Voz Audiovisual, é unha sociedade anónima constituída pola Corporación Voz de Galicia o 13 de decembro de 1996 co obxectivo de dedicarse á produción audiovisual e de vídeo,[1] coa intención de introducise no mercado audiovisual galego, nacional e internacional.

Voz Audiovisual
Logo
Tipoempresa
Data de fundación1985
SedePolígono industrial A Grela - Bens
EnderezoGambrinus, 97, 15008
PaísGalicia
Na rede
http://www.vozaudiovisual.es
editar datos en Wikidata ]

A súa sede está na rúa Gambrinus, nº 97, no Polígono industrial A Grela - Bens, A Coruña.[1]

Clasificación na lista de actividades económicas CNAE 2009

editar

Voz Audiovisual está clasificada dentro da lista de actividades do organismo estatal Clasificación Nacional de Actividades Económicas (CNAE 2009) como:[1]

  • 5915: Actividades de produción cinematográfica e de vídeo.
  • 591: Actividades cinematográficas, de vídeo e de programas de televisión.
  • 59: Actividades cinematográficas, de vídeo e de programas de televisión, gravación de son e edición musical.

Datos de persoal e económicos

editar

A empresa ten un tamaño por empregados situado no grupo de "entre 50 e 250", entre os que figuran 12 administradores ou directivos. De entre os balances dispoñíbeis, o último depositouse no rexistro mercantil en 2017. As vendas apuntadas no balance están no grupo de "entre 6 e 30 millóns de euros".[1]

Evolución de empregados [1]
2013 2014 2015 2016 2017
Fixos 37,14 % 39,06 % 33,48 % 26,41 % 34,04 %
Eventuais 62,85 % 60,93 % 66,21 % 73,58 % 65,95 %
Evolución de vendas [1]
2015 2016 2017
Variación 149,71 % - 10,04 %

Equipo de dirección

editar

O equipo de dirección de Voz Audiovisual está formado por:[1][2]

  • Administrador único: La Voz de Galicia S.A.
  • Apoderado: Santiago Pérez Otero
  • Directora: Fernanda Tabarés
  • Directora de Produción: Paula Fernández González
  • Director de Desenvolvemento: Alberto Guntín Araújo
  • Director Técnico: Anxo Noya Castro
  • Xefa de Produción / Servizos a empresas: Raquel Diz Infante
  • Financeiro: Cristina García Beceiro

Algunhas producións

editar

Series de televisión

editar

A empresa especializouse na creación de series de televisión, programas de entretemento, telefilmes, longametraxes e documentais.

Entre as súas producións destacan:[2]

Emitidas pola TVG

Cómpre sinalar que a serie Padre Casares foi adaptada e transmitida por outras canles autonómicas: como Canal Sur, TV3, ETB, e outras.[3] A IB3 das Baleares realizou unha adaptación en mallorquín, Mossèn Capellà, o Canal Sur andaluz emitiuna dobrada ao castelán, co título Padre Medina, e o Canal 9 en valencián, como Senyor retor; dúas canles máis, Telemadrid e Castilla-La Mancha Televisión, emitírona dobrada ao castelán,[4][5]

Así mesmo, que Serramoura pode verse en Rusia, dobrada ao ruso, desde o 25 de outubro de 2016 a través das canles de AXN SciFi (nome comercial co que opera a plataforma de televisión da multinacional Sony na Federación Rusa), que conta alí con 43 plataformas de difusión para todo o territorio. A serie emitirase na Federación Rusa baixo o título Черный лес (Cherniy les, tradución do título en inglés baixo o que se comercializa internacionalmente Serramoura (Black Forest, 'Bosque negro') a través da compañía de distribución Imagina International Sales, que xa avanza na negociación de novas vendas desta produción de Voz Audiovisual para TVG.[6]

Emitidas por outras canles

Documentais

editar
  • Vida nas mareas
  • Camiño de Santiago
  • Humedales del noroeste de España
  • O mundo de Celavella

Programas de humor e entretemento

editar
  • A terra dos prodixios
  • Son de estrelas
  • Con perdón
  • Perdelo todo
  • As favoritas
  • Mundo verbena
  • Son de verán
  • Buscando estrelas

Telefilmes

editar
  • La rosa de Alejandría
  • Cita mortal en Up and Down
  • Los mares del Sur (as tres, telefilmes da serie Pepe Carvalho)
  • Vacas, porcos e zapatos de tacón

Participación na produción de filmes

editar

Teatro

editar
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Voz Audiovisual S A Arquivado 15 de setembro de 2018 en Wayback Machine.. En Gía Empresas. Universia. Consultada o 14 de setembro de 2018.
  2. 2,0 2,1 Páxina web de Voz Audiovisual. Consultada o 14 de setembro de 2018.
  3. Canal Sur, TV3 y ETB han mostrado interés por 'Padre Casares', la comedia sobre un joven cura recién salido del seminario que supera en audiencia a 'CSI' en Galicia. En elconfidencialdigital.com
  4. Canal Nou arrasa con su adaptación de «Padre Casares». La Voz de Galicia, 18/03/2011. Consultada o 14 de setembro de 2018.
  5. Padre Casares en Wikiband. Consultada o 14 de setembro de 2018.
  6. «Serramoura» se podrá ver en Rusia. La Voz de Galicia, 08/10/2016. Consultada o 14 de setembro de 2018.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar