Celestino I, papa
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
San Celestino I naceu e morreu en Roma e foi papa entre o 422 e o 432. Pénsase que era familiar do emperador Valentiniano I. Combateu os pelaxianistas e nestorianos.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século IV Roma (Imperio Romano de Occidente) |
Morte | 27 de xullo de 432 Roma (Imperio Romano) |
43º Papa | |
11 de setembro de 422 – 26 de xullo de 432 ← Bonifacio I – Sisto III → | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Lugar de traballo | Roma |
Ocupación | sacerdote católico, escritor |
Período de tempo | Imperio Romano |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 27 de xullo |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Realencyclopädie der classischen Altertumswissenschaft (pt) Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Vida
editarSan Celestino I foi nado en Campania (Italia) sobre o derradeiro cuarto de século IV. Segundo os biógrafos, Celestino viña dunha familia nobre e emparentada con reis; parte dos estudos sinalan o emperador Valentiniano coma familiar máis proximo a través de seu pai, Prisco (ou Priscus). De súa nai non aparece documentado nada, mais é de supoñer que Celestino foi nobre e romano coma seu pai, só que nalgún punto da súa vida este aspecto deu a volta con singularidade. Suponse que estivo retirado no deserto e que anos despois foi ordenado crego, chegando incluso a ser bispo en Siria. Mais nada hai documentado que impulse a crer que este estilo de vida fose certo; tan só algunhas fontes exteriores de procedencia dubidosa. É posible que estudara teoloxía e relixión e a primeira referencia xa documentada deste home consta do ano 416 na que exerce o cargo de diácono e arquidiácono da igrexa romana (posiblemente no pontificado de papa Inocencio I).
Outros cronistas da época reflicten que Celestino viviu un tempo en Milán, tendo como mestre a santo Ambrosio. Mais no ano 418, santo Agostiño menciónao nun escrito e, escasamente no longo do ano presentase como un dos candidatos para suceder ao papa san Bonifacio I. O 10 de setembro de 422, Celestino I sobe ao solio pontificio; esta data é precisada polo cronista Sebastán Lenain de Tillemont, se ben outros autores indican a posibilidade de que Celestino subira ó trono o 3 de novembro. Aínda que se vivía en tempos revoltos para Roma, Celestino non tivo opoñentes coñecidos; o mesmo santo Agostiño faillo saber ao novo papa a través dunha escrita, a célebre epístola CCLXI (Epist. 261). Todo iso sen contar a solicitude de asistencia para arranxa-las dificultades con Antonio (por aquelas detentaba o cargo de bispo de Fessula en África). Esta carta, e outras escritas por santo Agostiño fixeron un lazo forte entre este e Celestino I, até que Agostiño finou no ano 430.
Non por iso deixa Celestino de afronta-lo cargo; as misivas dedicadas en forma de cartas extensas, dirixidas na súa maioría ós bispos, tratan sobre a santidade, a dedicación e maila aprendizaxe do santo. Mais tamén fan reflexo nelas dos ataques sobre a súa memoria por parte de semipelaxianos, aos que lideraba o asceta Xoán Cassian; e que pola contra o que Celestino buscaba, escomenzaron a ter máis influencia. Polo que o papa aboga por defender os dereitos da igrexa e a dignidade da súa posición.
Xa xurdiran accións na contra da igrexa cristiá polas seitas (maniqueos, pelaxianos, novacianos e outros) que se arrexuntaron coas breves invasións das hordas bárbaras que chegaban até o corazón do imperio. E máxime cando Nestorio (ou Nestorius) chegou a ser bispo de Constantinopla no 428 que, nun principio, contaba co beneplácito de Celestino. Mais uns meses máis tarde escomenzou a levantar sospeitas polos recibimentos agarimosos dos pelaxianos (que Celestino rechazara en Roma); e por enriba os rumores das ensinanzas na prol da dualidade de Xesús.
Como os rumores eran cada vez máis fortes en Roma, Celestino decide que sexa san Cirilo de Alexandría quen investigue o caso, achando este que Nestorio os profesa de forma aberta, polo que fai un reconto e remíteo a Celestino, quen as tacha de herexía. Mais Cirilo conseguía máis información. Celestino adícase a limpar Roma das herexías do maniqueos e outras que non deixaban paz na relixión. Contou para iso coa axuda de dúas personalidades moi importantes da época: por un lado Placidia que estaba en contacto con Celestino, e pola outra Valentiniano III (fillo da mesma) que executaba os requirimentos da súa nai. Deste xeito, Celestino, puido excluír a Coelestio (ou Coelestius) xa que parecía ser o discípulo máis asociado a Pelaxio (ou Pelaxius) aproveitando a condena da seita do Consello de Efesio. Firme defensor dos canons antigos, os cales lle fai ver os bispos de Illiria e aremolina o canones de vella data (que recadara o anterior vigairo: o bispo de Tesalónica), sen os cales non estaba permitido consagrar a ningún bispo ou facer algún concilio. Na mesma liña (o 26 de xullo de 428) escribe aos bispos de Viena e Narbona (nos que aproveita para recordalles os canons orixinais, alentados na súa resistencia as pretensións da Sede de Arles), Cesletino cumpre con iso as observancias do seu predecesor (que segundo os historiadores, non era outro que san Sisto III).
Co andar do ano 429, Celestino dedícase a enviar unhas cartas a san Xermán de Auxerre e san Lupo de Troyes que, naquel momento, estaban na Bretaña (terra nai de Pelaxio), pero tampouco desperdiciou a ocasión de enviar cartas a uns cantos bispos da Galia, os cales, xunto cos primeiros, logran ir erradicando as herexías da rexión. Non deixa por iso Celestino de coida-los aspectos da Igrexa romana, centrándose nos santuarios, sendo a máis favorecida a igrexa de Santa María (na zona de Trastevere) que fora vítima do saqueo bárbaro de Roma; tamén dedicou atención á igrexa de Santa Sabina e decorou o cemiterio de Santa Priscila. Home incansábel que aproveita o resto do tempo para escribir, deixou unhas 16 cartas e un fragmento do discurso sobre a herexía nestoriana. Coa entrada do ano 430, Celestino ordena o Sínodo de Roma polo cal pide que Nestorio se retracte das súas herexías, non vendo a comparecencia deste; Celestino decide condenar de forma solemne o erros de Nestorio e ordena a san Cirilo que o deixe incomunicado e deposto co aviso de que dispuña de 10 días para retractarse dos seus erros mediante escrita, baixo anatema de non o facer. Cirilo, que xa levaba dende a primavera de 429, realizando o seu labor de reconversión na prol de Celestino, nese tempo ata o comunicado presente do papa, de rebate-la dualidade das persoas en Cristo e a negación da maternidade divina de María; polo que, en media provisoria, ademais escribe unha carta longa os monxes de Exipto sobre do tema.
O mesmo día que Celestino fai a escrita a Nestorio, tamén aproveita a facer unha misiva para os clérigos, a xente de Constantinopla e personalidades importantes da época (Xoán de Antioquia, Xuvenal de Xerusalén, Flaviano de Filipi, Rufo de Tesalónica e outros) nos que anuncia a sentenza contra Nestorio e lle indica a Cirilo a execución da súa decisión. Como Nestorio non responde, Cirilo envíalle a sentenza papal e o seu propio anatema. Entón o emperador Teodosio II, a petición de Celestino e apoiado por Valentiniano III, convoca o Concilio de Éfeso para o día de Pentecoste. Entramos así no ano 431; Celestino non pode acudir ao concilio por mor doutros traballos pendentes de grao maior, polo que envía (con plenos poderes) a tres persoas: os bispos Arcadio (ou Arcadius) e Proxecto (Projectus) coma delegados do papa e o crego, Filipo, que deberán actuar en coordinación con Cirilo, que abrirá a sesión do Concilio de Éfeso o 22 de xuño (exercendo coma delegado do papa). Así mesmo decide enviar o bispo Paladio (ou Palladius) para evanxeliza-los recunchos de Irlanda, facéndose cargo do "Scots" (escotos) (que xa crían en Xesús).
Seguen a xurdir máis cartas de Celestino nas que se abordan os temas da Igrexa romana, das que se pode resumir un endurecemento das penas. Non se debía rexeitar ou admiti-las penas das xentes que o desexasen no momento da súa morte; os bispos non debían levar vestimentas de monxes, os cregos non debían ter vetadas as informacións dos canons, e tampouco as do episcopado lle debían estar cerradas de cara aos cregos. Non se trataba da vontade popular, fose por onde quixese (populus docendus non sequendus); destes escritos translúcese unhas penas non gratas aos futuros transgresores. As escritas de Celestino tiveron unha experiencia aplicada do froito en accións severas que se tomaron na contra dun monxe de Oriente (ao parecer, de nome Daniel) que foi causante de serias desordes na Igrexa de Gaul. No tocante aos vetos da información dos clérigos, as misivas estiveron dirixidas aos bispos de Apulia e Calabria; a pesar das diversas apelacións non puido evitar ter conflitos coa Igrexa de África (cuxa cabeza estaba rexida polo bispo Apiario ou Apuarius). Mais os bispos africanos, con algunhas reticencias, xamais cuestionaron a divina supremacía da Santa Sé, e as súas queixas foron ben dirixidas e, mesmamente consideráronse como un indiscreto uso das prerrogativas papais.
Celestino segue indirectamente as causas do Concilio de Éfeso, nas que se prosegue coa excomuñón de Nestorio; ve con sorpresa que o 27 de xuño, Xoán de Antioquía e Nestorio, excomungan e depoñen a Cirilo; pero será Teodosio II quen os declara depostos, e Cirilo e Nestorio son encarcerados. Semanas máis tarde, e a petición de Celestino, vense os dous relixiosos postos en liberdade; unha excomuñón pública na contra de Nestorio e, coma os tres legados na representación do papa non podían estar involucrados en discusións (a súa causa era a de xulga-las opinións dos outros), Celestino manifesta en tódalas súas cartas que a decisión é final, polo que Cirilo, o 28 de outubro, xunto co concilio manifestan "comprendido polos canons sagrados e as cartas do noso máis santo pai, Celestino, bispo da Igrexa romana", remata o concilio. O 30 de outubro Cirilo volve a Alexandría e Nestorio retírase a un mosteiro de Antioquía.
O derradeiro ano, morte e controversias
editarDentro do ano 432, Celestino recibe unha nova que lle fai reconsidera-lo caso da evanxelización de Irlanda; ve como as noticias de que Paladio abandonara a misión a finais de 431 por problemas de saúde (non era para menos, morrería no transcurso do ano 432 na Bretaña). Unha decisión imperaba e recaía nun monxe de nome San Patricio (quen, con anterioridade, foi rexeitado para a misión), polo que recibe as ordes de Celestino (posiblemente o 10 de xullo de 432) de seguir co traballo do Paladio na evanxelización de Irlanda. O 27 de xullo de 432 falece Celestino I en Roma; esta data é recoñecida pola maioría dos haxiógrafos, pero outros cren (particularmente a Igrexa latina) que o seu falecemento ocorreu o 6 de abril do mesmo ano, data na que, tamén indican, o seu corpo foi colocado nas catacumbas de santa Priscila. Non comparte a mesma opinión a Igrexa grega, que lle fai grandes honras (pola súa condena a Nestorio) o 8 de abril. Pero con todo iso hai un dato no que se amosan de acordo os haxiógrafos e historiadores, tratábase da escrita que foi posta no seu sartego, que di: "A súa santísima alma goza xa da visión de Deus".
A controversia está servida en tres partes: as datas de falecemento (que xa se mencionou enriba); o tema do traslado dos restos e como remate as escritas. No ano 820 (817 segundo outros) o papa Pascual I decide que os restos de San Celestino sexan repartidos no traslado entre a basílica de Santa Práxedes (ou Prassede) e o resto para a catedral de Mantua. Non opinan así algúns dos eruditos, xa que parece ser que os restos deste santo están na Igrexa antes mencionada sendo a catedral de Mantua a que reclama tamén ter parte das súas reliquias. A terceira controversia vén servida na prol das escritas que deixou. Mantense a cantidade de 16 cartas e o fragmento dun discurso lido no sínodo de Roma do ano 430. Por séculos creuse que a "Capitula Coelestini" (unha obra que trata en 10 cartas as decisións sobre o suxeito da graza) podería ser de Celestino; pero na actualidade está considerado un dos traballos pertencentes a san Próspero de Aquitania.
Os historiadores tamén poñen en supostos o contido de Liber pontificalis mailo que esta escrita presenta o Introito da Misa. De certo si se sabe que corresponde a Celestino a introdución na Misa de varias partes importantes, contándose entre elas o Introito e o bastón pastoral. Porén, as cartas súas están recolleitas nas "Decretais", mailo que o bibliotecario Anastasio (Anatasius) atribúe a el varias outras constitucións pero con pouca autoridade, como a conservación dunha carta dirixida a Venerio e a Marino ("Et caeteris Galliarum episcopis").