Abrir o menú principal

Mario Monicelli ([ˈmarjo moniˈtʃɛlli]), nado en Roma o 16 de maio de 1915 e finado na mesma cidade o 29 de novembro de 2010 foi un director e guionista italiano, un dos mestres da Commedia all'Italiana.

Mario Monicelli
MarioMonicelli.jpg
Nome completoMario Monicelli
Nacemento16 de maio de 1915
LugarRoma, Italia
Falecemento29 de novembro de 2010 (95 anos)
LugarRoma, Italia
Causafalling
NacionalidadeItalia Italia
Relixiónateísmo e ateo
Educado enUniversidade de Pisa
PaiTomaso Monicelli
Cónxuxe(s)Paul Herndon Pratt
Ona Wilson
Mona Maris
Alice Joyce
Marian Spies
ProfesiónDirector, guionista, actor
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Nado en Roma, Monicelli era o irmán máis novo do xornalista Tommaso Monicelli. O seu irmán máis vello, Giorgio foi escritor e tradutor e outro irmán, Franco, foi xornalista.

Realizou a súa primeira curtametraxe en 1934, en colaboración co seu amigo Alberto Mondadori. A esta seguiu o filme mudo I ragazzi della Via Paal, que foi premiado no Festival de Venecia.[1] Entre os anos 1939 e 1942 Monicelli ademais produciu máis de corenta guións e traballou como axudante de dirección.

Xunto con Steno realizou oito filmes de éxito, mais a partir de 1953 dirixiu en solitario, sen deixar o traballo de guionista.

Monicelli traballou tamén para a televisión e o teatro e seis dos seus filmes foron candidatos ao Oscar.

Monicelli faleceu o 29 de novembro de 2010 aos 95 anos. Suicidouse saltando desde unha xanela do Hospital San Giovanni de Roma, onde ingresara uns días antes por mor dun cancro de próstata.[2]

FilmografíaEditar

DirectorEditar

GuionistaEditar

NotasEditar

  1. "Mario Monicelli obituary". guardian.co.uk (Londres). 30 de novembro de 2010. Consultado o 29 de novembro de 2010. 
  2. Corriere della Sera, ed. (29 de novembro de 2010). "Mario Monicelli morto suicida a Roma" (en italiano). Consultado o 29 e novembro de 2010. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar