A lingua das bolboretas

filme de 1999 dirixido por José Luis Cuerda e José Luis Hidalgo

A lingua das bolboretas é a versión cinematográfica de varios relatos do escritor Manuel Rivas, publicados dentro do libro Que me queres, amor?. José Luis Cuerda levou ó cine no ano 1999 esta historia da infancia nun contorno rural case idílico sobre a que se cerne a sombra do alzamento contra a II República Española.

A lingua das bolboretas
Ficha técnica
Título orixinalA lingua das bolboretas
DirectorJosé Luis Cuerda
ProdutorProdutor executivo:
Fernando Bovaira
José Luis Cuerda
Produtor asociado:
Jose Maria Iresteiro
GuiónRafael Azcona
José Luis Cuerda
Manuel Rivas
Baseado enQue me queres, amor? de Manuel Rivas
IntérpretesFernando Fernán Gómez
Manuel Lozano
Uxía Blanco
Gonzalo Uriarte
Alexis de los Santos
Elena Fernández
Tamar Novas
MúsicaAlejandro Amenábar
FotografíaJavier Salmones
MontaxeIgnacio Cayetano Rodriguez
Nacho Ruiz Capillas
EstudioSociedad General de Televisión (Sogetel)
DistribuidoraWarner Sogefilms S.A.
Estrea1999
Duración96 minutos
OrixeGalicia Galicia
XéneroDrama
Orzamento2 211 800 euros[1]
Recadación4 632 493 euros
Na rede
IMDB: tt0188030 Filmaffinity: 545489 Allocine: 28109 Rottentomatoes: m/la-lengua-de-las-mariposas-butterfly-butterfly-tongues Allmovie: v181815 TCM: 451340 Metacritic: movie/butterfly-tongues TV.com: movies/la-lengua-de-las-mariposas Netlix: 60001261Editar o valor em Wikidata

Sinopse editar

O filme trata sobre a relación dun neno e o seu mestre durante a época anterior á guerra civil española. Ó principio o neno, Moncho, ten medo de ir á escola xa que o asustaran dicíndolle que os mestres zoupaban nos estudantes. Iso era habitual na educación da época, pero o seu mestre non é así, xa que Don Gregorio utiliza o método de observación como ensinanza. Don Gregorio ensínalle moitas cousas a Moncho e principalmente fálalle sobre a liberdade.

Nese tempo prodúcese a sublevación militar de 18 de xullo de 1936. Os sublevados conseguen o control dos gobernos civís e militares nas capitais provinciais galegas, e comezan as incursións de determinados grupos de falanxistas e gardas civís polas vilas e aldeas, á procura de republicanos para lles aplicaren represalias. Iso acontece na vila do filme: levan presos varios republicanos nun camión. No camión, atópanse varios amigos e coñecidos do lugar e tamén está Don Gregorio. Os pais de Moncho, en especial a súa nai, exhórtano a que berre contra os republicanos, deixando clara a súa postura política. Comezou a berrarlles "Roxos! Asasinos!", como facían os demais, pero ó cabo, marchou correndo detrás do camión dicíndolle a Don Gregorio "Tilonorrinco! Espiritrompa!", palabras que aprendera del nas súas clases.

Contexto político do filme editar

A historia narrada ten como pano de fondo os feitos acontecidos logo que os militares sublevados en xullo de 1936 atinxisen o poder civil e militar nas catro provincias galegas. Determinados grupos de falanxistas e gardas civís axiña comezaron a percorrer o territorio galego e asasinaron milleiros de persoas que cumprisen unha ou varias das seguintes características: seren militantes de partidos da esquerda ou de sindicatos; seren defensores da lingua galega ou galeguistas en xeral; seren mestres/as a exerceren a súa profesión segundo uns principios de modernidade pedagóxica e laicismo, de acordo coa Institución Libre de Enseñanza e o Museo Pedagóxico Nacional español.

Premios editar

XIV edición dos Premios Goya

Persoa Resultado
Mellor filme Candidata
Mellor director José Luis Cuerda Candidato
Mellor actor protagonista Fernando Fernán Gómez Candidato
Mellor actor revelación Manuel Lozano Candidato
Mellor guión adaptado Rafael Azcona
José Luis Cuerda
Manuel Rivas
Gañadores
Mellor música orixinal Alejandro Amenábar Candidato
Mellor fotografía Javier G. Salmones Candidato
Mellor montaxe Nacho Ruiz Capillas Candidato
Mellor dirección artística Josep Rosell Candidato
Mellor dirección de produción Emiliano Otegui Candidato
Mellor deseño de vestiario Sonia Grande Candidata
Mellor maquillaxe e peiteado Ana López Puigcerver
Teresa Rabal
Candidatas
Mellor son Daniel Goldstein
Ricardo Steinberg
Patrick Ghislain
Candidatos

Actores editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar