Jorge Sanz
Jorge Sanz Rodríguez, nado o 1 de abril de 1993 en Madrid, é un xogador profesional de baloncesto español que xoga para o Leyma Natura Básquet Coruña da Liga LEB Ouro. Cunha estatura de 1,88 metros xoga na posición de base.
Leyma Natura Básquet Coruña | |
Base | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 1 de abril de 1993 (27 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 1,88 m (6 ft 2 in) |
Peso oficial | 79 kg (174 lb) |
Información da carreira | |
Carreira | dende 2011 |
Historial de equipos | |
|
Traxectoria deportivaEditar
Jorge Sanz formouse nas categorías inferiores do Real Madrid, e chegou a debutar co primeiro equipo na Liga ACB e na Euroliga.
O 22 de agosto de 2012, chegou cedido por un ano ó Obradoiro CAB.[1] Participou en 10 partidos da tempada 2012-13, nos que xogou 6 minutos por partido, e acadou 1.6 puntos e 0.7 asistencias por encontro.
Tras un ano en Santiago de Compostela, ó ano seguinte fichou polo filial Baloncesto Fuenlabrada da Liga Adecco Prata.[2]
EquiposEditar
- Real Madrid (2011–2012)
- Real Madrid B (2011–2012)
- Obradoiro CAB (2012–2013)
- Fundación Baloncesto Fuenlabrada (2013–2016)
- CB Peñas Huesca (2014–2015)
- Melilla Baloncesto (2016–2017)
- Básquet Coruña (dende 2017)
NotasEditar
- ↑ "O Blusens Monbus consigue a cesión do base Jorge Sanz". Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2013. Consultado o 02 de outubro de 2013.
- ↑ "Jorge Sanz chega ó Fundación Baloncesto Fuenlabrada". Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2013. Consultado o 02 de outubro de 2013.