Vixilio, papa

papa da Igrexa Católica

Vixilio foi papa entre o 29 de marzo do 537 e o 7 de xuño de 555, nun período de dificultades no territorio italiano, dadas as axitacións que abalaban o Imperio romano. Propuxo a Pragmática Sanción, emanada en realidade polo emperador Xustiniano.

Modelo:BiografíaVixilio, papa

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) Vigilius PP. Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementovalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Roma (Reino ostrogodo) Editar o valor en Wikidata
Morte7 de xuño de 555 Editar o valor en Wikidata
Siracusa (Imperio Bizantino) Editar o valor en Wikidata
59º Papa
31 de marzo de 537 – 7 de xuño de 555 (Gregoriano)
← SilverioPaio I →
Papal apocrisiarius to Constantinople (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Roma Editar o valor en Wikidata
Ocupacióndiplomático, sacerdote católico, autor Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiJoão Editar o valor en Wikidata
IrmánsReparato Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Encyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata
WikiTree: John-3510
Vixilio

Traxectoria

editar

Nacido sobre o 500, Vixilio pertencía a unha distinguida familia romana. Seu pai, Xoán, era cónsul, título que recibira do emperador. Reparato, un irmán de Vixilio, era un senador.

Vixilio foi designado como sucesor polo papa Bonifacio II, mais a oposición a tal proceder levou a Bonifacio, nos anos seguintes, a retirar a súa decisión de nomear un sucesor, queimando incluso o decreto que o istituía. O sucesor de Bonifacio, o papa Agapito I, nomeou a Vixilio representante papal en Constantinopla. A emperatriz Teodora buscou telo como aliado, para vingar a deposición do patriarca monofisita de Constantinopla, Antimo I, e ademais para obter apoio nos seus esforzos a prol dos monofisitas. A emperatriz prometeu a Vixilio a Sede papal e unha grosa cantidade de diñeiro. Logo da morte de Agapito, Vixilio regresou a Roma, levando consigo cartas da corte imperial bizantina.

Deposición do papa Silverio

editar

Mentres, en 536, fora nomeado papa, Silverio, mercé a influencia do rei dos godos. Pouco despois, o xeneral bizantino Belisario meteu as súas tropas en Roma. Vixilio entregou a Belisario as cartas que lle foran entregadas en Constantinopla, que recomendaban ao mesmo Vixilio para ocupar a Sede papal, facendo así que Belisario depora a Silverio (537). Porén a deposición tiña un segundo motivo. O godo Vitixes asediaba Roma, e para os bizantinos, Silverio aparecía como demasiado proclive ao xermano, sostendo Belisario que mesmo se entendía con el. Silverio foi recluído na illa Palmataria, onde faleceu nese mesmo ano de 537 o día 2 de decembro.

Presións imperiais

editar

Xustiniano aproveitaría o favor feito co apoio concedido para pedir unha contraprestación. No 543 solicitou que Vixilio aprobase o Edito dos tres capítulos, un documento emitido polo emperador no que condenaba certas proposicións de tres teólogos do século V (Teodoro de Mopsuestia; Teodoreto de Cyrus; Ibas), acusados de nestorianismo. Con iso o monarca bizantino pensaba contentar os monofisitas, que gozaban de grande forza na cristiandade oriental. Porén Vixilio negouse a ratificar o documento, e aínda chegou a escomungar o patriarca de Constantinopla. Mais logo en 548, Vixilio accedeu ao desexo de Xustiniano. Mais como a resitencia episcopal era forte en Occidente, especialmente entre os prelados norteafricanos, Vixilio retractouse. En resposta, convocouse un concilio en Bizancio, o II Concilio de Constantinopla (553), ao que Vixilio, e a maioría dos bispos occidentais se negaron a presentarse. A asemblea tivo lugar, presidida polo patriarca contantinopolitano, e con presenza sobre todo dos prelados orientais. Os "tres capítulos" foron anatematizados consonte quería o emperador.

Vixilio foi conducido ao desterro nunha illa do mar de Mármara, por orde de Xustiniano. Nestas circunstancias Vixilio arrependeuse, e foi liberado, mais faleceu en Siracusa, cando viaxaba para Roma, o 7 de xuño de 555.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar