Serxio I, papa

Serxio I (Palermo8 de setembro de 701) foi Papa da Igrexa católica desde o 15 de decembro de 687 ata a súa morte.

Serxio I, papa
Byzantinischer Mosaizist um 705 002.jpg
Nacemento650
Lugar de nacementoPalermo
Falecemento12 de setembro de 701
Lugar de falecementoRoma
SoterradoBasílica de San Pedro
NacionalidadeImperio Bizantino
Relixióncatolicismo
Ocupaciónclérigo e sacerdote católico
Período687 a 701
Coñecido porser o papa n° 84 da igrexa católica
OrganizaciónIgrexa católica
CargosBispo de Roma
Na rede
WikiTree: Antioch-7
editar datos en Wikidata ]
Serxio I

A súa familia era orixinaria de Antioquía en Siria. Entrou na vida clerical moi novo, vivindo en Roma. Á morte do papa Conon reábrense as tensións no seo da Igrexa: o clero romano elixiu papa ao arquidiácono Pascual e a milicia romana elixía o presbítero Teodoro.

Pero, co apoio de Xoán II, exarca de Rávena, consagrouse a Serxio I como Papa e conseguiu poñer fin ao cisma, non sen ser acusado de simonía por pagar ao exarca para ser elixido papa. Durante o seu pontificado celebrouse en Constantinopla (691-692) un concilio convocado polo emperador Xustiniano II, coñecido como o Segundo Concilio Trullano e que non foi recoñecido polo Papa o que provocou o enfrontamento entre o papado e o Imperio Bizantino. Serxio I introduciu o Agnus Dei na misa.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.