Inocencio I, papa
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
Inocencio I, natural de Albano Laziale, foi o papa nº 40 da Igrexa católica.
Inocencio I | |
---|---|
![]() | |
Alcume | San Inocencio |
Nacemento | século IVxuliano |
Lugar de nacemento | Albano Laziale |
Falecemento | 12 de marzo de 417 |
Lugar de falecemento | Roma |
Soterrado | sen etiquetar |
Relixión | catolicismo |
Ocupación | clérigo e sacerdote católico |
Pai | Anastasio I |
Período | entre o 401 e o 11 de xaneiro do 417 |
Coñecido por | ser o papa n° 40 da igrexa católica |
Organización | Igrexa católica |
Cargos | Bispo de Roma |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Segundo o Liber pontificalis era orixinario de Albano Laziale, e o seu pai chamábase Innocenzo. Segundo o seu contemporáneo Xirolamo era fillo do papa Anastasio I (aínda que naceu antes de ser consagrado).
Foi elixido o 21 de decembro de 401. Ordenou que tódolos casos graves debían ser revisados por el, e nos demais reservábase o dereito a intervir. Exerceu este dereito en diversas cuestións, especialmente nas relacionadas coas celebracións litúrxicas.
O seu gran amigo Xoán Crisóstomo foi expulsado como patriarca de Constantinopla debido a hostilidades persoais coa emperatriz Eudoxia e as intrigas de Teófilo de Alexandría. Inocencio I interveu para reintegralo á súa sede.
Enfrontouse firmemente a Pelaxio e ó pelaxianismo, con tanta autoridade e decisión que Agostiño de Hipona, ó sabelo, pronunciou a famosa frase Roma locuta, causa finita ("Ó falar Roma, rematouse o conto"). Tamén condenou o priscilianismo.
O 24 de agosto de 410 o rei visigodo Alarico conquistou e saqueou Roma. Inocencio non se encontraba na cidade, senón que estaba na corte imperial en Rávena negociando con Alarico. Ó regresar a Roma fixo o posible por reparar os danos feitos polos godos.
Morreu o 12 de marzo de 417.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |