Gregorio XIII, papa
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2017.) |
Gregorio XIII (* Bolonia, 7 de xaneiro de 1502 - † Roma, 10 de abril de 1585), Papa n.º 226 da Igrexa católica de 1572 a 1585.
Gregorio XIII, papa | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Ugo Buoncompagni |
Nacemento | 1 de xaneiro de 1502, 1 de xaneiro de 1501 e 7 de xaneiro de 1502 |
Lugar de nacemento | Boloña |
Falecemento | 10 de abril de 1585 |
Lugar de falecemento | Roma |
Causa | Ictus |
Soterrado | Basílica de San Pedro |
Nacionalidade | Estados Pontificios |
Relixión | catolicismo |
Alma máter | Universidade de Boloña |
Ocupación | sacerdote católico e diácono |
Pai | Cristoforo Boncompagni |
Nai | Angela Marescalchi |
Fillos | Giacomo Boncompagni |
Período | 1572 a 1585 |
Coñecido por | ser o papa n° 226 da igrexa católica |
Organización | Igrexa católica |
Cargos | Bispo de Roma |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Empeñado na renovación moral da Igrexa, xa no seu primeiro consistorio comunicou aos cardeais a súa intención de facer cumprir estritamente os canons aprobados no Concilio de Trento, mostrándose así mesmo inflexible na obriga dos bispos de residir nas súas respectivas sedes.
Aínda que non existise outra razón para gardar memoria de Gregorio XIII, a reforma do calendario Xuliano, utilizado dende que Xulio César o instaurou no ano 46 a. C., para dar paso ao vixente calendario gregoriano, ao que vai ligado o seu nome, fixo del un personaxe de popular notoriedade. Instaurado o 4 de outubro de 1582, o novo calendario veu a solucionar o problema que formulaba o feito de que o ano xuliano tiña 11 minutos e 14 segundos máis que o ano solar o que provocara que a diferenza acumulada fixese que o equinoccio de primavera se adiantase en dez días. Gregorio XIII, asesorado polo astrónomo xesuíta Christopher Clavius promulgou, o 24 de febreiro de 1582, a bula Inter gravísimas na que establecía que tras o, xoves 4 de outubro de 1582 seguiría o venres 15 de outubro de 1582.
Véxase tamén Editar
Outros artigos Editar
Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |