Nerva

emperador romano entre 96 e 98

Marcus Cocceius Nerva (8 de novembro de 30 - 27 de xaneiro de 98) foi un emperador romano.

Modelo:BiografíaNerva

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) Marcus Cocceius Nerva Caesar Augustus Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(la) Marcus Cocceius Nerva Editar o valor en Wikidata
8 de novembro de 30 Editar o valor en Wikidata
Narni (Imperio Romano) Editar o valor en Wikidata
Morte27 de xaneiro de 98 Editar o valor en Wikidata (67 anos)
Jardins de Salústio (Imperio Romano) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte natural Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaMausoleo de Augusto Editar o valor en Wikidata
Emperador romano
96 – 27 de xaneiro de 98
← DomicianoTraxano →
Cónsul romano
Senador romano
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónRelixión na Roma antiga Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Período de tempoAlto Imperio Romano, Exipto grecorromano, Era do Exipto romano, Cinco bos emperadores e principado Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloEmperador romano Editar o valor en Wikidata
FamiliaDinastia nerva-antonina (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
FillosTraxano, fillo adoptivo Editar o valor en Wikidata
PaisMarcus Cocceius Nerva Editar o valor en Wikidata  e Octavia Sergia Plotilla Editar o valor en Wikidata
IrmánsCocceia Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteRealencyclopädie der classischen Altertumswissenschaft (pt) Traducir
New Encyclopedic Dictionary (en) Traducir
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1435388 Find a Grave: 33996359 Editar o valor en Wikidata

Tralo asasinato de Domiciano, a elección como Emperador de Roma recaeu no ancián e prestixioso senador Nerva, como unha solución transitoria. O período que media entre Nerva e Marco Aurelio pode ser considerado como o da plenitude imperial: aínda que se acadou a máxima expansión territorial, viviuse unha etapa pacífica, razoabelmente próspera e de bo goberno.

Pese ao circunstancial da súa designación, Nerva amosou unhas notábeis dotes coma gobernante. Rematou coas arbitrariedades do seu antecesor, suprimindo a odiosa figura dos informadores ou delatores, que foran os instrumentos da tiranía de Domiciano para controlar e aterrar Roma. Saneou as finanzas, suprimiu o imposto persoal que gravaba aos xudeus e organizou a beneficencia publica.

Nerva outorgou ao Senado a relevancia que lle correspondía como institución dominante nos negocios públicos e para evitar que os pretorianos interviñesen no nomeamento do emperador. Conseguiu para si o recoñecemento de adoptar en vida ao seu sucesor, para que a transferencia de poder non implicase choque algún. A adopción non se facía sobre a base dos vínculos de sangue, senón atendendo aos méritos. De calquera xeito, a sucesión entendíase como un compromiso entre o emperador e o Senado, pois este debía ser escoitado sobre a idoneidade do candidato. Nerva tivo o talento de instaurar unha fórmula mixta entre monarquía e réxime senatorial, entre a concentración de poder que pedían os tempos e o papel das institucións tradicionais, que foi outro dos elementos que arranxaron a estabilidade do período que se estaba a comezar. No seu decorrer, os emperadores inspiráronse nos principios xurídicos, e non na intriga nin na conquista violenta do poder. Ademais, consideraron que a extensión do benestar era unha tarefa primordial do gobernante.

Bust of Nerva, Narni, Italy

Véxase tamén

editar
Imperio Romano

Segue a:
Domiciano
Nerva
(96-98)

Precede a:
Traxano
Dinastía dos Antoninos