Hadrián VI, papa
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Hadrián VI, nado co nome de Adriaan Florenszoon Boeyens, tamén coñecido como Adriano de Utrecht, nado en Utrecht (daquela pertencente ao Sacro Imperio Romano Xermánico) o 2 de marzo de 1459 e finado en Roma o 14 de setembro de 1523, foi papa da Igrexa católica entre o 9 de xaneiro de 1522 e o 14 de setembro de 1523.
(1625, Centraal Museum (pt) ) | |
Nome orixinal | (la) Hadrianus PP. VI |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (nl) Adriaan Florenszoon Boeyens d'Edel 2 de marzo de 1459 Utrecht (Sacro Imperio Romano Xermánico) |
Morte | 14 de setembro de 1523 (64 anos) Roma (Estados Pontificios) |
Lugar de sepultura | Funeral monument of Pope Adrian VI (en) Santa Maria dell'Anima (pt) |
218º Papa | |
19 de xaneiro de 1522 – 14 de setembro de 1523 ← León X, papa – Clemente VII → | |
Inquisidor xeral de Castela | |
14 de marzo de 1518 – 4 de agosto de 1522 (Conclave de 1521–1522 (pt) ) – Alfonso Manrique de Lara y Solís (pt) → | |
Cardeal presbítero São João e São Paulo (pt) | |
1 de xullo de 1517 – 4 de agosto de 1522 (Conclave de 1521–1522 (pt) ) | |
Inquisidor xeral de Aragón | |
14 de novembro de 1516 – 14 de marzo de 1518 | |
Bispo de Tortosa | |
18 de agosto de 1516 – 9 de xaneiro de 1522 ← Luis Mercader Escolano (en) – Willem van Enckenvoirt (pt) → Diocese: Diocese de Tortosa | |
Rexente Coroa de Castela | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Old University of Leuven (en) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Roma Estados Pontificios |
Ocupación | sacerdote católico (1490 (Gregoriano)–), filósofo, teólogo, profesor universitario, bispo católico |
Empregador | Universities in Leuven (en) |
Alumnos | Bernard Bucho van Aytta (en) |
Consagración | Diego Ribera de Toledo (pt) |
Familia | |
Cónxuxe | sen valor |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Адриан VI) Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947) |
Lonxe da avidez, as manobras e a longa espera de anteriores aspirantes ao trono de San Pedro no afán por acadalo, Hadrián mostrouse indiferente ao cargo, non fixo nada por acadalo e, mergullado como estaba nas intricadas tarefas da rexencia de España, nin sequera asistiu ao conclave no que foi designado. De todos modos, a súa aparente desidia por erixirse na máxima autoridade da igrexa católica estaba plenamente compensada co interese do seu egrexio discípulo, o emperador Carlos V, que premeu canto foi necesario para lograr a chegada ao solio pontificio do seu antigo preceptor.
Traxectoria
editarEra fillo dun ebanista, e foi educado na devotio moderna, no amor á virtude e á ciencia. En 1479 ingresou na Universidade de Lovaina, onde máis tarde sería profesor de teoloxía e reitor.
Foi elixido por Maximiliano de Austria como mestre do seu neto Carlos de Gante. Exerceu o seu cometido durante dez anos (1505-1515), levando a cabo importantes misións en defensa dos intereses do seu pupilo.
En 1516 o herdeiro das coroas de Castela e Aragón enviou a Hadrián como legado ante o cardeal Cisneros, rexente dos reinos trala morte en xaneiro de Fernando o Católico.
Fernando fixo o seu testamento mentres presidía, xa enfermo, as Cortes de Burgos en xullo de 1515. Deixou como herdeiro ao infante Fernando. Este documento foi levado axiña ao mestre, que recibiu plenos poderes, mesmo para tomar posesión da Coroa de Castela.
Xa convertido en rei de España, Carlos I agradeceu os servizos prestados polo fiel mentor impulsando o seu ascenso na carreira eclesiástica, primeiro como bispo de Tortosa en 1516, máis tarde como inquisidor xeneral da Coroa de Aragón e despois da de Castela, e xa por fin como membro do colexio cardenalicio.
Rexente de Castela
editarCarlos V distinguiuno confiándolle a rexencia de España cando tivo que ausentarse do país en 1520 por mor da designación como cabeza do Sacro Imperio. Non foi unha encomenda fácil, pois nese momento os casteláns queixábanse da soberbia e cobiza dos borgoñóns. Ausente o rei, orixinouse a Guerra das Comunidades de Castela, que terminou coa batalla de Villalar, e a revolta das xermanías levantinas. Así, o 31 de outubro de 1520, contando con apoio suficiente inicia as hostilidades.
Pontificado
editarO 9 de xaneiro de 1522 foi elixido Papa, sucedendo a León X. Nese momento estaba en Gasteiz exercendo a rexencia de España, preparando Navarra para a defensa fronte á invasión francesa. A noticia chegou á Casa do Cordón, onde se hospedaba, o 22 dese mes. Foi o último Papa non italiano até 1978, en que foi elixido o polaco Karol Wojtyła (Xoán Paulo II).
Nunha solemne declaración, aceptou a elección o 8 de marzo de 1522. Proclamou a súa confianza en Cristo, «que lle dará forza, aínda sendo indigno, para defender a cristiandade contra os ataques do mal, e para reducir, ao exemplo do bo pastor, a unidade da Igrexa aos que erran e están enganados»[1]. Axiña emprendeu a viaxe, acompañado do seu secretario e biógrafo, o Doutor Blas Ortiz, seguindo o curso do Ebro até Tarragona, onde embarcou cara a Roma. A cerimonia de coroación tivo lugar o 31 de agosto.
Á chegada do Papa na cidade había unha praga de peste. Ao día seguinte da coroación pediu axuda aos cardeais para o seu duplo proxecto: a unión dos príncipes cristiáns para combater o Imperio Otomán e a reforma da curia. Tivo dificultades entre os cardeais, non habituados ao seu estilo de vida sobrio e austero. O seu costume de celebrar a misa a diario, algo insólito daquela, produciu rexeitamento. No consistorio do 26 de marzo de 1523 o cardeal de Santa Croce quixo pedir a confirmación dos indultos e privilexios concedidos por León X. Cando o cardeal lle lembrou a inaudita amabilidade coa que os cardeais o elixiran Sumo Pontífice, Hadrián retrucou que o chamaran ao martirio e o cárcere. Alí tiña unha Igrexa esgotada e pobre, polo que lles debía moi pouco; eles foran máis ben os seus verdugos.
Curtido nos avatares políticos antes da chegada a Roma, o seu breve paso polo Vaticano non lle deu oportunidade de utilizar a experiencia adquirida nas tarefas de estado. E malia que debía a elección como Papa ao empeño de Carlos V, non por iso lle foi dócil e submiso de forma incondicional.
Hadrián fixo esforzos por obrar con imparcialidade na pugna continuada entre Carlos e Francisco I de Francia. Malia todo, finalmente entrou en alianza secreta con Carlos V, Inglaterra e Venecia en contra de Francia. A súa morte temperá (setembro de 1523) impediulle realizar calquera acción no seo de tal alianza, como tampouco lle permitiu pór remedio algún ao avance da Reforma protestante de Martiño Lutero.
Durante o seu pontificado, Hadrián VI canonizou a Antonino de Florencia.
As profecías de San Malaquías refírense a el coma Leo Florentius (O león de Florencia), cita que fai referencia ao apelido familiar (Florenz), cuxo escudo de armas contén un león.
Notas
editar- ↑ PASTOR, Papstgesch. IV, 2 p. 35
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hadrián VI, papa |
Bibliografía
editar- Itinerarium Adriani Sexti. Blas Ortiz, Vitoria, 1950
- Gan Giménez, P. "La política y los problemas interiores", en Historia General de España y de América (tomo VI). Madrid, Ediciones Rialp (1986). ISBN 84-321-2101-0