Alexandre I, papa

Santo Alexandre I, de orixe probablemente romana, foi bispo de Roma dende o ano 107 até o 113[1] ou 115. Foi o sexto papa, se ben este título foi creado moitas décadas despois.

Alexandre I
AlcumeSanto Alexandre
Nacementoséculo Ixuliano
Lugar de nacementoRoma
Falecementoc. 116
Lugar de falecementoRoma
Causadecapitación
SoterradoCatedral de Frisinga
Relixióncatolicismo
Ocupaciónsacerdote católico
Períodoentre os anos 107-113 ou 115
Coñecido porser o papa n° 6 da igrexa católica
OrganizaciónIgrexa católica
CargosBispo de Roma
editar datos en Wikidata ]
Alexandre I

Vida e pontificado editar

Da súa vida e do seu pontificado téñense poucos datos, e os que hai son abondo confusos e pouco fiables. O seu mandato como bispo de Roma debeu rematar estando de emperador Traxano, aínda que Eusebio de Cesarea sinala que foi ao pouco de comezar o mandato do emperador Hadrián (por volta, pois, de 120).

Atribúeselle a institución da auga bieita nas igrexas e nas casas. Tamén puido ser el quen decidise que as hostias se fixesen con pan sen levedar e que o viño da eucaristía se mesturase con auga.

Morte e santidade editar

Unha tradición do século V afirmaba que o papa Alexandre I fora decapitado a canda santo Evencio e san Teodoro, pero por outros datos parece que o terceiro nese martirio fose un Alexandre distinto do papa. Cando no século XIX se atopou unha tumba preto de Roma, ao pé da vía Nomentana, con tres cadáveres decapitados, pensouse que eran estes tres e os seus restos foron trasladados á igrexa de Santa Sabina, en Roma.

Porén, non está probado sequera que Alexandre I fose martirizado, malia que a igrexa católica considérao así. Como tódolos papas anteriores ao edicto de Milán, é considerado santo e a súa festa celébrase o 3 de maio.

Parroquias en Galicia editar

Non hai ningunha parroquia en Galicia baixo a avogación de Santo Alexandre.

Notas editar

  1. Donald Attwater. A Dictionary of the Popes. The Catholic Book Club. Londres, 1939

 
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.