Dionisio, papa
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
Dionisio, nado en Grecia e finado en Roma o 26 de decembro de 268, foi Papa da igrexa católica entre o 259 e o 268.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 200 Imperio Romano |
Morte | 26 de decembro de 268 (67/68 anos) Roma (Imperio Romano) |
25º Papa | |
22 de xullo de 259 – 26 de decembro de 268 ← Sisto II – Fiz I → | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Lugar de traballo | Roma |
Ocupación | sacerdote católico |
Período de tempo | Imperio Romano |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 26 de decembro |
Descrito pola fonte | Realencyclopädie der classischen Altertumswissenschaft (pt) Encyclopædia Britannica |
Traxectoria
editarTrala morte de Sisto II a sé papal permaneceu vacante durante case un ano debido ás persecucións levadas a cabo polo emperador Valeriano contra os cristiáns.
Foi un sacerdote de gran reputación na Igrexa de Oriente, e trasladouse a Roma como presbítero durante o pontificado de Estevo I, destacando nesa etapa na controversia que vivía a Igrexa pola cuestión dos lapsi, aqueles cristiáns que por medo ó martirio apostataran da súa fe en Cristo.
Combateu o modalismo, doutrina que, seguindo as ensinanzas de Sabelio, propuña que as tres persoas da Trindade eran só unha cuestión de nomes, distintos modos de nomear a un único Deus. Tamén se enfrontou ós subordinacionistas, que presentaban ó Fillo como un ser creador.
Pero o feito máis relevante do seu pontificado foi o seu enfrontamento co seu homónimo, o bispo de Alexandría, Dionisio, ó que esixiu que aclarase a súa posición sobre a acusación que pesaba contra el de ter feito unhas declaracións heréticas respecto á doutrina trinitaria ó defender o triteísmo, doutrina que propugnaba a separación das tres persoas da Trindade en tres deidades distintas. Este enfrontamento, coñecido como "a controversia dos dous Dionisios", deu lugar a un intercambio de correspondencia entre Roma e Alexandría na que Dionisio de Alexandría escribiu Apoloxía e Refutación, defendendo a ortodoxia das súas ideas ó reducir o problema a unha simple cuestión semántica entre os cristiáns orientais que usaban como lingua litúrxica o grego, e os cristiáns occidentais que usaban o latín.
Dionisio reorganizou as parroquias romanas e obtivo de Galieno liberdade para os cristiáns.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |