Lucio I, papa
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
Lucio I, nado en Roma e finado o 5 de marzo de 254, foi o 22º Papa da igrexa católica entre 253 e 254.
Lucio I | |
---|---|
![]() | |
Alcume | San Lucio |
Nacemento | 200 |
Lugar de nacemento | Roma |
Falecemento | 5 de marzo de 254 |
Lugar de falecemento | Roma |
Relixión | catolicismo |
Ocupación | clérigo e sacerdote católico |
Período | entre os anos 253 e 254 |
Coñecido por | ser o papa n° 22 da igrexa católica |
Organización | Igrexa católica |
Cargos | Bispo de Roma |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Fillo de Porfirio, Lucio, que ao igual que moitos cristiáns sufría pena de desterro por orde do emperador Treboniano Galo, puido regresar a Roma trala morte deste en maio de 253 e ser elixido sucesor do papa Cornelio.
O seu pontificado foi moi breve, e durante o mesmo continuou a política do seu predecesor contra os novacianos.
Home de rigorosos costumes, prohibiu a cohabitación entre homes e mulleres que non fosen consanguíneos, e impuxo aos eclesiásticos a obriga de non convivir coas relixiosas que lles daban hospitalidade por sentimentos caritativos.
Aínda que nos martiroloxios aparece como mártir, non parece que fose certo, dado que cando faleceu, baixo o goberno do emperador Valeriano, os cristiáns eran tratados benevolamente.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |