Coordenadas: 46°26′7″N 4°39′36″L / 46.43528, -4.66000

A vila e comuna de Cluny ou Clugny está situada no actual departamento francés de Saona e Loira na rexión de Borgoña, na zona centro-oriental de Francia, a uns 30 km da cidade de Mâcon. A súa poboación era de 4.400 habs. en 2003.

Cluny
Blason ville Cluny.svg
Cluny Farinier depuis clocher.jpg
Vista da localidade dende a torre da abadía
Localización
Cluny en Francia
Cluny
Cluny
PaísFrancia Francia
RexiónBorgoña
DepartamentoSaona e Loira
DepartamentoDistrito de Mâcon
Xeografía
Altitude226–574 msnm
Superficie23,71 km²
Demografía
Poboación4.835 hab. (2006)
Densidade200 hab/km²
Outros datos
Código postal71250
AlcaldeJean-Luc Delpeuch (2008-2014)
Páxina oficial de Cluny

A localidade medrou arredor da Abadía beneditina situada no lugar, fundada por Guillerme I de Aquitania no ano 909. O mosteiro converteuse na maior e máis prestixiosa institución monástica de Europa. O cénit da influencia da orde de Cluny tivo lugar entre a segunda metade do século X até inicios do século XII.

A biblioteca de Cluny foi unha das máis importantes en Francia e Europa durante a Idade Media. A abadía foi sometida a saqueo polos Hugonotes en 1562 e moitos dos seus valiosos manuscritos foron destruídos ou desapareceron.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar