Hadrián V, papa
Hadrián V, nado en Xénova sobre o 1205 e finado en Viterbo o 18 de agosto de 1276 foi o Papa nº 186 da Igrexa católica en 1276.
Hadrián V, papa | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 11 de xullo de 1205 |
Lugar de nacemento | Xénova |
Falecemento | 18 de agosto de 1276 |
Lugar de falecemento | Viterbo |
Soterrado | San Francesco, Viterbo |
Nacionalidade | República de Xénova |
Relixión | Igrexa católica |
Ocupación | diplomático e sacerdote católico |
Pai | Tedisio Fieschi |
Nai | Simone della Volta |
Irmáns | Federico Fieschi, Lord of Genoa |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2017.) |
Traxectoria editar
De nome Ottobuono de Fieschi,[1] comezou a súa carreira na Igrexa como capelán do seu tío o papa Inocencio IV, quen en 1251 o fixo cardeal diácono de San Hadrián.
Durante o pontificado de Clemente IV, entre 1265 e 1268, actuou como legado en Inglaterra mediando nas disputas entre Henrique III e os seus baróns.
Elixido Papa o 11 de xullo de 1276, o seu pontificado só durou corenta días xa que faleceu o 18 de agosto seguinte sen ser nin tan sequera ordenado sacerdote polo que Paulo VI o eliminou da lista de papas oficial en 1975.
Dante na súa obra A Divina Comedia sitúa o espírito de Hadrián en Purgatorio, no nivel reservado aos avaros.[2]
As profecías de San Malaquías refírense a este papa como Bonus comes (O bo conde), cita que fai referencia á súa familia, os condes de Lavagne.
Ao seu servizo traballou o teórico da música inglés Amerus.
Notas editar
- ↑ Alban Butler and Paul Burns, Butler's Lives of the Saints, Vol. 9, (Burns & Oates, 2000), 131.
- ↑ Dante Alighieri, Divina Commedia, Purgatorio - Canto diciannovesimo vv.88-145
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hadrián V, papa |
Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |