Museo de Moedas e Medallas de Xoán Paulo II

O Museo de Moedas e Medallas de Xoán Paulo II (en polaco: Muzeum monet i medali Jana Pawla II) é un museo numismático de titularidade privada situado na localidade polaca de Częstochowa, especializado nas moedas e medallas emitidas en calquera país do mundo coa figura de Xoán Paulo II como tema principal.

Museo de Moedas e Medallas
de Xoán Paulo II
Muzeum monet i medali Jana Pawla II
Muzeum monet i medali Jana Pawła II w Częstochowie.jpg
Vitrinas expositivas no
Museo de Moedas e Medallas
de Xoán Paulo II


Coordenadas50°47′03.8400″N 19°07′32.9520″L / 50.784400000, -19.125820000
PaísPolonia Polonia
CidadePOL Częstochowa COA.svg Częstochowa
DirectorKrzysztof Witkowski
Inauguración11 de agosto de 2011
Sitio WebSitio web oficial
editar datos en Wikidata ]

Creouse en 2011 por iniciativa do empresario e filántropo local Krzysztof Witkowski, presidente da compañía President Electronics Poland.[1][2]

HistoriaEditar

O creador do museo leva anos colleitando artigos e recordos relacionados co papa Xoán Paulo II. En 2010 contactou con Wojciech Grabowski, un cidadán polaco asentado en Londres, daquela propietario da colección numismática, que xa fora presentada temporalmente en 2006, a modo de exposición móbil no Castelo Real de Varsovia, entre outros lugares.[2][3]

A partir dese contacto inicial, Krzysztof Witkowski adquiriu a colección, composta aproximadamente por 3.500 exemplares, e durante ese mesmo 2010 chegou a completarse con outros 2.000.[2]

Á medida que a colección ía incrementando os seus fondos, foise construíndo un edificio para a súa exposición, que finalmente foi inaugurado o día 11 de agosto de 2011, coa beizón do cardeal Stanislaw Dziwisz. No acto inaugural estivo tamén presente Arturo Mari, fotógrafo persoal de Xoán Paulo II.[2][4]

A exposiciónEditar

 
Moeda lituana de 10 litas de 1993, conmemorativa da visita de Xoán Paulo II a Lituania.

O Museo de Moedas e Medallas de Xoán Paulo II en Czestochowa é único no mundo na súa especie.[4] A maioría das pezas que compoñen a colección son moedas e medallas que amosan a imaxe de Xoán Paulo II. A estas engádenselles outros obxectos relacionados, como selos postais, fotografías, documentos e réplicas de elementos litúrxicos papais, como o anel do pescador, a estola ou a casula, entre outros. O número de obxectos que compoñen a colección estímase en 11.000.[1]

Entre as moedas máis salientables está un exemplar de ouro dunha emisión conmemorativa polaca de 1987 con valor facial de 200.000 zloty, da que a Casa da Moeda de Poloniacuñou cinco exemplares.[5] Entre as medallas destacan 49 "medallas de peregrinación", que o papa entrega persoalmente durante as súas viaxes apostólicas, así como outras medallas de gran módulo, de ata 14 centímetros de diámetro e un quilogramo de peso.[1][2]

O pavillón que alberga a exposición sitúase no número 67/71 da rúa Jagiellonska, dentro das instalacións da compañía President Electronics Poland. Está aberto a visitas tanto individuais como de grupo.[6]

NotasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar