Silvestre I, papa

Silvestre I, ou San Silvestre, foi papa de 314 a 335, durante o goberno do emperador Constantino I, quen instaurou a tolerancia con o cristianismo no seo do Imperio romano.

Silvestre I
Pape St Sylvestre – BnF, ms 16251, fol. 87.jpg
AlcumeSan Silvestre
Nacementoséculo IIIxuliano
Lugar de nacementoRoma
Falecemento31 de decembro de 335
Lugar de falecementoRoma
SoterradoCatacumba de Priscila
Nacionalidadevalor descoñecido
Relixióncatolicismo
Ocupaciónsacerdote católico
Períodoentre o 314 e o 11 de xaneiro do 335
Coñecido porser o papa n° 33 da igrexa católica
OrganizaciónIgrexa católica
CargosBispo de Roma
editar datos en Wikidata ]
Popesylvesterdragon.jpg

TraxectoriaEditar

A súa autoridade veuse eclipsada pola de Constantino, non asistindo ao sínodo de Arles (314) nin ao concilio de Nicea (325), convocados polo emperador. Mais todo iso non impediu que, con el ou sen el, fose durante o seu pontificado cando a autoridade da Igrexa fose establecida e que se edificasen os primeiros monumentos cristiáns: a igrexa do Santo Sepulcro en Xerusalén, as basílicas de San Xoán de Letrán e a de San Pedro en Roma, as igrexas dos Santos Apóstolos e a de Santa Sofía en Constantinopla.

Os historiadores cristiáns de época romana (Eusebio de Cesarea e Lactancio) atribuíran a conversión de Constantino a unha visión, que este sufriría xusto antes da batalla de Ponte Milvio, na cal triunfou sobre Maxencio (312). Mais a tradición medieval, transmitida especialmente a través da Lenda Áurea, dou unha interpretación diferente: o emperador estaba cuberto dunha lepra incurable, e entón Silvestre teríao bautizado por inmersión nunha piscina, o que tería o efecto de sandarlle a lepra, comprendendo que debía defender a fe cristiá. Este episodio nárrase tamén na Doazón de Constantino, texto aparecido no século IX, polo que se concedía ao papa Silvestre o poder sobre Occidente. O carácter apócrifo e carente de valor dese texto está hoxe admitido pola Igrexa.

Atribúense a Silvestre outros milagres, por exemplo, resucitar un touro e domar un dragón.

CultoEditar

Silvestre I foi un dos primeiros santos canonizados sen sufrir martirio. A súa festividade celébrase o 31 de decembro, que é a probable data da súa inhumación; a Igrexa ortodoxa e máis as Igrexas católicas orientais, que seguen os ritos ortodoxos, conmemórano o día 2 de xaneiro.


 
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.