Martiño I, papa
Martiño I, nado en Todi (Umbría) e finado no Quersoneso (Crimea) o 16 de setembro de 655, foi o papa nº 74 da Igrexa católica de 649 a 655.
Martiño I, papa | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 21 de xuño de 598 |
Lugar de nacemento | Pian di San Martino |
Falecemento | 19 de setembro de 655 |
Lugar de falecemento | Quersoneso |
Soterrado | Quersoneso |
Nacionalidade | Imperio Bizantino |
Relixión | catolicismo |
Ocupación | político, diplomático, sacerdote católico e escritor |
Período | 649 a 655 |
Coñecido por | ser o papa n° 74 da igrexa católica |
Organización | Igrexa católica |
Cargos | Bispo de Roma |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Pontificado Editar
Iniciou o pontificado convocando axiña o concilio que o seu predecesor Teodoro I non puido celebrar. Neste concilio, celebrado en Latrán condenouse o monotelismo que o emperador bizantino Constante II quería impoñer como solución de compromiso entre a ortodoxia cristiá e o monofisismo.
Decatándose da noticia da condena, Constante II fixo deter o papa polo exarca Calliopas de Rávena e ordenou o seu traslado á capital imperial. O exarca, á súa chegada a Roma, informa o clero que Martiño I fora deposto como papa. O mércores 19 xuño de 653, o papa foi embarcado con destino a Constantinopla, onde chega o 17 de setembro de 654, tras permanecer durante case un ano na illa de Naxos. Maltratado durante a travesía, Martiño chegou enfermo e debeu ser transportado sobre unha padiola.
En Constantinopla, tivo unha parodia de xuízo no Hipódromo, con cargos de herexía e inimigo do estado. Foi condenado a morte o 20 de decembro de 654. Martiño I foi vexado e insultado, privado das súas vestiduras, cargado de cadeas e a súa roupa sacerdotal rompeuse publicamente e colocóuselle unha pesada cadea ao colo.
Tras tres meses de prisión, o emperador conmutoulle a pena de morte pola de exilio en Crimea, onde chega o 15 de maio de 655, nunha situación física tan deplorable, debida ao maltrato sufrido dende a súa detención, que faleceu o 16 de setembro de 655.
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Martiño I, papa |
Ligazóns externas Editar
Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |