Festival Internacional de Cinema de Berlín
O Festival Internacional de Cinema de Berlín, tamén coñecido como Berlinale, é un prestixioso festival de cinema de carácter internacional que se celebra na cidade de Berlín, en Alemaña. A figura do premio consiste nun oso, sendo o forxado en ouro o que posúe maior valor. O Oso de Ouro e os Osos de Prata á mellor dirección e á mellor interpretación, tanto masculina como feminina, son entregados durante o mes de febreiro no Berlinale Palast. Tamén se concede o Oso de Ouro Honorífico, por toda unha vida de director, actor ou actriz.
Festival Internacional de Cinema de Berlín | |
---|---|
![]() | |
Tipo | festival de cinema e evento anual ![]() |
Data | |
Fundación | 6 de xuño de 1951 ![]() |
Mes do ano | febreiro ![]() |
Localización | |
Localización | Berlín ![]() |
País | Alemaña ![]() |
Contacto | |
Páxina WEB | berlinale.de ![]() |
Redes | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
[ Wikidata ] |