Belle Époque (filme)
Belle Époque é unha película de cine española dirixida por Fernando Trueba no ano 1992. É a segunda película española galardoada co Oscar á mellor película de fala non inglesa e 9 Premios "Goya" da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España, sendo unha das películas máis premiada.
Trátase dunha cinta coral, enxeñosa e enmarcada nunha época que, pese ó título da película, non está encadrada nos anos 20, senón nos días previos e posteriores á proclamación da Segunda República Española. Penélope Cruz, Ariadna Gil, Gabino Diego, Agustín González, Maribel Verdú, Chus Lampreave ou Fernando Fernán Gómez son algúns dos protagonistas.
ArgumentoEditar
A película transcorre nunha pequena localidade castelá durante o inverno de 1931, en vésperas de que sexa declarada a II República e de que o rei Afonso XIII abandonase o país (a monarquía non se restaura ata 1975 co actual rei Juan Carlos I, neto de Afonso XIII).
Durante os últimos meses da monarquía, logo da rebelión fracasada do cuartel de Jaca, o novo soldado Fernando deserta do exército. Na súa fuxida é acollido por Manolo, un artista que vive illado da realidade que golpea España e que lle ofrece a súa axuda, a súa casa e a súa amizade. A chegada das catro preciosas fillas do artista fará que o novo desertor se embarque nunha aventura na que namora a unha irmá tras outra. É unha comedia romántica que salienta a liberdade da mocidade e insire un paréntese nos graves acontecementos que marcaron o destino do país.
Ficha artísticaEditar
- Penélope Cruz (Luz)
- Gabino Diego (Juanito)
- Fernando Fernán Gómez (Manolo)
- Miriam Díaz-Aroca (Clara)
- Ariadna Gil (Violeta)
- Agustín González (Don Luis)
- Jorge Sanz Miranda (Fernando)
- Maribel Verdú (Rocío)
- Michel Galabru (Danglard)
- Chus Lampreave (Doña Asun)
- Mary Carmen Ramírez (Amalia)
- Juan José Otegui (Soldado)
- Jesús Bonilla (Soldado)
- María Galiana (Polonia)
- Joan Potau (Paco)
- Félix Cubero (Palomo)
- Marciano de la Fuente (Alcalde)
- José Antonio Sacristán (Rorro)
- Manuel Huete
- Luís Zagalo
- Adelina Andrade
- João Salaviza
- Bernardino Nascimento
- François Venturini
- Miguel Pyrrait
- Joaquín Raposo
- Luis Romero
- José Graniza
- Fernando Sequeira
- Eduardo Marqués
Datos técnicosEditar
- Rodada en PANAVISION
- Negativo: EASTMANCOLOR
- Formato scope: (1:2,33)
- Xénero: Comedia
- Duración 108 minutos
- Guión: Fernando Trueba, José Luis García Sánchez, Rafael Azcona.
- Produción: Manuel Lombardero, Andrés Vicente Gómez, Fernando Trueba.
- Directora de produción: Cristina Huete.
- Música: Antoine Duhamel.
- Fotografía: José Luis Alcaine.
- Montaje: Carmen Frías.
- Sonido: Georges Prat .
- Diseño de produción: Juan Botella, Cristina Huete.
- Dirección artística: Juan Botella.
- Vestiario: Lala Huete.
- Peiteado: Ana Ferreira.
- Maquillaxe: Ana Lorena.
- Asistente de dirección: Jaime Botella, Fernando Centeio.
- Efectos Especiais: Filipe Cardoso.
- Operador de cámara: Juan Molina.
- Xefes de produción: Angélica Huete e Fernando Vendrel.
PremiosEditar
LXVI edición dos Premios Oscar, 21 de marzo de 1994Editar
- Precandidata española ó Oscar, elixida pola Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España o 29 de outubro de 1993.
- Seleccionada como candidata ó Oscar na categoría de mellor película de fala non inglesa o 9 de febreiro de 1994.
Categoría | Resultado |
---|---|
Oscar á mellor película de fala non inglesa | Gañadora |
VII edición dos Premios Goya, 14 de marzo de 1993Editar
Categoría | Persoa | Resultado |
---|---|---|
Mellor película | Belle Époque | Gañadora |
Mellor director | Fernando Trueba | Gañador |
Mellor actor | Jorge Sanz Miranda | Candidato |
Mellor actriz | Ariadna Gil | Gañadora |
Mellor actor secundario | Fernando Fernán Gómez | Gañador |
Mellor actor secundario | Gabino Diego | Candidato |
Mellor actriz secundaria | Chus Lampreave | Gañadora |
Mellor actriz secundaria | Mary Carmen Ramírez | Candidata |
Mellor guión orixinal | Rafael Azcona José L. García Sánchez Fernando Trueba |
Gañadores |
Mellor fotografía | José Luís Alcaine | Gañador |
Mellor montaxe | Carmen Frías | Gañadora |
Mellor dirección artística | Juan Botella | Gañador |
Mellor son | Georges Prat Afonso Piñeiro |
Candidatos |
Mellor música orixinal | Antoine Duhamel | Candidato |
Mellor dirección de produción | Cristina Huete | Candidata |
Mellor vestiario | Lala Huete | Candidata |
Mellor maquillaxe e peiteado | Ana Lorena Ana Ferreira |
Candidatas |
Premios da Unión de Actores 1993Editar
Categoría | Persoa | Resultado |
---|---|---|
Mellor interpretación secundaria de cine | Penélope Cruz | Gañadora |
Mellor interpretación secundaria de cine | Gabino Diego | Nomeado |
OutrosEditar
- "Premio Sant Jordi de cinematografía", outorgado por RNE, en 1993.
- Gran triunfadora na XLIII edición dos premios da revista Fotogramas (Fotogramas de prata), celebrados en marzo de 1993:
- "Mellor Película Española"
- "Mellor actriz de cine": Ariadna Gil (tamén foron nomeadas nesta categoría e polo seu traballo nesta película Penélope Cruz e Maribel Verdú).
- "Mellor actor de cine": Jorge Sanz Miranda
- Representou a España no Festival Internacional de Cine de Berlín, onde foi nomeada ó Oso de Ouro á mellor película.
- "Premio Calabuch" á mellor película española do ano polo Xurado do Festival Internacional de Cinema de Comedia de Peñíscola (Castelló), onde tamén conseguiiu os premios ó mellor actor (Agustín González), director e guión.
- "Premio do público Olivier de Bronce" do Festival do filme do mediterráneo de Bastia (Córsega)
- Premio BAFTA á mellor película de fala non inglesa.