Nestorianismo
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2015.) |
O nestorianismo é unha doutrina cristolóxica predicada por Nestorio, patriarca de Constantinopla no século V. Defendía que Cristo ten dúas naturezas, humana e divina, e que estas eran independentes. Con isto, ponse en dúbida o carácter de Nai de Deus da Virxe María. Esta suposta dualidade en Xesús de Nazaret foi condenada no concilio de Éfeso, e considerada herexía pola Igrexa católica, a Igrexa ortodoxa e as igrexas ortodoxas orientais, pero aceptada pola Igrexa Asiria do Leste. Esta última tivo grandes éxitos misioneiros en Asia central e Extremo Oriente. Hoxe é unha comunidade a piques de desaparecer, especialmente tras a guerra de Iraq.