Inocencio V, papa
Pierre de Tarentaise (circa 1225, Champagny, Savoia – 22 de xuño de 1276, Roma), foi nomeado papa o 21 de xaneiro de 1276, co nome de Inocencio V.
![]() (década de 1350, Treviso) ![]() | |
Nome orixinal | (la) Innocentius PP. V ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | década de 1220 ![]() Champagny-en-Vanoise, Francia ![]() |
Morte | 22 de xuño de 1276 ![]() Roma ![]() |
Lugar de sepultura | Basílica de San Xoán de Latrán ![]() |
![]() | |
28 de xaneiro de 1276 – 22 de xuño de 1276 (Gregoriano) ← Gregorio X – Hadrián V → | |
Cardeal bispo de Ostia list of bishops of Ostia (en) ![]() | |
1273 (Gregoriano) – 1276 (Gregoriano) | |
Arcebispo de Lyon (pt) ![]() | |
6 de xuño de 1272 – ← Raoul de La Roche-Aymon (pt) ![]() ![]() Diocese: Arquidiocese de Lyon (pt) ![]() ![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Francia ![]() |
Relixión | Igrexa católica ![]() |
Educación | Universidade de París ![]() |
Actividade | |
Lugar de traballo | Roma Estados Pontificios ![]() |
Ocupación | relixioso cristián , filósofo , sacerdote católico , teólogo ![]() |
Lingua | Lingua francesa ![]() |
Orde relixiosa | Orde dos Predicadores ![]() |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 22 de xuño ![]() |
Participou en | |
21 de xaneiro de 1276 | Conclave de janeiro de 1276 (pt) ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
Orixinario dunha pequena aldea de Tarentaise (aínda que para xentes do Val de Aosta, procedía do lugar de Ecours, na comuna de La Salle), ingresou na orde dominica á idade de 16 anos. Estudou Teoloxía no Colexio da Sorbona, onde sería moi pronto profesor. A súa fama foi tal que sería coñecido como o «doctor famosissimus» («o máis célebre dos doutores»).
Logo de ocupar o cargo de provincial, foi designado, en 1272, arcebispo de Lión e, posteriormente, primado da Galia. En 1273, foi promovido ao rango de cardeal-bispo de Ostia, cerca de Roma. Xogou un grande papel no IIº concilio de Lión, pronunciando o sermón fúnebre por San Boaventura.
O 21 de xaneiro de 1276, despois da morte de Gregorio X, foi elixido papa, tomando o nome de Inocencio V. Morreu cinco anos máis tarde. Deixou varios tratados de Teoloxía e de Dereito canónico, sendo de salientar o Comentario ás Sentencias de Pedro Lombardo (1652), e mais catro tratados filosóficos: De unitate formæ, De materia cæli, De æternitate mundi, De intellectu et voluntate. Foi beatificado polo papa León XIII no ano 1898.
Identifícase co «Concionator Gallus» da profecía de San Malaquías.
![]() |
Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |