Plenilunio

fase da Lúa

Plenilunio ou lúa chea é unha das fases da lúa que acontece cando o planeta Terra se atopa situado xustamente entre o Sol e a Lúa, e a Lúa na súa totalidade queda reflectida na Terra.

Fotografía a través de telescopio da lúa chea desde Israel.

Características

editar

Ocorre sempre cando a Lúa completa media volta á terra despois da Lúa nova, así pois o seu disco lunar é totalmente iluminado e é visíbel enteiramente á noite, pois ela se opón ao Sol en relación á terra.

Como a órbita lunar é unha elipse, e non un círculo perfecto, así como nas outras fases, a lúa chea pode posicionarse no punto máis próximo da Terra, denominada esta posición como perixeo, ou máis distante, o apoxeo.

A lúa chea no perixeo é un 14 % maior e un 3 0% máis brillante do que no apoxeo. O 19 de marzo de 2011 a lúa chea ficou a 356.577 quilómetros da terra. Esta non se aproximaba tanto á terra durante a lúa chea desde o ano 1993, e ese fenómeno é chamado o de "súperlúa", o que ocorre cada 18 anos.

A lúa chea que ocorre logo despois do equinoccio de marzo, que ocorre por volta do día 20 de marzo, determina a data da Pascua, que se celebra o domingo seguinte á data desa lúa chea. Dese modo, a Pascua pode acontecer do 21 de marzo ao 25 de abril.

Eclipses lunares

editar
 
Eclipse total de lúa chea no ano 2010.

É nesta fase na cal ocorren as eclipses lunares, os cales poden ser:

  • Total; cando a Lúa se sitúase completamente na sombra da Terra.
  • Parcial; cando apenas parte dela fica escondida na sombra.
  • Penumbral; cando ela se localiza na rexión ao redor da sombra, chamada penumbra.

Lúa azul

editar

Cando ocorren dúas lúas cheas nun mesmo mes, o evento é coñecido polo nome de lúa azul, Blue Moon en inglés, cuxa designación é difundida nos Estados Unidos, Canadá e Europa.

Nomes das lúas cheas

editar

De acordo coa cultura inglesa e a norteamericana, cada lúa chea que ocorre durante o ano recibe un nome ben diferente. Eses nomes están relacionados ás estacións do ano, no hemisferio norte. E acostumaban ser un referencial para a época de plantío, recolleita, etc.

Nomes das lúas cheas
Mes asociado Nome en inglés
Inverno (hemisferio norte)
Xaneiro Wolf Moon (ou Old Moon)
Febreiro Snow Moon (ou Wolf Moon)
Marzo Worm Moon (ou Lenten Moon)
Primavera (hemisferio norte)
Abril Pink Moon (ou Egg Moon)
Maio Flower Moon (ou Milk Moon)
Xuño Strawberry Moon (ou Flower Moon)
Verán (Hemisferio norte)
Xullo Buck Moon (ou Hay Moon)
Agosto Sturgeon Moon (ou Grain Moon)
Setembro Harvest Moon (ou Fruit Moon)
Outono (Hemisferio norte)
Outubro Hunter's Moon (ou Harvest Moon)
Novembro Beaver Moon (ou Hunter's Moon)
Decembro Cold Moon (ou Oak Moon)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar