Antón Reixa
Antonio Xavier Euloxio Rodríguez Reixa coñecido como Antón Reixa, nado en Vigo o 17 de abril de 1957, é un dos maiores representantes da cultura galega contemporánea. Renovador da poesía desde os anos 70, destaca tamén como intérprete musical, produtor e creador en varias das linguaxes audiovisuais. Desde os anos 90 Reixa converteuse ademais en figura popular comparecendo a través dos medios televisivo e radiofónico.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (mul) Antonio Javier Eulogio Rodríguez Reija 17 de abril de 1957 (67 anos) Vigo, España |
Actividade | |
Ocupación | escritor, músico, mestre, director de cinema, cantante, videoartista |
Instrumento | Voz |
Premios | |
Traxectoria
editarTras cursar o Bacharelato no instituto Labor de Vigo, Reixa estudou Filoloxía Galega na Universidade de Santiago e entrou en contacto coas vangardas literarias. En 1976 fundou, xunto con Alberto Avendaño e Manuel M. Romón o Grupo Rompente. A vertente literaria de Reixa iníciase logo a finais dos setenta, cando publica en colectivo con Rompente Silabario da turbina e dentro da editora do mesmo nome a obra individual As ladillas do travesti. Seguiron ata a actualidade numerosos títulos de poesía.
Nun breve período foi profesor de lingua e literatura galegas, mais abandonou o traballo docente para profesionalizarse nos eidos da música, da videocreación e do audiovisual, desenvolvendo diversos labores (director, guionista, produtor etc.) e asinando algún dos maiores éxitos do sector no noso idioma. Realizou tamén incursións na radio[1] e nos xornais como editor de páxinas culturais ou columnista.
O 8 de maio de 2012 foi elixido presidente da SGAE,[2] posto que deixou o 16 de xullo de 2013.[3]
O 28 de outubro de 2016 tivo un accidente de tráfico na provincia de Valladolid ao quedar durmido conducindo, e pasou 18 días en coma inducido.[4]
En 2021 o Goberno de España concedeulle a Medalla de Ouro ao Mérito das Belas Artes.[5]
Poesía
editarA traxectoria poética de Antón Reixa reinscribe o xénero, primeiro desde Rompente (grupo do que foi verdadeiro aglutinador e mentor[6]) e despois en solitario, nun discurso de contemporaneidade[7] que viña de actualizarse[8] en Europa e nos EE.UU a través da cultura pop underground e do punk, con ecos obvios das vangardas[9][10] (especialmente do dadaísmo e do surrealismo) e da oralidade espontánea presente no hip hop ou na regueifa. Son rastrexables ademais, tanto ao longo da súa obra coma en comparecencias públicas, as influencias de autores coma Xosé L. Méndez Ferrín[6], Edoardo Sanguineti, Julián Hernández, Bertolt Brecht, Daniel Salgado, Chus Pato ou Samuel Beckett.
Fortemente homoxénea e heterodoxa[11], moi recoñecible nas fórmulas expresivas (a retranca como filtro crítico é un dos sobranceiros sinais de autoría)[9] en canto á temática a poesía de Reixa aborda diversas frontes: as cuestións da identidade nacional[10] e da identidade de clase, o choque social entre a tradición e o capitalismo globalizado, a reformulación da vida e das relacións baixo o impacto constante da cultura posmoderna[8], o amor, o absurdo existencial etc. Son Galicia[12] e Vigo[13] os cronotopos referenciais da súa obra.
A comezos dos oitenta Vigo era un fervedoiro de bandas de rock and roll subversivo.[15] O ambiente tamén calou en Antón Reixa, que regalou a súa batería[16] ao seu amigo Julián Hernández coa condición de que formase un grupo. Desta forma naceu Maricruz Soriano y los que afinan el piano, coñecidos máis tarde como Siniestro Total.
Dous membros de Siniestro, Alberto Torrado e Xavier F. Soto, acompañaron a Reixa no lanzamento do grupo Os Resentidos en 1982, no que Reixa era o cantante. "Fai un sol de carallo" converteuse no seu primeiro éxito masivo. Antón Reixa é considerado precursor do movemento bravú.[17][18]
Os Resentidos deixaron paso en 1995 a outro proxecto, Nación Reixa, que o levou a colaborar co grupo vasco Negu Gorriak.
Ten escrito cancións para os grupos Na Lúa, Negu Gorriak, Xosé Manuel Budiño e Pancho Álvarez.
Entre 1987 e 1996 realiza diversos videoclips (case sempre en colaboración con Antonio Segade) para Joaquín Sabina, Duncan Dhu, Rosendo, Los Enemigos, Mikel Erentxun, Luz Casal, Esclarecidos, Los Secretos, Siniestro Total, Os Resentidos, Nación Reixa etc.
Tras producir e presentar na TVG o programa Galicia, Sitio Distinto (1990-91), en 1998 Reixa estreou a serie Mareas vivas, ambientada na Galicia mariñeira contemporánea, que bateu récords de audiencia[20] na canle autonómica ata o seu final en 2002.
Un ano máis tarde, con parte do equipo de Mareas vivas, Antón fundou Portozás Visión. O proxecto máis ambicioso da produtora foi El lápiz del carpintero[21] (2003), adaptación ao cine da novela O lapis do carpinteiro de Manuel Rivas. Volveu dirixir unha longametraxe, Hotel Tívoli (2007).
Moitos dos proxectos de Antón Reixa como produtor (citemos o programa de 2006 para a TVG Somos unha potenzia, conducido polo actor Carlos Blanco Vila) presentáronse baixo o selo de Filmanova. Ten producido tamén contidos de entretemento e ficción para televisión (entre outras obras, Camarón, No sós vós, soy yo, El año de la garrapata, Lena, Diario de un skin, Fútbol de alterne, Tres días de abril etc.).
Obra literaria
editarPoesía
editar- As ladillas do travesti (1979). Rompente.
- Historia do rock and roll (1985). Santiago: USC. Despois incluído (1992) na Biblioteca de Autores Galegos do Diario 16 de Galicia.
- Ringo Rango (1992). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. Acompañado dun VHS con videocreacións baseadas en textos da obra impresa. .
- Viva Galicia beibe (1994). Santiago: Positivas. ISBN 978-84-87783-24-1. Reeditado como Viva Galicia Beibe (Cancións 1982-2016) en Xerais, 312 páxs. ISBN 978-84-9121-119-8.[22]
- Escarnio (1999). 52 Promociones Musicales, S.L. 118 páxs. ISBN 978-84-930491-0-2.
- Látego de algas (2008). Culleredo: Edicións Espiral Maior.
- Leccións de cousas / Lecciones de cosas (2011). Editorial La Oficina de Artes y Ediciones, Madrid. Edición en galego, castelán e inglés. Contén os libros Maldicir, Cicatriz Barullo e Twist and Shout Esperanza. 408 páxs. ISBN 978-84-938886-3-3.
- Algo raro pasa raro (2015). Editorial La Oficina de Artes y Ediciones. Edición en galego e castelán. Ilustracións de Juan Ugalde. ISBN 9788494127090.
- Michigan / Acaso Michigan. Crónica de 18 días en coma (2018). Vigo: Edicións Xerais.[23] 128 páxs. ISBN 978-8491214342.
- Outlet (2020). Santiago: Chan da Pólvora Editora.[24] ISBN 9788412222135.
- 2ª man (2023). Santiago: Chan da Pólvora Editora. Col. Areal de Melide. ISBN 978-84-126863-5-7.[25]
- Enciclopedia perplexidade (escolma 1976-2023) (2024). Pontevedra: Faktoría K de Libros. Escolma da súa poesía feita por Xabier Cordal. 176 páxs. ISBN 978-84-19213-50-1.
Narrativa breve
editar- Transporte de superficie (1990). Moreno Ávila Eds., en galego e castelán; en galego, Edicións Positivas (1991).
Obras colectivas
editar- "Crebade as liras" (1976), con Grupo Rompente.[26]
- Silabario da turbina (1978). Con Grupo Rompente.
- ¡Fóra as vosas sucias mans de Manuel Antonio! (1979). Con Grupo Rompente.
- A dama que fala (1983). Xerais. Con Grupo Rompente.
- Escolma de poesía galega (1976-1984) (1984). Sotelo Blanco.
- Días contra fotocopias (1987) con Menchu Lamas e Antón Patiño.
- San Collóns e outros vudús, con serigrafías de Antón Patiño (1997)
- Na boca do lobo (1998), Tris Tram.
- Intifada: ofrenda dos poetas galegos a Palestina (2003). Fundación Araguaney.
- Poetízate. Antoloxía da poesía galega (2006), Xerais.
- Lois Pereiro en 17 voces (2011), La Voz de Galicia.
- 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico).
- Que hostia din os rumorosos? (2021), con Rompente, Editorial Elvira.
Libros de conversas
editar- Antón Reixa. Ghicho distinto, con Xosé Cid Cabido e Manuel Xestoso (2012). Vigo: Xerais).
Teatro
editar- Gulliver FM (1985), con Artello Teatro
- Doberman (1994), con Teatro do Morcego[27]
- O silencio das xigulas (con Legaleón, 1994)
- Cerebro magullado 2 (con Óskar G. Mata, L´Alakran, 2003)
- Estoy en misa, vuelvo enseguida (con Óskar G. Mata, L´Alakran, 2011)
- Melancoholemia. Vida de Mamarracho (2020). Faktoría K. 64 páxs.
Obra audiovisual
editarTelevisión
editar- Selección Galega (1995), programa, TVG.
- Sitio Distinto (1990-1991), programa, TVG.
- Mareas Vivas (1998-2002), serie, TVG.
- Galicia Exprés (2000) con Beatriz del Monte, serie, TVG.
- Compostela, cruce de miradas (reportaxe, 2006).
- Galicia, cruce de miradas (docuserie, TVG2, con Antonio Segade, 2007).
- Filmando a Castelao (2008), TVG, con Carlos Larrondo.
- A caixa negra (2009), programa, TVG.
- Maruja Mallo, mitad ángel, mitad marisco (documental, 2009).[28]
- Galicia Caníbal (2011).
- O incerto señor Cunqueiro (2011), TVE.
Videocreación
editar- Salvamento e socorrismo (1984).
- Chove contra pasado (1985, con Antonio Segade).
- After Shave (1986).
- Todo está na castañeta (1986).
- Episodios familiares (1986).
- Galicia, sitio distinto (1989).[29]
- Ringo Rango (1990).[30]
- Nordesía (1994).
- Cota de pantalla (1994).
- Escarnio (1999).
- Estarán vivos? Serán de pedra? (2000).
- Ondas VAN (2003).
- Amor e fluídos (2008).
Cine
editarRadio
editarObra musical
editarDiscografía con Os Resentidos:
editar- Surfin' CCCP (Grabaciones Accidentales, 1984; EP compartido con Siniestro Total).[32]
- Vigo, capital Lisboa (GASA/DRO, 1984).
- Fai un sol de carallo (GASA/DRO, 1986).
- Música doméstica (Grabaciones Accidentales, 1987).
- Fracaso tropical (Grabaciones Accidentales, 1988).
- JEI (Grabaciones Accidentales, 1990). Elixido pola revista musical Rockdelux mellor disco nacional do ano.
- Delikatessen (GASA, 1991).
- Están aquí (GASA, 1993).
- Made In Galicia 1982-1994 (GASA, 1994; recompilatorio).
- Organización Nautilus (2021).
Discografía con Nación Reixa:
editar- Alivio rápido (1994).
- Safari mental (1997).
- Participación en A cantar con Xabarín, vols. I, II, IV, VI e VII do programa Xabarín Club (1995, 1996, 2004).
Outras:
editar- Escarnio (Colección Lcd El Europeo, Gora Herriak - Esan Ozenki, 1999).
- After Shave (con Julián Hernández, Grabaciones Accidentales, 1986).[33]
- Mundo Lois (con Manu Paz, 2011).
Premios
editar- Premio Galicia (USC) no 1985, polo poemario Historia do rock and roll.
- Premio da Crítica Galicia (2001) polo seu traballo como artista audiviosual e como escritor.
- VII Premio Fundación Érguete á Comunicación Solidaria[34] (2005)
- Premio de Honra Pedigree do Festival de Cans (2007)
- I Premio Internacional Ateneo de Ourense ao Fomento da Cultura (2012)
- Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes (2021) como artista multidisciplinar.
- Premio San Martiño de Normalización Lingüística[35] (con Rompente), 2021.
Notas
editar- ↑ "Onte 505: Gabanza de Antón Reixa – Brétemas". Consultado o 2022-11-15.
- ↑ "Reixa, crítico co uso da banda larga", 8 de maio de 2012, Galicia Confidencial.
- ↑ "Antón Reixa: «Soy una víctima del fuego cruzado de una red organizada»", 16 de xullo de 2013, La Voz de Galicia.
- ↑ “El coma es muy vulgar”, El País, 6 de maio de 2017 (en castelán)
- ↑ Pontevedra, Diario de (2021-12-28). "Antón Reixa, entre os galardoados coa Medalla de Ouro de Belas Artes". Diario de Pontevedra. Consultado o 2021-12-29.
- ↑ 6,0 6,1 González Fernández, Helena (1997). "“rompente, ‘poderosa pomada’”". Anuario Grial de Estudos Literarios Galegos: 47–83.
- ↑ Diccionario da literatura galega. Vigo: Editorial Galaxia. ©1995-<[1997]>. pp. 529–530. ISBN 84-8288-019-5. OCLC 34669594.
- ↑ 8,0 8,1 Diccionario da literatura galega / 4. Termos e institucións literarias. Vigo: Ed. Galaxia. 2004. p. 240 / 316. ISBN 84-8288-656-8. OCLC 176874733.
- ↑ 9,0 9,1 Diccionario da literatura galega - ladilas do travesti, As. Vigo: Editorial Galaxia. ©1995-<[1997]>. p. 261-262. ISBN 84-8288-365-8. OCLC 34669594.
- ↑ 10,0 10,1 Monteagudo Alonso, Antía (2018). "O concepto do poético en Alberto Pimenta e Antón Reixa". Falculdade de Letras - Universidade do Porto - MESTRADO EM ESTUDOS LITERÁRIOS, CULTURAIS E INTERARTES - RAMO EM ESTUDOS ROMÂNICOS E CLÁSSICOS.
- ↑ Salgado, Ana (2008). "“Antón Reixa: ‘Hai moitos anos que cansei dese tal Reixa, paréceme algo prosma’”". Protexta (8): 2–5.
- ↑ Rivas, Manuel (1989-05-17). "Antón Reixa: "El centro siempre nos derrota"". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2022-11-15.
- ↑ Rodríguez, Javier H. (2022-08-14). "Calvario y Coia, contestación y punk". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2022-11-15.
- ↑ Salgado, Daniel (2021-05-23). "Antón Reixa: “Es posible que Galicia llegue a ser una nación independiente, pero ni lo hablemos entre nosotros, ni nos demos demasiada cuenta”". elDiario.es (en castelán). Consultado o 2022-11-15.
- ↑ "Antón Reixa". web.archive.org. 2006-05-23. Arquivado dende o orixinal o 23 de maio de 2006. Consultado o 2022-11-15.
|archiveurl=
e|url-arquivo=
redundantes (Axuda);|archivedate=
e|data-arquivo=
redundantes (Axuda);|deadurl=
e|url-morta=
redundantes (Axuda) - ↑ Región, La (2020-01-12). "La Movida viguesa vuelve al escenario 40 años después". La Región (en castelán). Consultado o 2022-11-15.
- ↑ "Documental «Galiza Bravú»: más de 15 años después del Rock Bravú - Tanaka Music" (en castelán). Consultado o 2022-11-15.
- ↑ Cid, Alba (2011-01-01). "O patrimonio arroutado. O Rock Bravú e a pulsión normalizadora da "tropa da tralla"". Grial: revista galega de cultura, 191.
- ↑ "Antón Reixa - AVG - AudioVisual Galego". culturagalega.gal. Consultado o 2022-11-15.
- ↑ "«Mareas vivas» vuelve esta noche a la TVG con una fiesta en Portozás". La Voz de Galicia (en castelán). 2002-10-12. Consultado o 2022-11-15.
- ↑ "El lápiz del carpintero (2003)" (en castelán). Consultado o 2022-11-14.
- ↑ "Viva Galicia Beibe - Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2024-06-17.
- ↑ Salgado, Daniel (19 de outubro de 2018). "Esperanza e coraxe de Antón Reixa". Praza Pública. Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2018. Consultado o 19 de outubro de 2018.
- ↑ "Outlet [Antón Reixa]". A poesía necesaria. Consultado o 2022-11-13.
- ↑ "2ª man [Antón Reixa]". A poesía necesaria. Consultado o 2024-06-17.
- ↑ Rodríguez Fer, Claudio (xullo-agosto-setembro 1978). "SILABARIO DA TURBINA, por Rompente". Grial (61): 373–374.
- ↑ "Teatro do Morcego - Doberman - CDAEM". www.teatro.es (en castelán). Consultado o 2022-11-15.
- ↑ "Maruja Mallo, ángel o marisco - La2 - 2009".
- ↑ "Galicia sitio distinto / AVG AudioVisual Galego". culturagalega.gal. Consultado o 2022-11-15.
- ↑ "Ringo rango / Ringo rango AVG AudioVisual Galego". culturagalega.gal. Consultado o 2022-11-15.
- ↑ "ANTON REIXA Y SU BULE BULE - Con Antón Losada (programa Radiovoz)". Consultado o 2022-11-15.
- ↑ "Heroes de los 80. Surfin´CCCP - YouTube". www.youtube.com. Consultado o 2022-11-15.
- ↑ "Julián Hernández & Antón Reixa - After shave (Álbum completo)". Consultado o 2022-11-15.
- ↑ VIGO, A. S. / (2005-10-08). "La Fundación Érguete entregó anoche sus premios a la solidaridad". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2022-11-15.
- ↑ "O investigador José Manuel Bértolo, o colectivo Rompente e o programa ‘Sempre en Galicia’ reciben os XXX Premios San Martiño de Normalización Lingüística - Xunta de Galicia". www.xunta.gal. Consultado o 2022-11-15.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Filmografía Culturagalega.org
- O audiovisual agora Vieiros.