Yad Vashem
Coordenadas: 31°46′27″N 35°10′32″L / 31.77417, -35.17556
Yad Vashem (en hebreo: יָד וַשֵׁם) é un museo adicado a manter viva a memoria dos seis millóns de xudeus mortos no Holocausto durante a Shoah perpetrada polos nazis durante a Segunda Guerra Mundial. Trátase do memorial oficial israelí, e foi establecido en 1953 pola Lei do Memorial. Foi deseñado polo arquitecto israelí Moshe Safdie, e está localizado en Har Hazikarón, nunha touticeira ao oeste de Xerusalén.
ContidoEditar
O memorial consiste en diversos edificios: unha cámara da memoria, un museo histórico, unha galería de arte, os arquivos, o Val das Comunidades destruídas, a sala dos nomes, o memorial dos nenos e un centro educativo. Alberga obxectos auténticos, testemuñas do exterminio nazi e da vida xudía antes e despois do Holocausto. É considerado o centro de información máis importante do mundo sobre o Holocausto, cun arquivo que conta con documentais, películas, máis de 200.000 fotografías e 62 millóns de documentos, libros e artigos sobre o maior xenocidio da Historia.
RecoñecementoEditar
O museo foi remodelada o 15 de marzo de 2005, coincidindo co 60 aniversario do fin da Segunda Guerra Mundial (1939-1945), e o 12 de setembro de 2007 recibiu o premio Príncipe de Asturias da Concordia 2007.[1] O xurado gabou ao museo Yad Vashem de Xerusalén polo seu incansable traballo na loita contra o odio, o racismo e a intolerancia.
Galería de imaxesEditar
|
NotasEditar
Véxase taménEditar
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
- Información do Museo Histórico do Holocausto Arquivado 10 de setembro de 2007 en Wayback Machine.
- Concesión do Premio Príncipe de Asturias da Concordia 2007 ao Museo Histórico do Holocausto, El País, 12 de setembro de 2007.
- Yad Vashem - official website (en inglés)