Pío I, chamado logo san Pío, nado quizais en Aquileia e morto posiblemente en Roma en 154, foi bispo cristián desa diocese entre os anos 142 e 154, e por conseguinte primeiro dunha longa lista de papas que recibiron ese nome.

Modelo:BiografíaPío I, papa

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) Pius Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoséculo I (<década de 140) Editar o valor en Wikidata
Aquileia, Italia Editar o valor en Wikidata
Mortedécada de 150 Editar o valor en Wikidata
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBasílica de San Pedro Editar o valor en Wikidata
10º Papa
140 – 154
← HixinioAniceto, papa → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Roma Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónsacerdote católico Editar o valor en Wikidata
Período de tempoAlto Imperio Romano Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa11 de xullo Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsHermas Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopedia de Otto
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
Find a Grave: 15719357 Editar o valor en Wikidata
Papa Pío I

Vida e pontificado

editar

O Fragmento de Muratori sinala que Pío I era irmán do Hermas que escribiu o tratado O pastor; polo tanto, se o que nese documento se conta é verídico, Pío I debeu nacer como escravo. Outras fontes din que quen foi escravo foi seu pai, pero que tanto el como seu irmán xa naceron como homes libres.

A Pascua, que xa se celebraba en domingo dende Telesforo, crese que foi colocada por Pío I o domingo despois da lúa chea de marzo. Autorizou o bautismo dos xudeus conversos ao cristianismo

Pío I seguiu facendo fronte ao gnosticismo e foi el quen decidiu a excomuñón de Marción e de Valentiño de Exipto.

Morte e santidade

editar

Como todos os papas anteriores ao edicto de Milán, foi considerado santo. Tamén se ten sinalado que foi mártir, se ben isto non está demostrado. A súa festa é o 11 de xullo.

Parroquias en Galicia

editar

Non hai ningunha parroquia en Galicia baixo a advocación de san Pío.


 
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.