Bieito IX, papa

Bieito IX (de nome Teofilacto, nome orixinal Teofilatto; Theophylactus en latín), nado en Roma en 1012 ou 1021 e finado en Grottaferrata, Estados Pontificios (Italia), en 1055, foi o papa nº 145, 147 e 150 da Igrexa católica de 1032 a 1044 nun primeiro período; de abril a maio de 1045 nun segundo período e de 1047 a 1048 nun terceiro período.

Bieito IX, papa
Papa Benedictus IX.jpg
Nome de nacementoTeofilatto
Lugar de nacementoRoma
Falecementoc. 1055
Lugar de falecementoGrottaferrata
SoterradoCathedral of Grottaferrata
NacionalidadeEstados Pontificios
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónclérigo, sacerdote católico e escritor
PaiAlberico III de Túsculo
NaiEmmelina
IrmánsPeter, Duke of the Romans
Na rede
Find a Grave: 9604626 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Pope Benedict IX Illustration.jpg

TraxectoriaEditar

Da dinastía dos Teofilactos que lle deu seis papas á cristiandade, foi sobriño dos papas Xoán XIX e Bieito VIII e descendente de Xoán XI, Xoán XII e Xoán XIII. Elixido sumo pontífice con pouca idade, aínda que parece unha lenda ou un erro histórico supor que tiña 12 anos ao empezar a ser papa, cando quizais contaba xa con 20 ou 25 anos.[1]

Primeiro período (1032-1044)Editar

O 21 de outubro de 1032 foi elixido sumo pontífice. Segundo Rodolfus Glaber, sería papa con 12 anos,[2] un dato que hoxe se consideraría un erro que non correspondería á realidade.[3] Chega á cadeira pontificia grazas a que o seu pai, o Conde Alberico III, que era o verdadeiro dono de Roma, suborna á Curia e consegue para o seu fillo tan prezado posto. En 1037 viaxou para atoparse co Emperador Conrado II e excomungou a Heriberto Arcebispo de Milán, con quen Conrado II tiña unha antiga inimizade. A morte do Emperador Conrado II, privara ao Papa Bieito IX do seu principal apoio. Finalmente un capitán romano, Gerardo dei Sasso expulsouno de Roma e puxo no seu lugar ao Bispo de Sabinia.

Segundo período (abril a maio de 1045)Editar

Expulsou á forza a Silvestre III e foi reelecto o 10 de abril de 1045, pero en maio, abdicou ao vender, co propósito de casar, o seu cargo pontificio por 1500 libras de ouro ao Arcipreste Xoán de Graciano, futuro papa papa|Gregorio VI. Bieito IX abandona Roma.

En 1046 xunto a Silvestre III quixo derrocar ao papa Gregorio VI, pero o rei alemán Henrique III viaxou até alí e organizou o Concilio de Sutri que o 20 de decembro o expulsou de Roma.

Terceiro período (novembro de 1047 a xullo de 1048)Editar

Bieito atacou Roma e foi aceptado polo clero e o pobo para evitar tumultos e derramamentos de sangue para ser elixido por terceira vez o 8 de novembro de 1047. Con todo non o aceptaron os Crescencios, inimigos históricos dos Condes. Entre as dúas familias estalou unha guerra desapiadada. Bieito convocou varios Sínodos, en Spello, en Roma e en Marsella. Expulsado e excomungado o 17 de xullo de 1048, despois de oito meses polos Consellos de San Bartolomeu. Nunca cesou de loitar por reconquistar o Papado. Máis adiante fíxose monxe de San Basilio en Grottaferrata onde morreu o 18 de setembro de 1055.

NotasEditar

  1. Cf. Benedetto IX na Enciclopedia dei Papi (en italiano)
  2. Cf. Hist., IV, 5, n. 17; V, 5, n. 26.
  3. Segundo a Enciclopedia Católica, Bieito IX tiña ao redor de 20 anos de idade ao empezar a ser papa[1].

Véxase taménEditar


 
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.