Clemente III, antipapa

Guibert ou Wibert de Ravenna, nado en Parma en 1029 e finado o 8 de xaneiro de 1100 en Civita Castellana, foi antipapa desde o 25 de febreiro de 1080 até a súa morte.

Modelo:BiografíaClemente III, antipapa

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1025 Editar o valor en Wikidata
Parma, Italia Editar o valor en Wikidata
Morte8 de setembro de 1100 Editar o valor en Wikidata (74/75 anos)
Civita Castellana, Italia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Antipapa
1080 (Gregoriano) – 1110 (Gregoriano)
Roman Catholic Archbishop of Ravenna (en) Traducir
1073 –
← Hunfried (en) TraducirGualterio (en) Traducir →
Antipapa Gregorio VII, Vítor III, Urbano II, Pascual II
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCristianismo e Igrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote católico Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
Damnatio memoriae Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Encyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1467403

Traxectoria

editar

Naceu en Parma e tiña relación familiar cos Marqueses de Canossa. Sendo clérigo, foi designado como chanceler imperial de Italia pola Emperatriz Agnes en 1057, posición que mantivo até 1063. En 1058 participou na elección do papa Nicolao II pero coa súa morte en 1061, asociouse co partido imperial de antirreforma Transpadino para establecer a Cadalo de Parma como o antipapa Honorio II opositor do papa Alexandre II.

Con todo, debido ás campañas de Godofredo III, duque da Baixa Lorena, o arcebispo Anno de Colonia e San Pedro Damián, a igrexa rexeitou a Honorio II e recoñeceu a Alexandre II; probabelmente como resultado desas actividades, a emperatriz Agnes relevouno do cargo de chanceler imperial de Italia.

Os seguintes nove anos permaneceu cun perfil baixo, pero aparentemente continuou cultivando contactos dentro da corte de Alemaña, para 1072, o emperador Henrique IV, nomeouno arcebispo da sede vacante en Rávena. E, aínda que o papa Alexandre II era remiso a confirmar este nomeamento, foi convencido por Hildebrando para facelo, quizais como un acordo pacificador. Guibert tomou entón un xuramento de alianza cara ao Santo Pai e os seus sucesores sendo por isto colocado en Rávena en 1073.

Disputas co papa Gregorio

editar

Pouco despois de que o papa Alexandre II morrese, Hildebrando foi elixido como o seguinte papa, sendo establecido como papa Gregorio VII o 29 de abril de 1073. Guibert asistiu ao concilio coresmal do papa Gregorio en marzo de 1074 levado a cabo en Roma, onde importantes leis foron en contra da simonía e da incontinencia do clero, pero pronto emerxeu como un dos líderes da oposición das reformas gregorianas.

Asistindo ao primeiro concilio coresmal de Gregorio, Guibert rexeitou presenciar o seguinte, o concilio coresmal de 1075, aínda que estaba ligado polo xuramento a obedecer os chamamentos para o evento. Pola súa ausencia fixo manifesta a súa oposición a Gregorio VII, quen o suspendeu polo seu rexeitamento a ir ao concilio.

A maior causa da disputa foi a insistencia do papa Gregorio de abandonar o concubinato clerical e a simonía e pola expulsión do ministerio a bispos e sacerdotes obstinados en manter aos seus concubinas.

Foi no mesmo ano que o emperador Henrique IV comezou a súa guerra aberta contra Gregorio. No Concilio de Worms (Alemaña) en xaneiro de 1076, adoptouse a determinación de depor a Gregorio, e a esta decisión uníronse os bispos desimoníacos da Italia Transpadana. Entre eles debeu atoparse Guibert, quen compartiu a sentenza de excomuñón e interdición, pola cal Gregorio se pronunciou en contra dos bispos transpadanos no concilio coresmal de 1076.


 
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.