Gregorio XIV, papa
Gregorio XIV (en latín Gregorius XIV, en italiano Gregorio XIV), nado co nome de Niccolò Sfondrati en Somma (Lombardía) o 11 de febreiro de 1535 e finado en Roma o 16 de outubro de 1591, foi un relixioso italiano, elixido papa o 5 de decembro de 1590.
Nome orixinal | (la) Gregorius PP. XIV |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (it) Niccolò Sfondrati 11 de febreiro de 1535 Somma Lombardo (Sacro Imperio Romano Xermánico) |
Morte | 16 de outubro de 1591 (56 anos) Roma (Estados Pontificios) |
Lugar de sepultura | Basílica de San Pedro |
229º Papa | |
5 de decembro de 1590 – 16 de outubro de 1591 ← Urbano VII – Inocencio IX → | |
Cardeal | |
12 de decembro de 1583 – | |
Bispo diocesano | |
13 de marzo de 1560 – ← Federico Cesi (pt) – Cesare Speciano (pt) → Diocese: Diocese de Cremona (pt) | |
Datos persoais | |
Residencia | Lierna |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Universidade de Perugia Universidade de Padua Universidade de Pavia |
Actividade | |
Lugar de traballo | Roma Estados Pontificios |
Ocupación | bispo católico (1564–), sacerdote católico (1560 (Gregoriano)–), político |
Consagración | Carlos Borromeu (pt) |
Participou en | |
8 de outubro de 1590 | Conclave do outono de 1590 (pt) |
7 de setembro de 1590 | Conclave de setembro de 1590 (pt) |
21 de abril de 1585 | Conclave de 1585 (pt) |
Familia | |
Cónxuxe | sen valor |
Pais | Francesco Sfondrati e Anna Visconti |
Irmáns | Paolo Sfondrati |
Descrito pola fonte | Biblioteca dixital BEIC Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron |
En 1591, confirma a excomunicación de Henrique IV, rei de Francia e de Navarra.
Orixes e formación
editarNado Niccolò Sfondrati na comuna de Somma Lombardo (actualmente na provincia de Varese rexión da Lombardía, cando formaba parte do Ducado de Milán),[1] na clase alta da sociedade milanesa, pero foi coñecido polo seu modesto estilo de vida e rigurosa devoción. O seu pai era Francesco Sfondrati, un senador da antiga comuna de Milán nomeado cardeal polo papa Paulo III e a súa nai era Anna Visconti, membro da Casa de Visconti e quen faleceu durante o parto.
Carreira eclesiástica
editarFoi ordenado sacerdote en 1551[1] e en 1560 foi consagrado bispo de Cremona polo cardeal Carlos Borromeo, participando no Concilio de Trento entre 1561 e 1563 e sendo membro da comisión pro índice librorum en 1562.
Cardenalato
editarO 12 de decembro de 1583 foi nomeado por Gregorio XIII cardeal presbítero de Santa Icía. Durante este tempo foi amigo próximo de san Filipe Neri, quen predixo a súa elección como Sumo Pontífice.
Papado
editarElección
editarÁ morte de Urbano VII foi elixido o seu sucesor nun conclave que se prolongou durante máis de dous meses debido á inxerencia no mesmo do que pretendía que o elixido fose un dos sete cardeais que o rei español Filipe II consideraba adecuados para ocupar o solio pontificio.
Actuación pontifical
editarO papa Gregorio XIV non contaba con experiencia política, razón pola cal cedeu a administración diplomática ao seu sobriño, o cardeal Paolo Emilio Sfondrati.[2] Presidiu dous consistorios nos cales nomeou a cinco novos cardeais.
O seu mandato non estivo marcado por grandes acontecementos ou problemas. O único feito relevante do mesmo foi que, instigado polo rei de España e o duque de Mayenne, excomulgou a Henrique IV de Francia, que se puxera de acordo cos reformistas,[3] declarándoo herexe para despois privalo dos seus dominios. Tras isto, ofreceu a Filipe II o trono de Francia como sucesor de Henrique III de Valois, o cal obrigou á conversión ao catolicismo do sucesor lexítimo Henrique IV para acceder ao trono francés.[2]
Profecía de san Malaquías
editarSe se aplicasen as profecías san Malaquías, a este Papa lle correspondería o lema Ex antiquitate urbis (Da antigüidade da cidade). Con todo, o lema aplícase mellor ao cardeal que, no conclave de 1590, disputáballe o solio papal, Girolamo Simoncelli. Simoncelli era orixinario de Orvieto (Urbs Vetus en latín, é dicir, cidade-antiga); pola contra, para facer que a Sfrondati lle encaixe o lema Ex antiquitate urbis, hai que dicir xeneralidades. A raíz deste dato o xesuíta Claude-François Menestrier demostrou en 1689 que a lista atribuída a san Malaquías de Armagh é unha falsificación orixinada no mesmo Simoncelli ou algún do seu partido para favorecer a súa candidatura á morte de Urbano VII.[4]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 The Cardinals of the Holy Roman Church (inglés), URL último acceso o 01/05/2007.
- ↑ 2,0 2,1 Vidal Manzanares, César (1997), pp. 67.
- ↑ Gregorio XIV, Historia de la Iglesia, Conoze, URL último acceso o 01/05/2007.
- ↑ Ménestrier, Claude-Franóis (1689lugar-publicación=París). Réfutation des prétendues prophéties de St Malachie.
Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |