Max Scheler

filósofo alemán

Max Scheler, nado en Múnic o 22 de agosto de 1874 e finado en Frankfurt am Main o 19 de maio de 1928, foi un filósofo alemán que concibiu a ética material dos valores

Max Scheler
Scheler max.jpg
Nacemento22 de agosto de 1874
Lugar de nacementoMúnic
Falecemento19 de maio de 1928 (53 anos)
Lugar de falecementoFrankfurt
SoterradoCologne Southern Cemetery
NacionalidadeAlemaña
RelixiónIgrexa católica
Alma máterUniversidade de Múnic, Universidade de Jena e Universidade Humboldt de Berlín
Ocupaciónfilósofo, antropólogo, profesor universitario, sociólogo e axiologia
CónxuxeMärit Scheler
FillosMax Scheler
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fillo dun luterano e unha xudía ortodoxa, estudou en Múnic e en Berlín e ensinou en Jena, Múnic e Colonia. Recibiu unha grande influencia da fenomenoloxía de Edmund Husserl e do vitalismo de Henri Bergson. Pronunciouse precozmente contra a ameaza do nazismo.

PensamentoEditar

Max Scheler persegue unha formulación ética a priori, ao igual que Kant, pero non formal e abstracta, senón material e chea de contido. Este contido son os valores que, por universais e necesarios, constitúen unha ética a priori.

Os valores non son realidades que poidamos atopar no mundo, propiamente os valores non son valen. Os valores son inespaciais e intemporais, gozan dunha grao de idealidade que os fai sobardar o espazo e o tempo. Partindo disto Max Scheler sostén que os valores están vencellados a situacións que provocan no interior do home unha reacción que vai alén da emoción e do sentimento. Porén, os valores son inalterables, o que pode mudar é a percepción que en cada época se teña deles. O home, en principio ten unha capacidade natural para acceder aos valores, aínda que esta precisa ser cultivada. Fronte ao valor cómpre tomar postura, non se pode ficar indiferente. A persoa será máis valiosa segundo os valores que realice.

Os valores poden ser positivos ou negativos; a opción ética consistirá en asumir os positivos e rexeitar os negativos. Para Max Scheler, a escolla derivará non tanto da racionalidade como dunha intuición emocional. Os valores non se razoan, cáptanse, deben ser realizados por eles mesmos e son autónomos.

Scheler establece a seguinte xerarquización: valores útiles, valores vitais, valores espirituais (de xustiza, filosóficos, de coñecemento...) e valores relixiosos. Non figuran os valores morais, porque a moral consiste precisamente na realización dos valores.

Na súa obra sobre O lugar do home no cosmos, comeza por constatar o que de común ten este coas plantas (o pulo afectivo) e os animais (instinto, memoria asociativa e intelixencia práctica). O que o diferencia é o que chama espírito que é o que o habilita para obxectivar as demais realidades, o dota de autoconciencia e lle outorga a liberdade e a apertura cara o Absoluto. Isto non significa unha defensa do dualismo, pois existe unha soa actividade humana psico-orgánica.