Ariadna Gil

actriz española

Ariadna Gil i Giner, nada en Barcelona o 23 de xaneiro de 1969, é unha actriz catalá de cine, teatro e televisión.

Ariadna Gil
Nome completoAriadna Gil i Giner
Nacemento23 de xaneiro de 1969 (54 anos)
LugarBarcelona, Cataluña Cataluña
NacionalidadeEspaña
PaiAugust Gil Matamala
Parella(s) David Trueba (separada)
Viggo Mortensen (2009-presente)
Cónxuxe(s)Violeta (1997)
Leo (2003)
FillosVioleta Trueba i Gil
Profesiónactriz
Na rede
IMDB: nm0317725 Allocine: 17528 Allmovie: p196074 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Biografía Editar

Foi descuberta polo director Bigas Luna, con quen debutou no seu filme Lola, en 1986. Tras participar en catro filmes realizados en catalán, en 1991 adquiriu notoriedade no cine español ó protagonizar a longametraxe de Emilio Martínez Lázaro Amo tu cama rica, que lle valeu o Premio Ondas á mellor actriz española do ano e a consagrou definitivamente. Despois chegou Belle Époque, e con ela gañou o Premio Goya á mellor actriz, e o filme conseguiu o Óscar á mellor filme de fala non inglesa.

Posteriormente dosificou as súas aparicións, escollendo moi ben os guións. Entre 2010 e 2011 coprotagoniza a obra teatral do clásico Un tranvía llamado Deseo.[1]

Ten dous fillos da súa primeira unión co escritor e cineasta David Trueba. Pouco despois coñeceu ó actor Viggo Mortensen, dando por finalizada a súa relación con David Trueba.[2]

Notas Editar

  1. Julio Bravo (3 de febreiro de 2011). "Viajeras del tranvía llamado deseo". ABC. Consultado o 9 de febreiro de 2011. 
  2. Ruth Fernández. "Ariadna Gil y Viggo Mortensen pasean su amor por Madrid". 

Véxase tamén Editar

Ligazóns externas Editar