Clemente XII, papa
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2017.) |
Lorenzo Corsini, o futuro Clemente XII (en latín Clemens XII, en italiano Clemente XII), nado en Florencia o 7 de abril de 1652 e finado en Roma o 6 de febreiro de 1740. Foi o papa n.º 246 da Igrexa católica. Era dunha célebre familia da cal era membro santo André Corsini. Despois de estudos no Colexio Xesuíta, obtivo un doutoramento en dereito na Universidade de Pisa. Creado cardeal por Clemente XI, e elixido papa o 12 de xullo de 1730, sucedendo a Bieito XIII , volveuse case totalmente cego e paralizado, ben que as súas brillantes facultades intelectuais e a súa capacidade para elixir un círculo competente lle permitiron un brillante pontificado.
Clemente XII, papa | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Lorenzo Corsini |
Nacemento | 7 de abril de 1652 e 16 de abril de 1652 |
Lugar de nacemento | Florencia |
Falecemento | 6 de febreiro de 1740 e 8 de febreiro de 1740 |
Lugar de falecemento | Roma |
Soterrado | Basílica de San Xoán de Latrán |
Nacionalidade | Estados Pontificios |
Relixión | catolicismo |
Alma máter | Universidade de Pisa e Pontificia Universidade Gregoriana |
Ocupación | clérigo e sacerdote católico |
Pai | Bartolomeo Corsini |
Nai | Lisabetta Strozzi |
Período | entre 1730 e 1740 |
Coñecido por | ser o papa n° 246 da igrexa católica |
Organización | Igrexa católica |
Cargos | Bispo de Roma |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Clemente comezou a súa tarefa por atenuar a corrupción de certos Bieitos, mellorou a eficacia do goberno dos Estados Pontificios, aínda que lle fose reprochado a creación dunha lotaría como medio de recoller fondos.
Nas súas relacións coas grandes potencias da época, Clemente recibiu as mesmas humillacións que a maioría dos papas deste século. O seu dereito de señor feudal sobre Parma foi ignorado, e os Borbóns uníronse cos Habsburgos contra o vello papa.
Continuou, por unha banda, a presión sobre os xansenista, cuxa bula Unigenitus marca o comezo, e sobre todo emitiu, en 1738, a bula In eminenti apostolatus specula contra a masonaría. Por outra banda, recibiu na Igrexa un gran número de coptos monofisitas.
Continuou a política de disposición da cidade de Roma desexada polos seus predecesores. Débeselle sobre todo a construción da Fonte de Trévi e a ampliación dos museos capitolinos en Roma e dos museos de Vaticano.
![]() |
Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |