Antonio Lagares
actor galego
(Redirección desde «Tucho Lagares»)
Antonio Lagares Fernández, tamén coñecido como Tucho Lagares, nado na Coruña o 12 de novembro de 1932 e finado na mesma cidade o 4 de xullo de 2013,[1] foi un actor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de novembro de 1932 A Coruña, España |
Morte | 4 de xullo de 2013 (80 anos) |
Actividade | |
Ocupación | actor |
Traxectoria
editarComezou a súa traxectoria representando papeis en obras teatrais e non foi ata a década de 1980 cando comezou no eido audiovisual galego, tanto en series da TVG, como en filmes e curtametraxes.
Obras
editarCine
editar- Urxa (1989), dirixida por Alfredo García Pinal.
- A lei da fronteira (1995), dirixida por Adolfo Aristarain.
- Nena (1997), dirixida por Xavier Bermúdez.[2]
- A lingua das bolboretas (1999), dirixida por José Luis Cuerda.
- Jalisco (2001), dirixida por Fran Piñeiro.[3]
- O lapis do carpinteiro (2004), dirixida por Antón Reixa.
- Canciones de amor en Lolita's Club (2007), dirixida por Vicente Aranda.
- Lobos de Arga (2011), dirixida por Juan Martínez Moreno.
Curtametraxes
editar- As muxicas (2002), dirixida por Carlos Alberto Alonso.
- O trasto (2002), dirixida por Rafael Calvo.
- Rosas (2005), dirixida por Mikel Fuentes
Televisión
editar- Pratos combinados (1995).
- Mareas vivas (1998).
- Rías Baixas (1999).
- Terra de Miranda (2001)
- As leis de Celavella (2003).
- Gondar (2009)
Notas
editar- ↑ Sermos Galiza (4 de xullo de 2013). "Morre o actor Tucho Lagares". Arquivado dende o orixinal o 06 de xullo de 2013. Consultado o 4 de xullo de 2013.
- ↑ Soportal do audiovisual galego (ed.). "Nena". Consultado o 4 de xullo de 2013.
- ↑ Soporte do audiovisual galego (ed.). "Jalisco". Consultado o 4 de xullo de 2013.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ficha no soportal do audiovisual galego
- Ficha no portal galegos