Universidade Iaguelónica de Cracovia

institución académica en Cracovia (Polonia)

A Universidade Iaguelónica de Cracovia (en polaco: Uniwersytet Jagielloński, UJ) (latín: Universitas Jagellonica Cracoviensis) localízase na cidade polaca de Cracovia, e ocupa a primeira posición da clasificación Times Higher Education Supplement como a mellor universidade de Polonia. Foi fundada en 1364 por Casimiro III o Grande co nome de Academia de Cracovia (Akademia Krakowska), nome que mantivo durante séculos até recibir a denominación actual (Uniwersytet Jagielloński) en 1817, para conmemorar a dinastía dos Iaguelón. Baixo o seu mecenado destacou entre as grandes universidades do renacemento e o humanismo.

Universidade Iaguelónica de Cracovia


Tipouniversidade pública e universidade Editar o valor en Wikidata
EpónimoDinastia Jaguelônica (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
SedeCracovia Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 50°03′42″N 19°56′02″L / 50.0617, 19.9339
EstadoPolonia
VoivodatosVoivodato da Pequena Polonia
Cidade con dereitosCracovia Editar o valor en Wikidata
Datas
Fundación12 de maio de 1364 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
Fundador/aCasimiro III da Polónia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Reitor/aPiotr Jedynak, Teodor Marchlewski, Aleksander Koj, Andrzej Pelczar, Aleksander Koj, Franciszek Ziejka, Karol Musioł, Wojciech Nowak e Jacek Popiel Editar o valor en Wikidata
Cadro de persoal7.246 e 7.212 Editar o valor en Wikidata
Número estudiantes33.549 Editar o valor en Wikidata
Patrimonio cultural
Premios
Membro de
Composto por
Contacto
Páxina WEBuj.edu.pl Editar o valor en Wikidata
Correomailto:rektor@uj.edu.pl Editar o valor en Wikidata
RedesFacebook: jagiellonian.university Twitter: JagiellonskiUni BNE: XX4785427 Dialnet: 4155873 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]
Fundación da Academia de Cracovia, pintura alegórica de Jan Matejko. No centro a Raíña Santa Heduvixes de Polonia, á súa esquerda o seu esposo, Ladislau II de Polonia e Lituania e á súa dereita seu tío Casimiro o Grande de Polonia, (morto tempo atrás).
Facha do Collegium Novum, Universidade Iaguelónica, na Zona Vella de Cracovia.
Castelo Przegorzały, (tamén Villa Rotunda), Instituto de Estudos Europeos da Universidade Iaguelónica.

Na actualidade (2004), con 41.086 estudantes e 3.407 científicos, é unha das universidades europeas máis importantes. Tamén conta cun Centro de Estudos Galegos baixo a dirección da doutora Maria Filipowicz-Rudek.

Biblioteca

editar

A Biblioteca da Universidade Iaguelónica (Biblioteka Jagiellońska) é unha das maiores do país, con cerca de 5,5 millóns de exemplares. Posúe unha gran colección de manuscritos medievais, por exemplo De Revolutionibus de Copérnico ou Codex de Balthasar Behem.

Tamén reúne a literatura prohibida (chamada drugi obieg ou samizdat) do período do goberno comunista (1945-1989).

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar