Pío III, papa
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2017.) |
Francesco Todeschini Piccolomini (Siena (Italia), 29 de maio 1439—Roma, 18 de outubro 1503), elixido papa o 22 de setembro 1503 co nome de Pío III (en latín Pius III, en italiano Pio III).
Pío III, papa | |
---|---|
![]() | |
Nome de nacemento | Francesco Todeschini Piccolomini |
Nacemento | 7 de xuño de 1439 e 9 de maio de 1439 |
Lugar de nacemento | Sarteano |
Falecemento | 18 de outubro de 1503 |
Lugar de falecemento | Roma |
Soterrado | Antiga Basílica de São Pedro, Grutas vaticanas e Sant'Andrea della Valle |
Relixión | Igrexa católica |
Alma máter | Universidade de Perugia |
Ocupación | clérigo e sacerdote católico |
Pai | Nanni Todeschini |
Nai | Laudomia Piccolomini |
Período | entre o 22 de setembro 1503 e 18 de outubro 1503 |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
O 18 de agosto de 1503, o papa Alexandre VI morría. O 16 de setembro abríanse as deliberacións do conclave para a elección do seu sucesor. Dous candidatos opoñíanse: o cardeal Georges de Amboise (1460-1510), ministro de Luís XII de Francia, sostido por César Borgia, e o cardeal Giuliano Della Rovere, o futuro Xulio II. Para evitar longas discusións, os electores puxéronse de acordo, dende o 22 de setembro, sobre o nome do cardeal Francesco Todeschini-Piccolomini, sobriño de Pío II, que tomou o nome de Pío III en recordo do seu tío materno.
Declarou axiña querer ser o papa da paz. Desexaba a reforma xeral da Igrexa e a pacificación de todo o Occidente, pero morreu, menos dun mes despois da súa elección, o 18 de outubro de 1503. Foi inhumado na basílica de San Pedro, despois os seus restos foron transferidos á igrexa San Andrea della Valle, ao lado dos de Pío II.
As profecías de San Malaquías refírense a este papa como De parvo homine ('Do home pequeno'), cita que fai referencia ao seu apelido, Piccolomini (piccolo significa 'pequeno', e uomini significa 'homes').
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pío III, papa |
Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |