110 Editar o valor em Wikidata
Sezze (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Mortec. 1183 Editar o valor em Wikidata (72/73 anos)
Cava de' Tirreni (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Antipapa Alexandre III
1179 – 1180 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote católico Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Nado nunha nobre familia de orixe longobarda, foi nomeado cardeal co título de cardeal diácono de Sant'Angelo[1] polo antipapa Vítor IV; elixírono antipapa o 29 de setembro de 1179 algúns baróns romanos xibelinos opositores ao papa Alexandre III, sendo así o cuarto dos antipapas apoiados por Frederico Barbarroxa. Porén despois Alexandre, ofrecendo os seus favores e prebendas, deu convencido aos seus sostedores a o abandonaren. Inocencio III foi capturado en Palombara Sabina no Castelo Savelli Torlonia, propiedade dun parente de Vítor IV, onde se refuxiara[2] e confinado na abadía de Cava de' Tirreni en xaneiro de 1180 onde permaneceu recluído ata a súa morte.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 John N.D. Kelly, Gran Dizionario Illustrato dei Papi, p. 466
  2. cita neste sitio.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.