León VII, papa
León VII nado en Roma, en data descoñecida, e finado o 13 de xullo de 939 foi o papa n.º 126 da Igrexa católica do 936 ao 939.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 819 ↔ 936 Roma, Italia |
Morte | 13 de xullo de 939 Roma, Italia |
Lugar de sepultura | Basílica de San Pedro |
126º Papa | |
8 de xaneiro de 936 – 13 de xullo de 939 (Gregoriano) ← Xoán XI – Estevo IX, papa → | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Lugar de traballo | Roma Estados Pontificios |
Ocupación | sacerdote católico, escritor |
Influencias | |
Orde relixiosa | Orde de San Bieito |
Familia | |
Irmáns | León VI |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron The Nuttall Encyclopædia >>>:Leo VII. |
Pontificado
editarLeón VII, probablemente era un monxe bieito cando o elixiron papa o 3 de xaneiro de 936, conforme ao desexo do duque Alberico II, establecendo que o emperador debía ter a potencia civil e o papa a potencia relixiosa.
León VII, tivo unha atención particular á reorganización dos mosteiros. Odón abade de Cluny convenceu ao Papa e a Alberico para que desen o seu apoio na reorganización do monacato que pretendía levar a cabo, non só na zona de Borgoña, onde se situaba a abadía, senón en toda Europa.
Para cooperar no traballo de reforma en Alemaña do emperador xermánico Otón, León VII nomeu un vicario apostólico e legado pontificio en toda a Alemaña con poder de procesar todos os eclesiásticos que errasen. Non obstante, prohibiulle bautizar á forza os xudeus alemáns aínda que o autorizou a que os expulsase das cidades se rexeitaban o devandito sacramento..
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |