Xoán I, nado en Siena (Toscana) cara ao 470 e finado en Rávena o 18 de maio de 526, foi un relixioso, o 53.° papa da Igrexa católica, que o venera como santo. O seu pontificado durou do 13 de agosto de 523 ao 18 de maio de 526.

Xoán I
Nacementoc. 470
Lugar de nacementoSiena
Falecemento20 de maio de 526
Lugar de falecementoRavenna
Relixióncatolicismo
Ocupaciónsacerdote católico e escritor
Período523 a 526
Coñecido porser o papa n° 53 da igrexa católica
OrganizaciónIgrexa católica
CargosBispo de Roma
editar datos en Wikidata ]
Xoán I, papa e santo da Igrexa católica

Traxectoria Editar

Fillo dun tal Constancio, naceu preto de Chiusdino, no sur da Toscana, nunha pequena fortaleza construída por Serena, esposa de Estilicón, no século IV e destruída na Idade Media.

Era frade no momento da elección como pontífice, só sete días despois do falecemento do seu antecesor.

Foi o primeiro papa en viaxar a Constantinopla, enviado no 525 por Teodorico o Grande, rei dos ostrogodos, para negociar co emperador bizantino Xustino I a fin das persecucións contra os arianos que se viñan producindo desde o edicto imperial de 523. A misión foi un fracaso, xa que o decreto non fora anulado, e debido ás acusacións de ser feble nas negociacións co emperador, ao regreso a Roma foi feito encarcerar por Teodorico en Rávena, capital do reino ostrogodo, morrendo martirizado.

Os restos foron levados a Roma e soterrados na Basílica de San Pedro.


 
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.