Xoán Paulo II, papa

papa

Xoán Paulo II, nado co nome de Karol Józef Wojtyła (AFI: [ˈkarɔl ˈjuzɛf vɔjˈtɨwa]) en Wadowice o 18 de maio de 1920 e finado na Cidade do Vaticano o 2 de abril de 2005, foi o papa número 264 da Igrexa católica. De orixe polaca, foi o primeiro Pontífice non italiano dende Hadrián VI, finado en 1523. O seu pontificado de 26 anos foi o terceiro máis longo na historia da Igrexa católica, despois do de San Pedro (crese que entre 34 e 37 anos) e o de Pío IX (31 anos).

Modelo:BiografíaSan Xoán Paulo II

(1980) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(pl) Jan Paweł II Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(pl) Karol Józef Wojtyła Editar o valor en Wikidata
18 de maio de 1920 Editar o valor en Wikidata
Wadowice, Polonia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte2 de abril de 2005 Editar o valor en Wikidata (84 anos)
Palacio Vaticano, Cidade do Vaticano Editar o valor en Wikidata
Causa da mortesenilidade
sepse
párkinson
infarto agudo de miocardio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBasílica de San Pedro 41°54′09″N 12°27′16″L / 41.90245, 12.45437
Tomb of John Paul II (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
264º Papa
16 de outubro de 1978 – 2 de abril de 2005
← Xoán Paulo IBieito XVI →
Cardeal presbítero São Cesário em Palatio (pt) Traducir
28 de xuño de 1967 – 2 de abril de 2005
Nomeado por: Paulo VI, papa
Cardeal
26 de xuño de 1967 –
Arcebispo de Cracovia
13 de xaneiro de 1964 – 16 de outubro de 1978
← Adam Stefan SapiehaFranciszek Macharski →
Bispo titular
31 de agosto de 1958 – 13 de xaneiro de 1964
← James Johnston Navagh (en) TraducirAntónio de Castro Xavier Monteiro (pt) Traducir →
Diocese: Ombi (pt) Traducir
Bispo titular
4 de xullo de 1958 – 31 de agosto de 1958
Diocese: Diocese of Antigonia (en) Traducir
Bispo auxiliar
4 de xullo de 1958 – 13 de xaneiro de 1964
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Grupo étnicoPobo polaco Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica e catolicismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónTheology faculty of the Jagiellonian University (en) Traducir - Doctor of Sacred Theology (en) Traducir (1953–1954)
Pontificia Universidade de San Tomé de Aquino - Licentiate of Sacred Theology (en) Traducir (1946–1947)
Universidade Católica de Lublin Editar o valor en Wikidata
Tese académicaThe Problems of Faith in the Works of St. John of the Cross (en) Traducir Editar o valor en Wikidata (1948 Editar o valor en Wikidata)
Director de teseWładysław Wicher (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoMinisterio petrino, poesía, Drama e scientific writing (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Zakrzówek (en) Traducir
Lublin
Roma
Cracovia
Borek Fałȩcki (en) Traducir
Niegowić (pt) Traducir
Cidade do Vaticano Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbispo católico (1958–), Sacerdote católico de rito romano (1946–), diácono católico romano (pt) Traducir (1946–), diácono transicional (pt) Traducir (1946–1946), político, poeta, filósofo, Activista polos dereitos humanos, Arcebispo, escritor, catedrático Editar o valor en Wikidata
Período de actividade - 2005 Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Iaguelónica de Cracovia
Universidade Católica de Lublin Editar o valor en Wikidata
Membro de
Pseudónimo literarioAndrzej Jawień
Stanisław Andrzej Gruda
Piotr Jasień Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rama militarArmia Krajowa (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ConsagraciónEugeniusz Baziak (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa22 de outubro Editar o valor en Wikidata
Participou en
1995Jornada Mundial da Juventude de 1995 (pt) Traducir
28 de maio de 1982Pope John Paul II's visit to the United Kingdom (en) Traducir
12 de maio de 1982Q9386425 Traducir
13 de maio de 1981Tentativa de assassinato do Papa João Paulo II (pt) Traducir
1979Q9132314 Traducir
14 de outubro de 1978conclave de outubro de 1978
26 de agosto de 1978conclave de agosto de 1978
11 de outubro de 1962Concilio Vaticano Segundo
Q9136660 Traducir
Pope John Paul II visit in Israel (en) Traducir
Jornada Mundial da Juventude de 1986 (pt) Traducir
Q65175176 Traducir
Jornada Mundial da Juventude de 1991 (pt) Traducir
Q86687266 Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
PaisKarol Wojtyła Editar o valor en Wikidata  e Emilia Wojtyła Editar o valor en Wikidata
IrmánsEdmund Wojtyła Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
27 de abril de 2014canonización (Praza de San Pedro)
1 de maio de 2011beatificación (Praza de San Pedro)
8 de abril de 2005Funeral
20 de setembro de 1996visita pastoral (pt) Traducir (shrine of Sainte-Anne d'Auray (en) Traducir)
26 de xuño de 1967proclamación cardenalicia, per Paulo VI, papa
28 de setembro de 1958consagración (Catedral de Wawel (pt) Traducir)
1 de novembro de 1946ordenación sacerdotal no rito latino, per Adam Stefan Sapieha
20 de outubro de 1946ordenação diaconal (pt) Traducir, per Adam Stefan Sapieha Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata
(la) Totus tuus Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Иоанн Павел II)
Den Store Danske Encyklopædi (pt) Traducir
Wojtyla segreto (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Páxina webvatican.va… Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0937552 Allocine: 36923
BNE: XX1054221 Dialnet: 257606 Musicbrainz: b3e2a4cb-3e2b-4d77-b744-89dc43e8362b Discogs: 710815 WikiTree: Wojtyla-13 Find a Grave: 10717244 Editar o valor en Wikidata

Foi considerado, segundo a revista Time, un dos líderes máis influentes do século XX,[1] e considérase que axudou á fin dos réximes comunistas en Polonia e no resto de Europa.[2] No seu pontificado melloraron significativamente as relacións da Igrexa católica co xudaísmo, co islam, coa Igrexa ortodoxa e coa Comuñón Anglicana. Algúns sectores criticárono por manter a postura contraria da Igrexa ante a anticoncepción e a ordenación de mulleres, mentres que tamén foi criticado polo seu apoio ao Concilio Vaticano Segundo e ás súas reformas; porén, tamén foi gabado pola súa postura firme e ortodoxa en canto á doutrina católica.

Perspectiva xeral

editar
 
Xoán Paulo II na súa visita ao Brasil.

Xoán Paulo II enfatizou o que el denominou a «chamada universal á santidade». Tentou definir o papel da Igrexa católica no mundo moderno de cara a unha nova evanxelización, o pulo do ecumenismo e a contribución á construción dun mundo máis xusto e máis humano (o que denominou a civilización do amor). Denunciou o que considerou erros ideolóxicos propios do comunismo, o marxismo, o feminismo, o imperialismo, o relativismo, o materialismo, o fascismo (incluíndo o nazismo), o racismo e o capitalismo e as súas consecuencias. En moitos sentidos, loitou contra a opresión, o secularismo e a pobreza cunha constante defensa dos dereitos humanos, a dignidade da persoa e a diversidade cultural dos pobos.

A pesar de que mantivo relacións amistosas con moitos dirixentes occidentais, rexeitou profundamente o consumismo por consideralo culpable da corrosión espiritual dos países occidentais, e a orientación hedonista das súas poboacións. Acusou tamén a Occidente dun egoísmo insolidario cos desherdados da terra.

O seu labor en Polonia foi un factor relevante na apertura dos países do vello bloque soviético, tal como recoñeceu o propio Mikhail Gorbachev.

Dende o punto de vista doutrinal, mantívose equidistante. Rexeitou as formulacións máis radicais da teoloxía da liberación, unha teoloxía comprometida cos procesos revolucionarios de Latinoamérica. Pero foi máis contundente con Monseñor Lefevbre, coñecido polas súas posicións ultraconservadoras, a quen acabou excomungando. Elevou ao cardealado a teólogos perseguidos no seu día polas súas ideas aperturistas (Yves Congar, Henri de Lubac ou Hans Urs von Balthasar), pero foi inflexible con outros como Hans Küng, xa sancionado por Paulo VI, ou Leonardo Boff).

Na súa loita contra o que denominou a cultura da morte, foi criticado polas súas posicións contrarias á anticoncepción, o preservativo, o aborto, a eutanasia e a fecundación artificial.

Maior recoñecemento suscitou a súa defensa da paz nos máis diversos conflitos bélicos e, moi particularmente, a súa condena da guerra de Iraq.

Xoán Paulo II foi coñecido como o Papa Viaxeiro por percorrer distancias máis grandes que os seus predecesores.

Beatificou 1 340 persoas, máis que calquera dos papas anteriores. O Vaticano confirmou que canonizou máis xente que a suma dos seus predecesores nos anteriores cinco séculos, e dunha gran variedade de culturas.[3] Este feito é difícil de demostrar, xa que as crónicas de moitas das máis temperás canonizacións están incompletas ou perdidas.

En febreiro de 2004 foi nomeado para o Premio Nobel da Paz honrando o seu traballo de oposición á opresión comunista e o seu traballo a prol da xustiza.[4]

Xoán Paulo II morreu o 2 de abril de 2005 tras unha longa loita contra a doenza de Parkinson e outras enfermidades. Inmediatamente trala súa morte, moitos dos católicos de todo o mundo demandaron que fose declarado santo o máis pronto posible, aos berros de «Santo Subito» («Santo xa» en italiano). Tanto o xornal L'Osservatore Romano como Bieito XVI, refírense a el como o Grande.

Xoán Paulo II foi sucedido polo Cardenal Joseph Ratzinger de Alemaña, antigo prefecto da Congregación para a Doutrina da Fe que celebrou o funeral.

Biografía

editar

Vida temperá

editar
 
Emilia e Karol Wojtyła (pai) no día do seu casamento.

Karol Józef Wojtyła naceu o 18 de maio de 1920 en Wadowice, no sur de Polonia, e foi o menor dos tres fillos que tiveron Karol Wojtyła e Emilia Kaczorowska. A súa nai morreu en 1929, canto el tiña oito anos. O seu pai criouno de maneira que puido estudar. O seu irmán, que traballaba de médico, morreu cando Karol tiña uns 12 anos. A súa xuventude estivo marcada polos longos contactos coa comunidade xudía de Wadowice. Xogaba ao fútbol a miúdo, habitualmente como gardameta.[5]

Karol ingresou na Universidade en Cracovia. Traballou voluntariamente como bibliotecario e fixo o servizo militar obrigatorio na Lexión Académica. Na súa xuventude foi atleta, actor e dramaturgo e aprendeu como mínimo doce idiomas durante a súa vida, entre eles latín, ucraíno, grego, castelán, portugués, francés, italiano, alemán, inglés e, por suposto, polaco. Tamén adquiriu un certo dominio do ruso.

Durante a segunda guerra mundial e a conseguinte ocupación nazi, todos os estudantes da Universidade foron arrestados e a Universidade suprimida. Todos os homes en idade de traballar debían ter un traballo. El traballou como mensaxeiro para un restaurante e como obreiro nunha canteira.

O seu pai morreu cando el tiña 22 anos.

Sacerdocio

editar
 
Estatua de Xoán Paulo II na Catedral da Almudena, Madrid.

En 1942, en pleno dominio nazi, ingresou no seminario clandestino dirixido polo arcebispo de Cracovia, o cardeal Sapieha. Karol Wojtyła foi ordenado sacerdote o 1 de novembro de 1946, polo mesmo arcebispo Sapieha, co que se confirmara. Pouco despois, comezou a estudar Teoloxía na Universidade Pontificia de San Tomé de Aquino, onde acadou unha licenciatura e despois un doutoramento en Teoloxía Sacra. A súa investigación versou sobre a Doctrina de fide apud S. Ioannem a Cruce (A doutrina da fe de acordo a San Xoán da Cruz). Aínda que o seu traballo foi unanimemente aprobado en xuño de 1948, foille denegado o doutoramento porque non podía permitirse imprimir o texto da súa exposición. En decembro dese ano, un texto revisado da súa exposición foi aprobado pola facultade teolóxica da Universidade de Cracovia, e Wojtyła acadou finalmente o título.

Conseguiu un segundo doutoramento, baseado nunha avaliación da posibilidade de establecer unha ética católica no marco do sistema ético da fenomenoloxía de Max Scheler e a súa ética dos valores, en 1954. Como sucedera co primeiro, tivo que agardar a obter o título. Esta vez, as autoridades comunistas prohibiron á facultade da Universidade de Cracovia outorgar o título. Xunto coa súa habilitación na Universidade Católica de Lublín, finalmente obtivo o doutoramento en Filosofía en 1957 desa institución, onde obtivo a Cátedra de Ética en 1956.

Bispo e cardeal

editar

O 4 de xullo de 1958 o papa Pío XII nomeouno bispo auxiliar da arquidiocese de Cracovia. Foi convocado a Varsovia para reunirse co primado de Polonia, o cardeal Stefan Wyszyński, quen o informou de dito nomeamento. Accedeu a traballar como bispo auxiliar do arcebispo Eugeniusz Baziak, e foi ordenado bispo o 28 de setembro de 1958 co título de bispo titular de Ombi. Karol Wojtyła converteuse así, con 38 anos, no bispo máis novo de Polonia. O principal consagrador foi o propio Baziak, e os co-consagradores foron os bispos auxiliares Boleslaw Kominek e Franciszek Jop. Baziak finou en xuño de 1962, e Wojtyła foi seleccionado vicario capitular (administrador temporal) da arquidiocese.

En 1962 tomou parte no Concilio Vaticano Segundo, onde fixo achegas ao Decreto sobre a liberdade relixiosa (Dignitatis Humanae) e á Constitución Pastoral da Igrexa e o mundo moderno (Gaudium et Spes). Participou asemade no Sínodo dos Bispos. En decembro de 1963 o papa Paulo VI nomeouno arcebispo de Cracovia. O 26 de xuño de 1967, Paulo VI anunciou a elevación do arcebispo Wojtyła ao Sagrado Colexio de Cardeais, sendo o segundo máis novo do devandito colexio (47 anos) e recibindo o título de cardeal-presbítero de San Cesareo in Palatio. No mesmo ano, contribuíu significativamente á encíclica Humanae Vitae, que abordou en profundidade a postura católica contraria á anticoncepción.

Un papa para Polonia

editar
 
Escudo de Xoán Paulo II. O «M» é pola Virxe María, a quen tiña moita devoción

En agosto de 1978, trala morte de Paulo VI, participou no conclave que elixiu papa a Xoán Paulo I. Con 65 anos, era considerado novo para os estándares papais. De todos os xeitos, Xoán Paulo I, feble de saúde, morreu despois de tan só 33 días de papado, o que levou á celebración dun novo conclave.

As votacións no segundo conclave dividíronse principalmente entre dous candidatos: o cardeal Giuseppe Siri, o arcebispo de Xénova; e o cardeal Giovanni Benelli, o arcebispo de Florencia. Nas primeiras votacións, Benelli parecía o futuro papa. Finalmente Wojtyła converteuse no elixido, en parte grazas ao apoio do cardeal Franz König e outros que antes apoiaran ao cardeal Siri.

Converteuse no papa 264º de acordo coa lista de papas cronolóxica. Con 58 anos de idade, foi o papa máis novo elixido dende Pío IX en 1846. Como o seu inmediato predecesor, Xoán Paulo II prescindiu da tradicional coroación papal e no canto diso recibiu a investidura eclesiástica coa simplificada inauguración papal o 22 de outubro de 1978. Durante a súa inauguración, cando os cardeais se axeonllaban diante del, tomaban os seus votos e bicaban o seu anel, ergueuse cando o primado polaco cardeal Stefan Wyszynski se axeonllou, parouno cando lle ía bicar o anel e ergueuno. Como bispo de Roma tomou posesión da súa catedral, o 12 de novembro de 1978.

Atentados

editar

O 13 de maio de 1981 Xoán Paulo II foi ferido por un disparo de Mehmet Ali Ağca, un pistoleiro turco, cando entraba na Praza de San Pedro nunha audiencia. Ağca foi capturado e sentenciado á cadea. Dous días despois do Nadal de 1983, Xoán Paulo II visitou o cárcere onde Ağca estaba encerrado e falaron en privado durante 20 minutos. Xoán Paulo II dixo: «O que temos falado permanecerá como un segredo entre el e mais eu. Faleille como a un irmán a quen perdoei e que ten a miña completa confianza».

O 2 de marzo de 2006, unha comisión parlamentaria italiana concluíu que o Kremlin estaba detrás do atentado, en relación co apoio de Xoán Paulo II a Solidariedade, o sindicato católico obreiro polaco, unha tese que foi enseguida apoiada por Michael Ledeen e pola CIA no seu momento. A investigación estableceu que algúns departamentos de seguridade búlgaros foron empregados para manter oculto o papel desempeñado pola Unión Soviética. De todos os xeitos, hai outras teorías alternativas, e o mesmo papa declarou durante unha visita a Bulgaria en maio de 2003 que aquel país non tiña nada que ver coa tentativa de asasinato. O infrutuoso asasino era tamén membro da organización ultranacionalista turca os Lobos Grises, que foran supostamente infiltrados polos Gladio, unha organización paramilitar relacionada coa OTAN creada para prever unha posible invasión soviética de Turquía[6]. Bulgaria e Rusia rebateron as conclusións da comisión italiana, resaltando o feito de que o mesmo papa negara a conexión búlgara. Esta tese é tamén a trama da novela de Tom Clancy Coello Vermello, publicada en 2002.

Outra tentativa de asasinato tivo lugar o 12 de maio de 1982, xusto un día antes do aniversario do anterior atentado da súa vida, en Fátima, Portugal cando un home tentou cravarlle unha baioneta, pero foi detido polos gardas de seguridade. O asaltante, un sacerdote español ultraconservador de dereitas chamado Juan María Fernández y Krohn, opúñase ás medidas do Concilio Vaticano Segundo e chamou ao papa «axente de Moscova». Foi privado do seu cargo sacerdotal e cumpriu unha condena de seis anos.

Saúde

editar
 
Xoán Paulo II o 22 de setembro de 2004.

Cando comezou o seu papado en 1978, Xoán Paulo II era un ávido deportista, que gozaba co sendeirismo e coa natación. No momento do seu nomeamento, con 58 anos, tiña moi boa saúde e era moi activo; corría polos xardíns do Vaticano (co horror do persoal vaticano, que o informou de que podía ser visto correndo polos turistas que subían ao máis alto da cúpula da Basílica de San Pedro. A resposta do papa foi «e que?»), nadaba e escalaba montañas.[Cómpre referencia]

Xoán Paulo foi moi comparado,[quen?] pola súa boa forma, cos papas de mala saúde Xoán Paulo I e Paulo VI, coa gordura de Xoán XXIII e co sempre famélico Pío XII. O único papa moderno que gozara dunha boa saúde fora Pío XI, que fora tamén un gran montañeiro.

En 1981 a súa saúde sufriu un gran golpe trala primeira tentativa de asasinato. A ferida da bala causoulle severas hemorraxias, e a presión sanguínea do papa baixou moito. Ademais, tívoselle que practicar unha colostomía. Non obstante, mantivo unha aparente boa condición física ao longo dos 80.

A partir de 1992, a saúde de Xoán Paulo II comezou a declinar lentamente. Comezou a sufrir dificultade no falar e no oír. Aínda que non foi oficialmente confirmado pola Curia Romana ata o 2003, moitos expertos coincidían en que o Pontífice sufría de párkinson. A diferenza entre o atlético papa dos anos 70 e o fráxil papa dos 90 era moi rechamante. De ter unha forma física moi superior á dos seus predecesores, declinou fisicamente moito máis do que era normal nos outros pontífices.

En febreiro de 2005, Xoán Paulo II foi ingresado no hospital cunha inflamación de larinxe, como resultado dunha gripe. Aínda que lle foi dada a alta médica, ingresou novamente un mes despois con dificultades respiratorias. Foille practicada unha traqueotomía, limitándoselle as facultades de falar.

En marzo de 2005, boa parte da opinión pública consideraba ao papa preto da morte;[Cómpre referencia] e isto foi confirmado polo Vaticano uns poucos días antes do seu pasamento.

 
Estatua de Xoán Paulo II en Košice, Eslovaquia. A estatua foi inaugurada polo Cardenal Stanisław Dziwisz, antigo secretario privado do papa.

O 31 de marzo de 2005 o papa contraeu unha febre moi alta.[7] Despois dese día as fontes do Vaticano anunciaron que Xoán Paulo II recibira a unción de enfermos polo seu amigo e secretario Stanisław Dziwisz. Durante os derradeiros días da súa vida, as luces permaneceron acesas durante a noite nas súas estancias do Palacio Apostólico.

Milleiros de persoas foron chegando ao Vaticano, ateigando a Praza de San Pedro e os arredores, e mantiveron unha vixilia completa durante dous días. Aproximadamente ás 15:30 CEST, Xoán Paulo II pronunciou as súas derradeiras palabras aos seus axudantes: «Marcho á casa do Pai», no seu polaco nativo, e entrou nun coma durante unhas catro horas.[8] Morreu nas súas estancias, ás 21:37 CEST (19:37 UTC) o 2 de abril. A misa da vixilia do segundo domingo de Ppascua foi celebrada a carón do seu leito. Varios axudantes estaban presentes, así como varias monxas polacas da Congregación das Irmás Serventes do Sagrado Corazón de Xesús.

Unha multitude de dous millóns[9][10] de persoas ateigaban a Cidade do Vaticano. Os polacos sufriron particularmente pola súa morte. A exposición pública do seu corpo na Basílica de San Pedro levou a máis de catro millóns[Cómpre referencia] de persoas á Cidade do Vaticano e foi unha das peregrinacións máis grandes da historia do Cristianismo[Cómpre referencia]. Moitos líderes mundiais expresaron as súas condolencias e ordenaron que as bandeiras dos seus países ondeasen a media hasta. Numerosos países de maioría católica, e incluso algúns con só unha pequena poboación católica, declararon loito nacional por Xoán Paulo II.

Funeral

editar
 
A tumba de Xoán Paulo II.

A morte do papa Xoán Paulo II puxo en movemento rituais e tradicións que datan da época medieval. O rito da Visitación tivo lugar dende o 4 até o 7 de abril na Basílica de San Pedro. O 8 de abril a misa de réquiem foi oficiada polo decano do Colexio de Cardeais, Joseph Ratzinger, quen se convertería no próximo papa baixo o nome de Bieito XVI. Estímase que foi o funeral máis seguido de todos os tempos.[Cómpre referencia]

Xoán Paulo II foi enterrado nas grutas baixo a basílica, a Tumba dos Papas. Foi depositado nunha tumba que fora creada no mesmo nicho que ocuparan os restos do papa Xoán XXIII. O nicho estaba baleiro dende que os seus restos foran trasladados ao corpo principal da basílica trala súa beatificación por Xoán Paulo II en 2000.

«Por última vez o mundo congregouse nunha xuntanza histórica para honrar un home que impactou a todos. Cinco reis, catro raíñas, 70 presidentes e primeiros ministros, 164 cardeais. Os pobres e os privilexiados».[11]

Proceso de beatificación

editar

Canonización

editar

O 5 de xullo de 2013 o papa Francisco asinou o decreto que autoriza a canonización de Xoán Paulo II e de Xoán XXIII.

O 30 de setembro do mesmo ano, anunciouse que a cerimonia conxunta de canonización de ambos os papas tería lugar en abril de 2014.[14]

Finalmente, o 27 de abril de 2014, ante unha multitude congregada na praza de San Pedro do Vaticano, que se estima nuns 800 000 peregrinos chegados de todo o mundo, o papa Francisco proclamou a canonización Xoán Paulo II, xunto á de Xoán XXIII, pedindo en latín, coa fórmula ritual, que se inscribise aos dous papas no Libro dos Santos. Foi un día histórico, xa chamado «o dos catro papas», debido a que, ademais de que Francisco proclamou santos a Karol Wojtyła e Angelo Roncalli, á esquerda do altar onde se concelebrou a misa, estivo o papa emérito Bieito XVI, a quen o papa arxentino abrazou antes de comezar a cerimonia e ao finalizar a mesma. Na homilía da misa, Francisco destacou que ambos os novos santos «restauraron e actualizaron a Igrexa» á súa imaxe orixinal. O papa terminou a cerimonia saudando as 93 delegacións asistentes, entre as que había 24 xefes de Estado e de Goberno, e entre os que se encontraban os reis de España e de Bélxica, ademais dos presidentes de Paraguai, Honduras, O Salvador, Ecuador, Albania, Croacia e Polonia, entre outros.[15]

Traballo en vida

editar

Encíclicas

editar
  • Ecclesia de Eucharistia (2003), sobre a eucaristía como centro da vida da Igrexa
  • Fides et Ratio (1998), sobre a compatibilidade entre fe e razón
  • Ut Unum Sint (1995), sobre a unidade dos cristiáns
  • Evangelium Vitae (1995), sobre o valor de todas as dimensións da vida humana
  • Veritatis Splendor (1993), sobre a moral cristiá baseada no amor
  • Centesimus Annus(1991), sobre a aposta da Igrexa a prol da xustiza social trala caída do comunismo
  • Redemptoris Missio (1990), sobre a evanxelización como proposición e non como imposición
  • Sollicitudo Rei Socialis (1987), sobre a crítica ao capitalismo e ao marxismo e a doutrina social da Igrexa
  • Redemptoris Mater (1987), sobre a preeminencia de María na historia da salvación e na Igrexa
  • Dominum et Vivificantem (1986), sobre o poder transformador do Espírito Santo
  • Slavorum Apostoli (1985), sobre a evanxelización dos pobos eslavos
  • Laborem Exercens (1981), sobre a dignidade do traballo e os dereitos inalienables dos traballadores
  • Dives in Misericordia (1980), sobre a misericordia como elemento central do cristianismo
  • Redemptor Hominis (1979), sobre Xesús de Nazaret como resposta ás arelas do home

Exhortacións apostólicas

editar
  • Pastores Gregis (2003)
  • Ecclesia in Europa (2003)
  • Ecclesia in Oceania (2001)
  • Ecclesia in Asia (1999)
  • Ecclesia in America (1999)
  • Una esperanza nueva para el Líbano (1997)
  • Vita Consecrata (1996)
  • Ecclesia in Africa (1995)
  • Pastores Dabo Vobis (1992)
  • Redemptoris Custos (1989)
  • Christifideles Laici (1988)
  • Reconciliatio et Paenitentia (1984)
  • Redemptionis Donum (1984)
  • Familiaris Consortio (1981)
  • Catechesi Tradendae (1979)

Outros documentos da súa autoría

editar
  • Carta apostólica Novo Milenio Ineunte (2001)
  • Carta apostólica Mulieris Dignitatem (1988)
  • Carta apostólica Dilecti Amici (1985)

Outros documentos elaborados durante o seu mandato

editar
  • Código de Dereito Canónico, promulgado en 1983
  • Catecismo da Igrexa católica, aprobado en 1992
  • Compendio da doutrina social da Igrexa católica, elaborado polo Pontificio Consello Xustiza e Paz, 2005

Ensinanzas

editar

Como papa, Xoán Paulo II escribiu 14 encíclicas e ensinou sobre a «teoloxía do corpo». Algúns textos de especial importancia foron a encíclica Ecclesia de Eucharistia, a exhortación apostólica Reconciliatio et Paenitentia e a encíclica Redemptoris Mater.

Xesús

editar

Xesús, sobre todo co seu estilo de vida e coas súas accións, demostrou como no mundo en que vivimos está presente o amor, o amor operante, o amor que se dirixe ao home e abraza todo o que forma a súa humanidade. Este amor faise notar particularmente no contacto co sufrimento, a inxustiza, a pobreza; en contacto con toda a condición humana histórica, que de distintos modos manifesta a limitación e a fraxilidade do home, quer física, quer moral (Encíclica Dives in misericordia).

Sexualidade

editar

O corpo xa non se considera como realidade tipicamente persoal, signo e lugar de relacións cos demais, con Deus e co mundo. Redúcese a pura materialidade: está simplemente composto por órganos, funcións e enerxías que hai que usar consonte a criterios de mero goce e eficiencia. Xa que logo a sexualidade despersonalízase e instrumentalízase: de signo, lugar e linguaxe do amor, é dicir, do don de si mesmo e da acollida do outro segundo a riqueza da persoa, pasa a ser cada vez máis ocasión e instrumento de afirmación do propio eu e da satisfacción egoísta dos propios desexos e instintos (Encíclica Evangelium Vitae).

O home non pode vivir sen amor. El permanece para si mesmo un ser incomprensible, a súa vida está privada de sentido se non se lle revela o amor, se non se encontra co amor, se non o experimenta e o fai propio, se non participa del vivamente (Encíclica Redemptor Hominis).

Perdón

editar

Á luz da fe, a solidariedade tende a superarse a si mesma, a revestirse das dimensións especificamente cristiás da gratuidade total, perdón e reconciliación... O próximo, xa que logo, debe ser amado, aínda que sexa inimigo, co mesmo amor co que o ama o Señor, e por el se debe estar disposto ao sacrificio, incluso extremo: dar a vida polos irmáns (Encíclica Sollicitudo rei socialis).

Moral cristiá

editar

A vida moral preséntase como a resposta debida ás iniciativas gratuítas que o amor de Deus multiplica a prol do home. É unha resposta de amor (Encíclica Veritatis Splendor).

Non debe buscarse ningunha recompensa maior que o amor mesmo (Encíclica Veritatis Splendor).

O amor e a vida segundo o Evanxeo non poden propoñerse ante todo baixo a categoría de precepto, porque o que esixen supera as forzas do home. Só son posibles como froito dun don de Deus que sanda, cura e transforma o corazón do home por medio da súa graza (Encíclica Veritatis Splendor).

O amor é tamén o único criterio segundo o cal todo debe facerse e non facerse, cambiarse e non cambiarse. É o principio que debe dirixir toda acción e o fin ao que debe tender. Actuando con amor ou inspirados polo amor, nada é desconforme e todo é bo (Encíclica Redemptoris missio).

Ecoloxía

editar

Na raíz da insensata destrución do medio natural hai un erro antropolóxico por desgraza moi difundido no noso tempo... o home cre que pode dispoñer arbitrariamente da terra, someténdoa sen reservas á súa vontade como se ela non tivese unha fisionomía propia... (Encíclica Centessimus Annus).

Pena de morte

editar

Nin sequera o homicida perde a súa dignidade persoal e Deus mesmo faise o seu garante (Encíclica Evangelium vitae).

Aborto

editar

Non raramente a muller está sometida a presións tan fortes que se sente obrigada psicoloxicamente a ceder ao aborto: non hai dúbida de que neste caso a responsabilidade moral afecta particularmente aos que directa e indirectamente a forzaron a abortar (Encíclica Evangelium vitae).

Eutanasia

editar

Cando a morte se prevé inminente e inevitable, pódese en conciencia renunciar a uns tratamentos que procurarían unha prolongación precaria e penosa da existencia.

Xa Pío XII afirmaba que é licito suprimir a dor por medio de narcóticos, a pesar de ter como consecuencia limitar a conciencia e abreviar a vida (Encíclica Evangelium Vitae).

Sentido da vida

editar

O sentido máis verdadeiro e profundo da vida é ser un don que se realiza ao darse (Encíclica Evangelium vitae).

Satán

editar

O espírito das tebras é capaz de amosar a Deus como inimigo da propia criatura e, ante todo, como inimigo do home, como fonte de perigo e ameaza para o home. Deste xeito, Satán enxerta no ánimo do home o xermolo da oposición daquel que dende o principio debe ser considerado como inimigo do home e non como Pai (Encíclica Dominum et vivificantem).

Pecado

editar

Ningún pecado do home pode cancelar a misericordia de Deus, nin impedirlle poñer en acto a súa forza vitoriosa, con tal de que o invoquemos. Máis aínda, o mesmo pecado fai resplandecer con maior forza o amor do Pai... (Encíclica Veritatis Splendor).

A salvación

editar

A universalidade da salvación non significa que se conceda soamente aos que, de modo explícito, cren en Cristo e entraron na Igrexa. Se é destinada a todos, a salvación en verdade debe de estar a disposición de todos ( Encíclica Redemptoris missio).

Pluralismo

editar

O pluralismo é froito do empuxe dinámico do mesmo Espírito (Encíclica Redemptoris missio).

Liberdade

editar

A Igrexa diríxese ao home no pleno respecto á súa liberdade; propón, non impón nada: respecta as persoas e as culturas, e detense ante o sagrario da conciencia (Encíclica Redemptoris missio).

A guerra

editar

Non matedes! Non preparedes aos homes destrución e exterminio! Pensade nos vosos irmáns que sofren fame e miseria! Respectade a liberdade e dignidade de cada un! (Encíclica Redemptor hominis).

Nunca máis a guerra! Nunca máis a guerra! que destrúe a vida dos inocentes, que ensina a matar e trastorna igualmente a vida dos que matan, que deixa tras de si un rastro de rancores e odios, e fai máis difícil a solución dos problemas que a provocaron (Encíclica Centessimus annus).

Papado

editar

É precisamente como se, dende a debilidade humana de Pedro, se manifestase de modo pleno que o seu ministerio particular na Igrexa procede totalmente da Graza (Encíclica Ut Unum sint).

O Nadal

editar

O Nadal pon tamén de manifesto o senso profundo de todo nacemento humano, e a alegría mesiánica constitúe así o fundamento e realización da alegría por cada neno que nace (Encíclica Evangelium vitae).

A familia

editar

A familia, fundada e vivificada polo amor, é unha comunidade de persoas: do home e da muller esposos, dos pais e dos fillos, dos parentes. O seu primeiro cometido é o de vivir fielmente a realidade da comuñón co empeño constante de desenvolver unha auténtica comunidade de persoas. O principio interior, a forza permanente e a meta última de tal cometido é o amor (Exhortación apostólica Familiaris Consortio).

Posturas sociopolíticas

editar

A Igrexa asume unha actitude crítica tanto ante o capitalismo liberal como ante o colectivismo marxista (Encíclica Sollicitudo rei socialis).

Se a produción de armas é unha grave desorde que reina no mundo actual respecto das verdadeiras necesidades dos homes e o uso dos medios axeitados para satisfacelas, non o é menos o comercio das mesmas. Máis aínda, a propósito disto, é preciso engadir que o xuízo moral é aínda máis severo (Encíclica Sollicitudo rei socialis).

A conciencia da que falamos non se refire soamente aos individuos, senón tamén ás nacións e aos pobos, os cales, como entidades cunha determinada identidade cultural, son particularmente sensibles á conservación, libre xestión e promoción do seu propio patrimonio (Encíclica Sollicitudo rei socialis).

É necesario o pleno respecto da identidade de cada pobo, coas súas características históricas e culturais (Encíclica Sollicitudo rei socialis).

Outras nacións necesitan reformar algunhas estruturas e, en particular, as súas institucións políticas, para substituír réximes corrompidos, ditatoriais ou autoritarios, por outros democráticos e participativos (Encíclica Sollicitudo rei socialis).

Occidente parece inclinarse a unhas formas de illamento crecente e egoísta (Encíclica Sollicitudo rei socialis).

Desexo chamar a atención... abonda con mirar a realidade da multitude inxente de homes e mulleres, nenos, adultos e anciáns; nunha palabra, persoas concretas e irrepetibles que sofren o peso intolerable da miseria (Encíclica Solicitude rei socialis).

Existe o dereito común de todos a usar os bens da enteira creación. É inaceptable a postura do ríxido capitalismo que defende o dereito exclusivo á propiedade privada dos medios de produción como un dogma intocable na vida económica (Encíclica Laborem Exercens).

Non se trata soamente de dar o superfluo, senón de axudar a pobos enteiros —excluídos ou marxinados— a que entren no círculo do desenvolvemento económico e humano. Isto será posible non só utilizando o superfluo que o noso mundo produce en abundancia, senón cambiando sobre todo os estilos de vida, os modelos de produción e consumo, as estruturas consolidadas de poder que rexen hoxe a sociedade (Encíclica Centessimus Annus).

Viaxes pastorais

editar

Realizou 104 viaxes ao longo e ancho dos cinco continentes. As viaxes mantivérono na primeira liña da información internacional.

Na súa xira por Centroamérica en 1979, de modo particular en México, recoñeceu a importancia do catolicismo latinoamericano, apoiou ás súas arelas de xustiza social fronte ás desigualdades e a corrupción e defendeu os dereitos dos indíxenas e das súas linguas e culturas. Ese mesmo ano fixo a primeira visita a Estados Unidos, onde loou a súa tradición democrática, pero criticou os excesos do capitalismo, o consumismo hedonista e a guerra fría que dividía o mundo en bloques. Lembrou o deber de solidariedade da primeira potencia mundial cos marxinados da terra.

Tamén en 1979 tivo lugar a histórica primeira visita á súa Polonia natal facendo emerxer un catolicismo renacido dende a marxinación a que o tiña sometido o réxime comunista. A congregación entusiasta de multitudes acabou sendo todo un desafío á ditadura comunista. As súas mensaxes de superación do medo, defensa dos dereitos dos traballadores e de apertura democrática foron un estímulo para o movemento obreiro católico e feriron de morte o sistema totalitario.

En 1979 estivo en Turquía onde estreitou os vencellos co patriarca ecuménico de Constantinopla, Dimitros I, máxima autoridade moral das Igrexas ortodoxas. Apoiou o avance en Turquía dos valores democráticos.

En 1980 realizou a primeira gran xira pola África negra (Congo, Kenya, Ghana, Burkina Faso...). Clamou contra a miseria e reclamou xustiza e solidariedade económica e social coa poboación. Fixo tamén aquí unha defensa das culturas e linguas populares. Non foi ben recibida a súa mensaxe a prol da castidade e contraria á contracepción, que se considerou allea e mesmo contraproducente para o desenvolvemento da poboación.

En 1982 visitou Inglaterra. Aquí procurou con xestos elocuentes estreitar os vencellos coa Igrexa Anglicana. Fixo contundentes chamamentos á paz e en contra da guerra das Malvinas. En novembro dese mesmo ano visitou por vez primeira Santiago de Compostela, coincidindo co Ano Santo.

En 1987 durante a súa estadía en Chile, foi branco de duras críticas polas súas aparicións co ditador Pinochet, e as súas demasiado mornas admonicións contra a falta de liberdades. Este exceso de diplomacia cun ditador non se repetiu na súa visita a Paraguai ese mesmo ano, onde o ditador Stroessner tivo que escoitar condenas moi claras ao seu réxime por parte do papa e a súa nidia defensa dos dereitos humanos. Foi este un factor que se sumou no camiño da recuperación das liberdades democráticas.

En 1989 celebrou unha multitudinaria Xornada Mundial da Xuventude en Santiago de Compostela. Animou a mocidade a loitar por un mundo máis humano e máis xusto e lembrou con insistencia os valores do amor casto, o matrimonio indisoluble e o sentido católico da sexualidade, motivo polo cal foi criticado por boa parte da prensa española.

En 1994 realizou a súa primeira viaxe a Croacia. Visualizou o coñecido apoio da Igrexa á independencia da república ex-iugoslava, o que restou credibilidade aos seus chamamentos á paz e á reconciliación.

En 1995 en Filipinas realizou unha das súas viaxes máis exitosas; bateu todos os récords de convocatoria na historia da humanidade[Cómpre referencia] (nun só día uns seis millóns[Cómpre referencia] de seguidores) en Luneta Park.

En 1996, en Nicaragua, púxose de manifesto a enorme distancia que afastaba a Xoán Paulo II da chamada Igrexa Popular, froito da Teoloxía da Liberación e en estreita colaboración co réxime sandinista. Xoán Paulo II lembrou a doutrina da Igrexa a prol das reformas sociais e dos dereitos dos indíxenas pero criticou con enerxía a connivencia de eclesiásticos nicaraguanos co goberno revolucionario.

En 1997 fixo dende Bosnia e Hercegovina chamamentos ao perdón entre as etnias da ex-Iugoslavia e manifestou o apoio da Igrexa para sanar feridas e contribuír á reconstrución do país. Ese mesmo ano, no Líbano resaltou a necesidade dunha fraternidade sólida entre as distintas relixións, culturas e civilizacións. Defendeu un Líbano soberano que é máis ca unha nación, é unha mensaxe chegou a dicir.

En 1998 foi recibido cordialmente en Cuba polo ditador Fidel Castro, que tolerou a mensaxe papal de liberdade e celebrou a condena papal ao bloqueo estadounidense causante de sufrimentos para o pobo cubano, así como o recoñecemento por parte de Xoán Paulo II a certos valores socialistas. A visita supuxo ánimos renovados para a Igrexa cubana, pero non tivo consecuencias políticas.

Exipto foi, no ano 2000, testemuña das palabras de Xoán Paulo II contra a intolerancia relixiosa e o grave pecado de promover a violencia en nome de Deus. Foron significativos os encontros co líder musulmán, o gran imán sunni, e o papa copto Shenouda III cabeza dunha milenaria igrexa cristiá con seis millóns de fieis.

No ano 2001 realizou unha difícil viaxe a Grecia, onde pediu perdón aos irmáns ortodoxos polos pecados de acción e omisión cometidos polos católicos contra eles ao longo da historia. O líder ortodoxo Christodoulos fixo votos pola unidade das Igrexas pero non tivo un xesto de reciprocidade. Ese mesmo ano realizou unha arelada visita a Ucraína, berce do cristianismo ruso, dende onde intentou tender a man á veciña Rusia. A frialdade do patriarca de Moscova frustrou as expectativas dunha visita á Santa Rusia. Foi especialmente emotiva a visita a Rabi Ya en honra das vítimas xudías alí masacradas. Tamén en 2001 visitou Casaquistán e Armenia. Neste último país solidarizouse co seu pobo masacrado por xenocidios terribles durante o século XX e coa antiquísima Igrexa Armenia celebrou con sentido ecuménico os 1 700 anos de cristianismo da primeira nación que profesou a fe en Xesús. Ese ano sería tamén o da celebérrima visita á mesquita de Damasco en Siria como expresión da fraternidade cos musulmáns.

Relacións con outras relixións

editar

Xoán Paulo II viaxou moito e tomou contacto con crentes doutras confesións. El tentou sempre atopar o que tiñan en común tanto doutrinal como dogmaticamente. No Día Mundial de oración pola paz, que tivo lugar en Asís o 27 de outubro de 1986, máis de 120 representantes de diferentes relixións e denominacións cristiás pasaron o día xuntos pregando.

Anglicanismo

editar

Xoán Paulo II mantivo boas relacións coa Igrexa de Inglaterra.[16] Foi o primeiro papa en viaxar ao Reino Unido, en 1982, onde se reuniu coa Raíña Isabel II, gobernadora suprema da Igrexa de Inglaterra. Predicou na catedral de Canterbury e recibiu ao arcebispo de Canterbury con amizade e cortesía. Porén, Xoán Paulo II amosou o seu desgusto pola decisión dos anglicanos de ordenar mulleres como sacerdotes e considerou isto como un paso na dirección contraria á unidade entre a Comuñón Anglicana e a Igrexa católica.[16]

Relacións cos xudeus

editar

As relacións entre o catolicismo e o xudaísmo melloraron durante o pontificado de Xoán Paulo II. El falou frecuentemente sobre a relación entre a Igrexa e os xudeus. De neno, Karol Wojtyla acostumaba facer deporte cos seus numerosos veciños xudeus. En 1979 converteuse no primeiro papa en visitar o campo de concentración de Auschwitz en Polonia, onde moitos dos seus paisanos (maioritariamente xudeus polacos) pereceron baixo o dominio nazi. Tamén se converteu no primeiro papa en facer unha visita oficial a unha sinagoga, cando visitou a sinagoga de Roma o 13 de abril de 1986.

En marzo do 2000, Xoán Paulo II visitou Yad Vashem, (o memorial nacional israelí do Holocausto) en Israel e despois pisou o sitio máis sagrado do xudaísmo, o Muro das Lamentacións en Xerusalén, colocando unha carta dentro del (na que fixo unha apoloxía contra as accións da Igrexa no pasado contra os xudeus). En outubro do 2003 a Liga Antidifamación felicitou a Xoán Paulo II con ocasión dos seus vinte e cinco anos de papado.

Inmediatamente trala morte do papa, a Liga publicou un manifesto no que dicía que Xoán Paulo II revolucionara as relacións entre católicos e xudeus, dicindo que «houbo máis cambio para ben neste papado de 27 anos que nos preto de 2 000 anos anteriores».

Un número de puntos de disputa existen aínda entre a Igrexa católica e a comunidade xudía, incluíndo diferenzas doutrinais. Non obstante, o número de diferenzas que dividen aos grupos xudeus e ao Vaticano ten descendido significativamente nos últimos 40 anos.

Relacións coa Igrexa ortodoxa

editar

En maio de 1999, Xoán Paulo II visitou Romanía trala invitación do patriarca Teoctist da Igrexa ortodoxa romanesa. Esta foi a primeira vez que un papa visitaba un país predominantemente ortodoxo dende o Gran Cisma de Oriente en 1054. Á súa chegada, o patriarca e o presidente de Romanía, Emil Constantinescu, saudaron o papa. O patriarca declarou: «O segundo milenio da historia cristiá comeza cun [...] compromiso verdadeiro a restaurar a unidade cristiá».

