Estevo, papa electo

Estevo (II), finado o 26 de marzo de 752, foi un sacerdote romano elixido papa en marzo do ano 752 como sucesor de Zacarías. Finou dun infarto uns poucos días despois da súa elección, antes de ser consagrado como bispo,[1][2] polo que non aparece na lista de papas do Annuario Pontificio.

Modelo:BiografíaEstevo, papa electo

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoséculo VII Editar o valor en Wikidata
Roma (Imperio Bizantino) Editar o valor en Wikidata
Morte26 de marzo de 752 Editar o valor en Wikidata
Roma (Estados Pontificios) Editar o valor en Wikidata
Causa da morteictus Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBasílica de San Pedro Editar o valor en Wikidata
Papa
23 de marzo de 752 (Gregoriano) – 26 de marzo de 752 (Gregoriano)
← Zacarías, papaEstevo II →
Cardeal
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Roma
Estados Pontificios Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónsacerdote católico Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

No ano 745, o papa Zacarías nomeouno cardeal-sacerdote, co título eclesiástico de San Crisogono.

Controversia co numeral dos papas Estevo

editar

O numeral dos papas chamados Estevo mudou ao longo dos anos. O numeral non foi utilizado polos pontífices ata o século X, e calquera número utilizado aos papas anteriores foi aplicado de forma póstuma.

Ata o século X, desde o 752 ata o 942, oito homes que levaron o nome Estevo, incluíndo a este, foron elixidos papa, pero só sete deles reinaron. O Annuario Pontificio engade na súa mención a Estevo II unha nota ao pé, na que se menciona ao papa-electo Estevo:

Trala morte do papa Zacarías, o sacerdote romano Estevo foi elixido; pero, debido a que morreu tres días despois e antes da súa consagración, que segundo o Dereito canónico do tempo supoñía o verdadeiro comezo do pontificado, o seu nome non foi rexistrado no Liber Pontificalis e en ningunha outra lista de papas.
Annuario Pontificio[3]

O primeiro papa en levar o nome Estevo despois de converter en costume engadir o numeral foi chamado Estevo IX durante a súa vida e asinou todos os seus documentos como Stephanus Papa Nonus ("Papa Estevo IX").

A modificación do dereito canónico, en vigor ata o 1 de outubro de 1975,[4] considerado o momento cando un home pasa a ser papa o momento no que acepta a súa elección como tal, e este Estevo foi anacronisticamente chamado papa Estevo II. Algúns escritores, pero non todos, aumentaron consecuentemente o numeral dos seguintes papas chamados Estevo, converténdoos en Estevo III-X.[5] Este papa-electo Estevo foi retirado da lista de papas do Annuario Pontificio en 1961.[6]

As diferentes formas de chamar a estes papas, levou a que nalgunhas ocasións aparezan co dobre numeral, por exemplo Estevo II (III)- IX (X). Esta práctica pode atoparse na Enciclopedia Católica,[7] o Annuario Pontificio[3] e a Encyclopædia Britannica.[8]

  1. Horace Mann, "Pope Stephen II" in Catholic Encyclopedia (New York 2013)
  2. History's great untold stories: larger than life characters & dramatic ... By Joseph Cummins. National Geographic Books. p. 13.
  3. 3,0 3,1 Annuario Pontificio 2012 (Libreria Editrice Vaticana 2012 ISBN 978-88-209-8722-0), p. 11*
  4. Nesa data, Paulo VI modificou os canóns, deixando por escrito na súa constitución apostólica Romano Pontifici eligendo que (versión en inglés do documento Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine.), "88. Trala súa aceptación, a persoa elixida, se é un bispo, pasa a ser bispo de Roma, verdadeiro Papa, e cabeza do colexio episcopal. Posúe e pode exercitar o completo e supremo poder sobre a Igrexa Universal. Se, porén, a persoa elixida non posúe o carácter episcopal, debe ser ordenado bispo de xeito inmediato." A modificación de Paulo VI da lei foi incorporada no 1983 Código de Dereito Canónico: "Can. 332 §1 O Romano Pontífice obtén a potestade plena e suprema na Igrexa mediante a elección lexítima por el aceptada xuntamente coa consagración episcopal. Polo tanto, o elixido para o pontificado supremo que xa ostenta o carácter episcopal, obtén esa potestade desde o momento mesmo da súa aceptación. Pero si o elixido carece do carácter episcopal, ha de ser ordenado Bispo inmediatamente."
  5. Por exemplo, ver Rev. Joseph Deharbe, S.J., A Full Catechism of the Catholic Religion (traducido por Rev. John Fander; 1863), p. 60-61.
  6. Richard P. McBrien, Lives of the Popes (Harper Collins 2013 ISBN 978-0-06228834-9), p. 121
  7. Ver, Pope Stephen II (III)
  8. "Encyclopædia Britannica".