Agapito II, papa
Agapito II, nado en Roma e finado en outubro de 955, foi o Papa n.º 129 da Igrexa católica de 946 a 955.
Agapito II, papa | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | valor descoñecido, século IXxuliano e século Xxuliano |
Lugar de nacemento | Roma |
Falecemento | decembro de 955 |
Lugar de falecemento | Roma |
Soterrado | Basílica de San Xoán de Latrán |
Relixión | Igrexa católica |
Ocupación | sacerdote católico e escritor |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
TraxectoriaEditar
Foi elixido papa, ao igual có seu predecesor, por disposición do príncipe e senador romano Alberico II, que ao igual cá súa nai Marozia, someteu durante décadas aos pontífices á súa vontade.
Durante o seu pontificado, en 947 faleceu Hugo de Arlés cando xa abdicara como rei de Italia a favor do seu fillo Lotario. Este morreu no 950 envelenado por Berengario II de Ivrea, quen se fixo coroar rei de Italia xunto ao seu fillo Adalberto, e para afianzar a súa posición, quixo casar a este coa viúva de Lotario, Adelaida de Borgoña
Adelaida pediu auxilio ao rei xermano Otón I, que no 951 entrou en Italia, e en Pavía se fixo proclamar rei dos francos e os lombardos e casou con Adelaida. Ante isto, Berengario cedeu e aceptou rendirlle vasalaxe, polo que foi recoñecido como rei de Italia.
Con esta intervención, Otón I perseguía ser coroado emperador polo papa Agapito II, pero Alberico opúxose e obrigou ao Papa a enviar unha embaixada ao rei alemán na que lle comunicaba a súa negativa á coroación imperial.
Esta non foi a última proba de forza por parte de Alberico II, pois antes de morrer no 954, fixo xurar ao pobo romano e ao papa Agapito que ao falecer este sería elixido como pontífice o seu propio fillo Octaviano.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Agapito II, papa |
Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |