Vicente Aranda

director de cinema español

Vicente Aranda Ezquerra, nado en Barcelona o 9 de novembro de 1926 e finado en Madrid o 26 de maio de 2015[1] foi un director de cinema e guionista español.

Infotaula de personaVicente Aranda

(2010) Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) Vicente Aranda Ezquerra Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento9 de novembro de 1926 Editar o valor em Wikidata
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Morte26 de maio de 2015 Editar o valor em Wikidata (88 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCementerio Sur (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de cinema , produtor de cinema , guionista , realizador Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1964 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua catalá e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0033005 Allocine: 8105 Allmovie: p79837 TCM: 555950 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Aranda estaba ligado á chamada Escola de Barcelona, cuxa estética refinada supuxo unha novidade no cinema español. Fata Morgana (1966), unha das súas obras máis representativas está encadrada nesta corrente. Tras ela abordou xéneros máis comerciais de cinema fantástico e cinema erótico en Las crueles (1969), La novia ensangrentada (1972) e Clara es el precio (1974).

Tratou con máis rigor o tema da transexualidade en Cambio de sexo (1977) e levou á pantalla La muchacha de las bragas de oro (1980), adaptación da novela de Juan Marsé. Ambos os dous filmes contribuíron á engalaxe profesional de Victoria Abril.

En 1982 dirixiu Asesinato en el Comité Central (1982), baseada na novela de Manuel Vázquez Montalbán, filme policíaco ironicamente tinguido de política. Fanny Pelopaja (1983) é o retrato sen concesións dunha moza de suburbio e dun policía corrompido.

A finais da década de 1980 acadou os seus maiores éxitos comerciais. Entre 1987 e 1988 rodou dous filmes sobre a personaxe de El Lute que lanzaron á fama o seu protagonista, Imanol Arias, e conseguiron boa acollida entre a crítica e o público. Amantes (1991) foi o maior triunfo de Aranda: causou sensación polas súas audaces escenas sexuais, gañou os dous premios Goya principais (mellor filme e mellor director) e o Oso de Prata á mellor actriz no Festival de Berlín para Victoria Abril e contribuíu á consagración de Maribel Verdú e Jorge Sanz.

A principios da década de 1990 volveu rodar cun dos seus "actores fetiche", Imanol Arias, El amante bilingüe (con Ornella Muti) e Intruso (con Ángel Valero e Victoria Abril). Seguiunas en 1994 La pasión turca, con Ana Belén e Georges Corraface.

En 1996, Libertarias, sobre un grupo de mulleres anarquistas en plena guerra civil reuniu un dos maiores elencos do cinema español: Ana Belén, Victoria Abril, Ariadna Gil, Loles León, Jorge Sanz, José Sancho, Miguel Bosé...

En 2001 levou á fama a Pilar López de Ayala no papel principal de Juana La Loca, polo que gañou o Goya á mellor actriz. En 2003 dirixiu a Paz Vega en Carmen, baseado na novela Carmen, de Prosper Mérimée.

Insistindo no drama histórico, abordou a adaptación da narración medieval Tirant lo Blanc, cun elenco internacional e heteroxéneo, desde Victoria Abril e Rafael Amargo ata Giancarlo Giannini e Charlie Cox.

Filmografía editar

 
Vicente Aranda en 2011.

Televisión editar

Notas editar

  1. RTVE.es, ed. (26 de maio de 2015). "Muere el director de cine Vicente Aranda" (en castelán). Consultado o 26 de maio de 2015. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar