Universidade de Pisa
Coordenadas: 43°42′59″N 10°23′54″L / 43.71639, -10.39833
A Universidade de Pisa (en italiano Università di Pisa) é unha das universidades máis prestixiosas de Italia. A súa sede encóntrase en Pisa, Toscana.
A universidade forma parte do sistema universitario de Pisa, xunto coa Escola Normal Superior e o Colexio Santa Ana de estudos superiores.
A Universidade de Pisa é a única institución educativa italiana que pertence á prestixiosa organización Universities Research Association (URA), que reúne a 89 universidades punteiras de varios países do mundo, entre cuxos sus membros encóntrans as Universidades Stanford e Harvard, o Instituto Tecnolóxico de California ou o University College London.[1]
FundaciónEditar
A Universidade foi fundada en 1343 polo papa Clemente VI,[2] aínda que xa existían estudos de Dereito desde o Século XI. Posúe o xardín botánico académico máis antigo de Europa, fundado en 1544.
TitulaciónsEditar
A Universidade de Pisa actualmente ofrece 260 titulacións de moi diversas disciplinas, que se agrupan en 20 departamentos, entre os que destacan os de Astrofísica, Enxeñaría, Medicina e Ciencias da computación, cuxo departamento, creado na década de 1960, está considerado o mellor de Italia nesta materia.[1]
Alumnos notábeisEditar
Pola Universidade de Pisa pasaron importantes personalidades da historia italiana e mundial, entre eles os premios Nobel Enrico Fermi, Giosuè Carducci e Carlo Rubbia, o astrónomo Galileo Galilei, o matemático Bonaventura Cavalieri, o naturalista Francesco Redi, os papas Clemente XII, León X e Paulo III, o político Carlo Azeglio Ciampi, o escritor Andrea Camilleri e o cineasta Mario Monicelli.
GaleríaEditar
Estatua de Galileo Galilei na Aula Magna histórica do Palazzo della Sapienza
Museo de Historia Natural. Gabinete da marabillas
Argonauta argo, do museo antecitado, usado por Linneo para describir a especie
NotasEditar
Véxase taménEditar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Universidade de Pisa |