Xoán Paulo II visitou outras áreas fortemente ortodoxas como Ucraína, a pesar da falta de benvida, e dixo que o fin do cisma era un dos seus máis profundos desexos.

O papa dixo tamén ao longo do seu pontificado que un dos seus máis grandes soños era visitar Rusia, pero isto xamais tivo lugar. Fixo numerosos intentos para resolver os problemas de séculos entre a Igrexa católica e a Igrexa ortodoxa rusa, como devolver a icona de Nosa Señora de Cazán en agosto de 2004. De todos os xeitos, a Igrexa ortodoxa nunca amosou moito entusiasmo, facendo declaracións ao efecto como: «A cuestión da visita do papa a Rusia non está conectada polos xornalistas cos problemas entre as igrexas, que son agora imposibles de resolver, pero si coa devolución dunha de moitas obras sacras, que foron roubadas ilegalmente de Rusia». (Vsevolod Chaplin).

Budismo

editar

Tenzin Gyatso, o décimo cuarto Dalai Lama e líder espiritual do budismo tibetano, visitou o papa Xoán Paulo II oito veces, máis que calquera outro dignatario. O papa e o Dalai Lama a miúdo compartían puntos de vista similares, xa que ambos os dous proviñan de pobos afectados polo comunismo.

O 6 de maio de 2001, Xoán Paulo II converteuse no primeiro papa católico en entrar e pregar nunha mesquita islámica. Visitou a Gran Mesquita de Damasco, Siria, onde se pensa que Xoán o Bautista está enterrado, e pronunciou un discurso que incluíu o seguinte: «Por todas as veces que musulmáns e cristiáns se teñen ofendido mutuamente, precisamos buscar o perdón do Todopoderoso para ofrecer os uns aos outros o perdón[17]. O seu famoso bico ao Corán en Siria[18], un acto que o fixo popular entre os musulmáns.

O papa para a xuventude

editar

Xoán Paulo II tivo tamén unha especial relación coa xuventude católica e foi coñecido polo alcume de «O papa da Xuventude». Denantes de ser papa adoitaba facer excursións cos mozos. El seguía a ir á montaña cando era papa, sendo un heroe para moitos deles. De feito, en reunións, os católicos novos, e incluso non católicos, acostumaban cantar a frase «Xoán Pablo II, quérete todo o mundo», e ocasionalmente el respondía, en inglés: «No. JP Two, He Loves YOU!»

El estableceu a Xornada Mundial da Xuventude en 1984 coa intención de brindar á mocidade católica de todas as partes do mundo a oportunidade de celebraren todos xuntos a súa fe. Estes encontros de algo máis dunha semana sucedían cada dous ou tres anos, atraendo a centos de milleiros de mozos, quen ían cantar, pasalo ben e, sobre todo estar co papa e celebrar a súa fe. Eran os chamados «papaboys» e «papagirls», cuxo lema máis frecuente era «¡Esta é a xuventude do papa!»

Apoloxías ou peticións de perdón

editar

Xoán Paulo II proclamou sempre a idea central do perdón sen límites. Xa en 1965 deu pulo a unha declaración de reconciliación ofrecida polos bispos polacos aos bispos alemáns co fin de sandar as feridas abertas aínda pola segunda guerra Mundial. Así pois, o seu pontificado estivo marcado por significativas solicitudes de perdón en nome da Igrexa católica:

  • Pola condena das teorías científicas de Galileo Galilei (outubro de 1992).
  • Pola implicación de católicos no comercio de escravos (agosto de 1993).
  • Pola pasividade de moitos católicos ante o Holocausto xudeu e a implicación histórica no antisemitismo (marzo de 1998).
  • Pola falta de respecto ás culturas e linguas de moitos pobos sometidos a nacións católicas ou erroneamente evanxelizados (marzo de 2000).

En prol do ecumenismo, tamén rehabilitou as figuras de reformadores como Xoán Hus ou Martiño Lutero, sen que isto supoña a aceptación da integridade das súas doutrinas, e mesmo chegou a pedir solemnemente desculpas aos ortodoxos en nome da Igrexa polo ataque dos cruzados a Constantinopla no século XIII. Estes xestos foron vistos con reticencias por parte dos sectores máis conservadores do catolicismo tradicional,[Cómpre referencia] pouco afeito a estes signos de humildade evanxélica.

Guerra de Iraq

editar

En 2003 Xoán Paulo II fixo importantes críticas á invasión de Iraq do 2003. Mandou o antigo nuncio apostólico nos Estados Unidos, o cardeal Pío Laghi, a falar co Presidente dos Estados Unidos George W. Bush para expresarlle a súa oposición á guerra. Xoán Paulo II dixo que lle correspondía ás Nacións Unidas resolver o conflito internacional a través da diplomacia e que unha agresión unilateral é un crime contra a paz e unha violación das leis internacionais.[Cómpre referencia]

  1. Time (ed.). "TIME 100 Persons Of The Century". Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2008. Consultado o 22 de agosto de 2013.  Arquivado 10 de maio de 2007 en Wayback Machine. (de pago)
  2. Anne Applebaum. The Washington Post, ed. "How the Pope 'Defeated Communism'" (en inglés). Consultado o 22 de agosto de 2013. 
  3. [1]
  4. [2]
  5. Karol Wotjyla: The Pope of the third millennium, Sergio Toppi,‎ Tony Pagot, 2001, St Pauls, ISBN 978-0854396276
  6. [3]
  7. "Frail Pope suffers heart failure," BBC News, 1 de abril 2005 (consultado o 11 de xuño 2005).
  8. "John Paul's last words revealed, BBC News, 18 de setembro 2005 (consultado o 18 de setembro 2005).
  9. Cierran las puertas de San Pedro, (en castelán).
  10. The final farewell, (en inglés).
  11. The Life of Pope John Paul II, a 2005 Universal Studios NBC News Film
  12. http://www.elpais.com/articulo/sociedad/Benedicto/XVI/hara/beato/Juan/Pablo/II/mayo/elpepusoc/20110114elpepusoc_2/Tes
  13. http://www.bbc.co.uk/news/world-europe-12191423
  14. Ver noticia
  15. La Voz de Galicia, 27-04-1014.
  16. 16,0 16,1 BBC (ed.). "John Paul II and the Anglicans" (en inglés). Consultado o 22 de agosto de 2013. 
  17. [4]»
  18. [5]

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
Predecesor:
Xoán Paulo I
 
264º Papa da Igrexa católica

1978-2005
Sucesor:
Bieito XVI