Yves Congar
Yves Congar, nado en Sedan, Ardenas en 1904 e finado en 1995, foi un teólogo católico, inicialmente perseguido polo Vaticano, foi un dos artífices intelectuais do Concilio Vaticano II. Xoán Paulo II creouno cardeal.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de abril de 1904 Sedan, Francia |
Morte | 22 de xuño de 1995 (91 anos) París, Francia |
Lugar de sepultura | Cemiterio de Montparnasse |
Cardeal diácono São Sebastião no Palatino (diaconia) (pt) | |
26 de novembro de 1994 – 22 de xuño de 1995 | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica e catolicismo |
Educación | Instituto Católico de París |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote católico (1930–), diácono (1929–), teólogo, autor de diarios, escritor, frade |
Pseudónimo literario | R. Obert |
Carreira militar | |
Conflito | segunda guerra mundial |
Orde relixiosa | Orde dos Predicadores |
Participou en | |
11 de outubro de 1962 | Concilio Vaticano Segundo |
Premios | |
| |
Traxectoria
editarDiscípulo do filósofo do personalismo, Jacques Maritain. Entrou na orde dominicano en 1925. Na segunda guerra mundial foi feito prisioneiro durante cinco anos nun campo de concentración nazi. As súas ideas contrarias ao nacionalsocialismo fixérono acredor dunha especial dureza no trato.
Profesor en La Saulchoir, o seu libro Vraie et fausse réforme dans l'Eglise (Verdadeira e falsa reforma de Igrexa) foi obxecto de duras censuras. O seu apoio aos curas obreiros e a súa solidariedade coa causa da xustiza social non fixo máis que complicar a súa situación. Durante 10 anos é afastado do ensino, sancionado, marxinado de toda actividade pública e ten que exiliarse a Xerusalén. Sorprendentemente, Xoán XXIII encomendaralle traballar nos máis importantes documentos do Concilio Vaticano II, xunto con outros teólogos como Hans Küng, Bernhard Häring, Karl Rahner, ou os propios Joseph Ratzinger e Henri de Lubac, daquela considerados aperturistas. Fundou a colección de eclesioloxía Unam sanctam.[1]
Vítima dunha enfermidade neuronal acabou os seus días impedido fisicamente pero intelectualmente activo. Como compensación a incomprensión e aos anos de sufrida obediencia e silenciamento, Xoán Paulo II nomeouno cardeal.
Pensamento
editarEcumenismo
editarAunou o método especulativo, propio da escolástica co método histórico. Buscou un achegamento ao protestantismo afirmando que a Biblia é regra para a Tradición e para a Igrexa. Pero sostén que é baixo a luz da Tradición e na proclamación na comunidade eclesiástica onde a Escritura adquire o seu sentido.
Nos seus estudos sobre o Espírito Santo, parte dos escritos dos Pais da Igrexa gregos como Atanasio de Alexandría e Basilio o Grande co fin de achegarse a posicións aceptables para a Igrexa ortodoxa, e une, como esta, eclesioloxía e pneumatoloxía. Para Congar o Gran Cisma, dende o punto de vista dogmático é froito de perspectivas filosóficas diversas, pero expresan unha mesma fe.
Igrexa
editarEnfatiza que a Igrexa é santa, non en si mesma, ou como cualidade dos seus membros, senón como ámbito da presenza de Deus que se achega á mesquindade e miseria humana (pecado), presente na comunidade eclesiástica. A extensión da vida divina é gratuíta (graza) sen mérito por parte da xerarquía e dos fieis que participan dela.
No que atinxe á catolicidade, esta ha de consistir na capacidade da Igrexa de asimilar e desenvolver os valores auténticos humanos e culturais, tanto doutras igrexas, como doutras relixións e de todas as culturas.
Busca tamén facer fincapé no rol fundamental dos laicos, a través do seu compromiso coas causas xustas da humanidade. A salvación cristiá asume e engloba a liberación social, política, económica, cultural e persoal dándolle totalidade e plenitude na transcendencia. Aquí o compromiso, dende un imperativo cristiá orientador, ha de ser radical, pero as opcións do crente poden ser opinables e falibles e, xa que logo, plurais.
A Congar preocúpalle o papel da xerarquía na Igrexa e non escatima críticas sinceras. Os bispos, para el están encorvados absolutamente na pasividade e o servilismo a Roma. Defende un concepto profundo e radical de obediencia fronte ao simplismo insincero autoridade-súbdito.
Obras
editar- Vraie et fausse réforme dans l'Eglise (1952)
- Jalons pour une théologie du laïcat (1953)
- Chrétiens désunis : principes d'un "oecuménisme" catholique (1937)
- Situation et tâches présentes de la théologie (1967)
- L'Eglise--de saint Augustin à l'époque moderne (1970)
- Journal d'un théologien, 1946-1956 (póstuma)
Notas
editar- ↑ "Yves Congar". Trotta editorial. Consultado o 7 marzo 2018.